Programa electoral Xerais 2026
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO- Fecha del documento
- No consta
- Fecha de consulta
- 2026-11-18
- Versión
- 1
- SHA-256
- fd5aef260b9c66d030b57b7b0e18914c8ad79384e2c46b2346d9fb4f6514a97d
Copia literal extraída automáticamente del PDF oficial; consulta el original
Página 1 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial29N. XERAIS 2026 PROGRAMA ELECTORAL
Página 2 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialINTRODUCIÓN Páxina 04. a) O BNG, A FORZA DE GALIZA b) A mellor garantía, cumprimos os compromisos c) O valor da coherencia 1. MÁIS FORZA PARA GALIZA Páxina 08. 2. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA Páxina 11. 2.1 VIVENDA 2.2. MÁIS DEREITOS PARA A CLASE TRABALLADORA 2.3. NA DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS 2.4. COMBATER A POBREZA E PROMOVER A INCLUSIÓN SOCIAL 2.5. ACOLLIDA, INCLUSIÓN E DEREITOS DAS PERSOAS INMIGRANTES 2.6. POLÍTICAS FEMINISTAS PARA AVANZAR NOS DEREITOS DAS MULLERES 2.7. A DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSOAS LGBT 2.8. NA DEFENSA DA DEMOCRACIA E DAS LIBERDADES PÚBLICAS 3. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE Páxina 33. 3.1. EDUCACIÓN 3.2. SANIDADE 3.3. PERSOAS MAIORES, PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIAE PERSOAS CON DISCAPACIDADE 3.4 GARANTÍAS DE BO GOBERNO 3.5. REESTRUTURACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ESTATAL NA GALIZA 4. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS Páxina 43.
4.1. POR UNHA NOVA FISCALIDADE 4.2. SECTOR INDUSTRIAL 4.3. SECTORES PRIMARIOS 4.4. UN COMPROMISO FIRME COAS PERSOAS AUTÓNOMAS 4.5. CIENCIA E INVESTIGACIÓN 4.6. POR UNHA TRANSICIÓN ENERXÉTICA XUSTA a) Minaría sostíbel 5. INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL Páxina 60. 5.1. INFRAESTRUTURAS FERROVIARIAS 5.2. INFRAESTRUTURAS VIARIAS 5.3. PORTOS E AEROPORTOS 6. FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA Páxina 65. 3) En materia de patrimonio natural e biodiversidade: 4) En materia de ordenación, xestión e protección do litoral e do medio mariño: 5) En relación co monte e coa política forestal: 7. LINGUA E CULTURA Páxina 71.
Página 3 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial8. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANTIDOS Páxina 75. 8.1 Soberanía dixital, competencias e desenvolvemento dun ecosistema galego de intelixencia artificial 8.2. Dereitos civís, garantías democráticas e control público dos algoritmos 8.3. Lingua galega, patrimonio cultural e intelixencia artificial soberana 8.4. Datos e coñecemento en man común 8.5. Infraestruturas públicas, nube soberana e autonomía tecnolóxica 8.6. Redes sociais ao servizo das persoas e liberdade de elección dixital 8.7. Fiscalidade e retorno social do valor dixital 8.8. Sustentabilidade ambiental e loita contra o extractivismo dixital 8.9. Galiza como nodo de interconexión dixital atlántico 9. POLÍTICAS PARA A MOCIDADE Páxina 84. 10. DEPORTES Páxina 88. 11. GALIZA POLA PAZ Páxina 89.
Página 4 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialINTRODUCIÓN O BNG, A FORZA DE GALIZA Estamos nun momento decisivo para Galiza, porque o que está en xogo nestas eleccións xerais é moi importante. En primeiro lugar, a posibilidade de pór solución aos principais problemas sociais e económicos que están a padecer os galegos e galegas: crecente carestía da vida pola desbocada suba dos prezos; salarios e pensións das máis baixas do Estado; problemas para acceder a una vivenda digna como consecuencia da especulación inmobiliaria e a falta de políticas de vivenda pública; viabilidade de sectores produtivos básicos como o agrogandeiro e pesqueiro, entre outras causas polo incremento descontrolado dos prezos dos combustíbeis; dificultades para achar emprego, continuidade da emigración da nosa mocidade... En segundo lugar, pór freo ao espolio que está a padecer o noso País (enerxía eléctrica, aforro, impostos...) e a proxectos moi lesivos -como
os mineiros ou mesmo Altri, que pode vir a ser recuperado- para impulsar un desenvolvemento social e económico sobre a base das inmensas potencialidades que ten Galiza e que contribúa para mellorar a calidade de vida de benestar de todos os galegos e galegas. En terceiro lugar, avanzar na conquista de dereitos sociais e democráticos, fronte aos intentos de involución promovidos polas forzas políticas que defenden os intereses das elites económicas fronte ao das maiorías sociais, a clase traballadora e o conxunto das clases populares galegas. En cuarto lugar, combater e lograr superar a histórica discriminación de Galiza en investimentos do Estado en infraestruturas, equipamentos e servizos, especialmente os relacionados coas comunicacións e o transporte público ferroviario. En quinto lugar, alargar a capacidade de autogoberno do noso País, dotándoo de resortes propios de desenvolvemento
e avanzar para o recoñecemento dos dereitos nacionais de Galiza. Todos estes obxectivos, do punto de vista electoral, resúmense en un: que Galiza teña capacidade para actuar no Estado como suxeito político, de forma libre e non condicionada, e con INTRODUCIÓN · 04
Página 5 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialcapacidade para determinar as decisións que se vaian adoptar en Madrid que afecten o noso País. Sabémolo por experiencia, só o pode garantir a representación do BNG, a única que responde exclusivamente diante do pobo galego e que defende sempre os seus intereses. A mellor garantía, cumprimos os compromisos Á hora de votar, para alén de avaliar as propostas electorais e a quen interesan, é preciso tamén valorar o grao de cumprimento dos compromisos estabelecidos por cada forza política no anterior proceso electoral. Especialmente porque para as forzas estatais resulta tan fácil prometer como esquecerse de Galiza en canto pasan as eleccións. Pola contra, podemos soster con orgullo que o BNG sempre cumpre os compromisos estabelecidos co pobo galego. Tamén o fixo nesta última lexislatura nun contexto especialmente complexo. Con efecto, os nosos compromisos foron esencialmente tres: a defensa
insubornábel dos intereses de Galiza; o impulso a políticas transformadoras, de avance en dereitos sociais e democráticos, que mellorasen a vida das clases populares galegas, e actuar sempre como muro de contención da involución promovida polos partidos da dereita reaccionaria. E cumprimos. O BNG conseguiu un acordo de investidura con medidas de grande relevancia para mellorar a vida da xente. Moitas delas, realmente importantes, saíron adiante e están sendo aplicadas. Por citar apenas uns exemplos, conseguimos desbloquear despois de moitos anos de incumprimentos a transferencia a Galiza da AP-9 a través da aprobación dunha lei que traspasa ao goberno da Xunta a titularidade e xestión desta infraestrutura. Logramos tamén bonificacións e descontos nas peaxes da AP-9 e da AP-53 e a modernización e electrificación da vía no tren que une Lugo e Ourense. Así mesmo, conseguimos que o Goberno
español incrementase o financiamento da dependencia e que a nova lei recolla sen ambigüidades a obriga de que o Estado financie o 50% do SAAD e que o Estado asumise a condonación de 4.000 millóns de euros da débeda pública galega malia o rexeitamento do goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza. INTRODUCIÓN · 05
Página 6 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialOutros compromisos que estaban en andamento ficaron no ar polo adianto electoral. Porén, algunhas outras medidas acordadas -témolo que dicir con claridade- non foron cumpridas polo goberno do PSOE-Sumar. En todo o caso, é claro que a responsabilidade polos incumprimentos é de quen non cumpre, o que nos leva directamente á reflexión de que máis forza para o BNG e maior representación tamén é necesaria para ter capacidade de obrigar os gobernos españois a cumprir con Galiza. O BNG foi nestes anos vangarda no Congreso e no Senado na defensa de políticas rupturistas, transformadoras e de avance social. Do impulso ás pensións mínimas e non contributivas por riba do IPC ao aumento dos permisos de maternidade e paternidade; da exixencia de derrogación da Lei da Mordaza ou da reforma laboral do PP de forma íntegra, á defensa da redución da xornada a 35 horas sen mingua salarial; de propostas
para atallar a escalada de prezos que afogan as clases populares, ao impulso de medidas valentes e eficaces para garantir o dereito a unha vivenda digna fronte á especulación inmobiliaria... Vangarda tamén na defensa de políticas de Paz e antiimperialistas fronte á escalada bélica, ao aumento do gasto militar, ás agresións do imperialismo norteamericano, ao xenocidio perpetrado polo sionismo en Palestina ou ao sometemento da UE e do Estado español aos ditados dos EUA e da OTAN. Aliás, fomos e somos unha voz firme contra as políticas de involución democrática e de recorte de dereitos sociais impulsada polo bloque reaccionario encabezado polo Partido Popular. Comprometémonos a que, se do BNG depender, o PP non chegaría ao goberno e actuamos en consecuencia. Mais tamén confrontamos con firmeza as dereitas ultras, denunciando as súas políticas e a demagoxia que as envolven, mesmo empregando
a experiencia práctica de xestión de Núñez Feixoo no Goberno galego durante 13 anos. Hoxe, o compromiso antifascista do BNG mantense íntegro, coa certeza de sermos a forza determinante en Galiza para cortar o paso do bloque reaccionario. INTRODUCIÓN · 06
Página 7 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialO valor da coherencia O BNG mantivo sempre a coherencia na defensa dos intereses do pobo traballador galego e de avances en todos os ámbitos. Fixémolo nun contexto especialmente complexo marcado por un Goberno que só cumpría cando era obrigado polas forzas soberanistas e unhas dereitas ultras cun claro programa de involución social e democrática. As nosas posicións sempre estiveron guiadas polo interese do pobo galego, sempre coas mans libres sen que outras forzas marcasen ou condicionasen a nosa voz e o noso voto. Mantivemos a independencia de criterio, actuando e votando sempre en función de se as medidas políticas en debate eran boas ou non para Galiza e a súa xente. Fomos -e somos- a única forza para a que o pobo galego é quen máis ordena. INTRODUCIÓN · 07
Página 8 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial1. MÁIS FORZA PARA GALIZA Galiza e o pobo galego precisan avanzar en dereitos nacionais e sociais, en desenvolvemento económico, en calidade de vida e benestar. Por iso o BNG non se resigna, non nos resignamos. O noso país precisa de máis peso político en Madrid, de máis capacidade de defender os seus intereses, que son os das clases populares galegas, de máis forza para se facer valer e respectar. E iso só o garante o BNG. Somos a forza do pobo galego, a voz dos intereses de Galiza e das maiorías sociais do noso país. Tamén a voz decididamente antifascista e de defensa das liberdades e da democracia fronte ás dereitas reaccionarias. A garantía de defensa de políticas de paz fronte ao belicismo e ao imperialismo. Representamos hoxe a esperanza de que outra Galiza e outro mundo son posíbeis. Este é o noso compromiso. É iso o que exixe do BNG o sentido de responsabilidade para co noso
país, mais tamén a certeza de que é a mellor maneira de pór en evidencia diante do noso pobo as limitacións do punto de vista democrático do sistema político español e mesmo a súa incapacidade para aceptar, no mínimo que for, a pluralidade nacional, cultural, lingüística ou socio-económica. Por iso seguiremos a constatar que o Estado español é irreformábel na súa esencia, e que precisamos seguir a sumar forzas en favor da ruptura democrática. En todo o caso, estamos para reclamar con firmeza todo aquilo que ao pobo galego corresponder porque somos conscientes de que no actual contexto político e no período que se abre con estas eleccións, é preciso materializar propostas que vaian na dirección de estabelecer avances inmediatos. Por iso, no camiño de ir afondando na capacidade de decisión de Galiza, defendemos: Un novo modelo de financiamento baseado no concerto económico e na
bilateralidade co Estado. Trátase de que Galiza recade todos os impostos e teña capacidade para decidir como os inviste, na perspectiva de poder desenvolver políticas sociais, de desenvolvemento económico autocentrado e de blindaxe de servizos públicos universais e de calidade. Impulsar, no inmediato, a revisión do modelo de financiamento local, reformando o sistema de Participación nos Ingresos do Estado para que deixe de penalizar e MÁIS FORZA PARA GALIZA · 08
Página 9 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialdiscriminar os concellos galegos e atenda a realidade poboacional e xeográfica do noso País. Posta en marcha dunha Facenda Galega, como instrumento esencial do novo modelo de financiamento. En consonancia, capacidade plena de Galiza para implantar unha política fiscal propia, que responda a criterios de xustiza e redistribución social e que garanta que todas as empresas que operan no noso país paguen aquí os tributos que corresponder, de forma que permita facer uso pleno dos nosos recursos económicos para os colocar ao servizo do pobo galego. Transferencia das competencias en materia de relacións laborais, co obxectivo de que Galiza teña plena capacidade lexislativa e normativa para estabelecer un marco galego de relacións laborais visando blindar a negociación colectiva e garantir traballo digno e con dereitos para toda a poboación. Tamén para poder estabelecer unha renda social básica
que permita desfrutar de condicións de vida dignas e participación social plena a toda a poboación galega, sen exclusións de ningún tipo. Transferencia das competencias en materia de Seguranza Social e pensións, co obxectivo de garantir un sistema sanitario e de atención social ben financiado e unhas pensións dignas para as persoas xubiladas. Traspaso das competencias en materia de seguranza pública, policía xudicial e fiscal, así como garda de tránsito, para o que será despregado o corpo da Policía Galega. Asunción por parte dos poderes públicos galegos de plena capacidade para exercer o control público dos nosos recursos, dos sectores estratéxicos da economía e, especialmente, da produción de enerxía. Isto é básico para poder estabelecer unha Tarifa eléctrica galega baseada nun modelo tarifario que abarate o prezo da electricidade e permita que este ben público reverta no
desenvolvemento social e económico do país e na eliminación da exclusión enerxética. Traspaso das competencias en infraestruturas de transporte de interese xeral: portos de interese xeral, aeroportos e control de tráfico aéreo en Galiza, alén de estradas e camiños de ferro que discorren por territorio galego. Transferencia das competencias en materia de costas e do dominio público marítimo-terrestre, tanto as normativas en materia de protección do litoral como aquelas de intervención e xestión (autorizacións de instalacións na costa galega). Tamén se afrontará o traspaso das competencias sobre as MÁIS FORZA PARA GALIZA · 09
Página 10 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialbacías hidrográficas (transferencia plena da Confederación Hidrográfica Miño-Sil). Transferencia das competencias e servizos de salvamento marítimo e gardacostas, así como dos centros do Instituto Español de Oceanografía na Coruña e en Vigo. Traspaso AP-9 (Ferrol-A Coruña-Vigo) e AP-53 (Santiago-Lalín) e nacionalización destas infraestruturas para acabar co espolio económico que representan actualmente. Traspaso dos fondos e competencias relacionadas co fomento da industria cinematográfica e audiovisual galega. Traspaso a Galiza dos arquivos, bens e fondos documentais, culturais e históricos, que se achan espallados en diversas institucións e organismos do Estado. Traspaso das competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas. Galiza participará, con pleno dereito, en todas as disciplinas, nas competicións deportivas internacionais oficiais.
Transferencia dos activos da SAREB (entidade de xestión de activos inmobiliarios das entidades financeiras saneadas) situados en Galiza, para incorporación nunha bolsa de vivendas e inmóbeis para fomento da vivenda pública social en Galiza. En todo o caso, traspaso á Administración Galega de todas aquelas competencia previstas e que aínda detén a Administración do Estado. MÁIS FORZA PARA GALIZA · 10
Página 11 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial2. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA Un dos obxectivos estratéxicos do BNG é a conquista dunha sociedade máis xusta, equitativa, accesíbel e inclusiva que garanta condicións de vida e de traballo dignas para a xente deste país. Porén, a realidade social e económica sitúa na actualidade milleiros de persoas galegas na precariedade. O contexto actual está marcado por un profundo empobrecemento social froito do incremento desorbitado dos prezos, non así dos salarios e pensións. Así o reflicten os datos. Mentres a última cifra oficial sitúa o IPC en Galiza no 5,5%, moi por riba da media do Estado (4,9); as traballadoras e traballadores galegos e as persoas pensionistas do noso país, viron reducir o seu poder adquisitivo pois os salarios e as pensións non se revalorizaron do mesmo xeito. Actualmente, ter un traballo e un salario non garante que as maiorías sociais galegas teñan unhas condicións de
vida digna pois, entre outras cuestións, a vivenda converteuse no principal vector de exclusión. A emerxencia habitacional na que nos atopamos é resultado das políticas públicas que desde o Goberno español e a Xunta de Galiza, fixeron dun dereito fundamental como a vivenda, un grande negocio para a especulación. Neste contexto, para o BNG constitúe unha prioridade política a recuperación de dereitos roubados ás maiorías sociais ampliándoos con outros novos que abrangan todos os ámbitos das nosas vidas. 2.1 VIVENDA O acceso a unha vivenda converteuse nunha das principais causas de exclusión social. Neste senso, lonxe de estar garantida como dereito, a vivenda é, na actualidade e desde hai anos, un ben para a especulación e un enorme aspirador de rendas. De feito, as familias galegas xa teñen que destinar máis do 31% do que ingresan a pagar a vivenda na que viven e os gastos derivados dela. Uns custes que, segundo o INE, aumentaron o 10% nun só ano. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 11
Página 12 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialO incremento desorbitado dos prezos dos alugueiros, a proliferación descontrolada de vivendas de uso turístico, a demolición da política social de vivenda e a paralización –durante máis dunha década-- da construción de vivenda pública sitúanse entre as principais causas da emerxencia habitacional na que nos atopamos. Para protexer a función social da vivenda, combater a especulación e asegurar o dereito a unha vivenda digna e accesible para todas as persoas, desde o BNG defendemos: Topar por lei os prezos dos alugueiros e prohibir os desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade, así como decretar a suspensión automática e indefinida de calquera lanzamento sen alternativa habitacional Impulsar a protección e estabilidade das persoas arrendatarias ante as dinámicas especulativas, estabelecendo a renovación automática dos alugueiros, blindando por lei o carácter indefinido dos
contratos de alugueiro e impulsando mecanismos e recursos para a persecución das prácticas de acoso, discriminación e abuso inmobiliario. Facilitar a expropiación forzosa de vivendas de promoción públicas adquiridas por fondos de investimento. Estabelecer mecanismos eficaces para frear a fuxida de vivenda habitual cara o alugueiro de tempada, por habitacións e de uso turístico. Destinar o 3% dos Orzamentos Xerais do Estado para financiar mediante o Plan estatal de vivenda a creación dun parque público de alugueiro permanente. Estender o requisito de cualificación permanente como vivenda protexida a aquelas vivendas adquiridas por entidades sen ánimo de lucro ou de lucro limitado especializadas en vivenda que recibisen financiación pública para tal fin. Incrementar as reservas mínimas de solo de vivenda protexida para actuacións de renovación e rexeneración urbanas impedindo a diminución
do porcentaxe da reserva xeral de solo da edificabilidade residencial en solo urbano non consolidado e solo urbanizable destinado a vivenda protexida. Garantir legalmente o carácter permanentemente público das vivendas financiadas con recursos públicos e impedir a súa privatización. Modificar as liñas de axudas do Plan estatal de vivenda dirixidas ao fomento da rehabilitación para que se outorguen DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 12
Página 13 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialpolas CCAA mediante criterios de concorrencia competitiva, tales como parámetros de renda e patrimonio. Modificar as axudas do Plan estatal de vivenda destinadas á rehabilitación, accesibilidade e renovación urbana e rural para que se condicionen á duración dos contratos vixentes e futuros das vivendas ou edificios subvencionados ou ben ao control de rendas durante un período de tempo determinado, co fin de evitar que as melloras, en ámbitos con forte presión especulativa, deriven en finalización de contratos ou subas abusivas. Estabelecer mecanismos eficaces que garantan o acceso das persoas vulnerábeis ás axudas para a mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade. Reformular a fiscalidade sobre a vivenda para frear o seu uso especulativo con accións como: Eliminar as deducións no IRPF para propietarios que aluguen por riba do prezo de referencia. Aplicar recargos no Imposto de
Sociedades a fondos e SOCIMIs que incumpran a función social da vivenda. Estabelecer medidas fiscais proporcionadas para mobilizar vivendas baleiras, combater os usos especulativos e favorecer o alugueiro habitual a prezos accesíbeis. Transferir gratuitamente os solos e vivendas da Sareb ao IGVS para a súa incorporación ao parque público de vivenda en alugueiro. Evitar a degradación, o alleamento e a privatización do patrimonio público do solo e da vivenda, nomeadamente de entidades estatais como ADIF, INVIED ou Portos do Estado, procurando o seu uso como vivendas e espazos públicos e a cesión ás CCAA. Actualizar o CTE para incrementar as esixencias en materia de eficiencia enerxética dos edificios e adecualo á solucións emerxentes como a construción industrializada en madeira. Estabelecer un programa específico e con recursos suficientes para a mellora da eficiencia enerxética de
edificios públicos. Impulsar o PERTE de Industrialización da Construción priorizando a especialización por segmentos adaptada á realidade produtiva de cada territorio. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 13
Página 14 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialPermitir a creación de novos impostos ou taxas a nivel municipal destinadas a gravar as vivendas baleiras. Facilitar a portabilidade das hipotecas de tipo variábel a tipo fixo e endurecer o marco legal para evitar os abusos bancarios en relación ao financiamento da compra de vivenda para uso residencial. Promover o cooperativismo de propiedade e alugueiro, alargando as bonificacións fiscais e despregando liñas de financiamento sen xuros, que deberán ser vehiculados a través das CCAA. Adoptar as medidas necesarias para facilitar a aplicación por parte CCAA de mecanismos como o alugueiro forzoso, a expropiación temporal ou o estabelecemento de canon á vivenda desocupada (importe de como mínimo 10 euros por metro cadrado, incrementándose un 10% anual até o triplo do importe inicial) para as vivendas baleiras desde hai 5 ou máis anos e en mans de grandes propietarios. Promover as
modificacións legais que faciliten a creación de empresas públicas, de ámbito autonómico, municipal ou supramunicipal para a promoción de vivenda pública e a xestión de programas de subarrendo e alugueiro social. Transferir á Xunta de Galiza os edificios propiedade do Ministerio de Defensa que se atopan sen uso na actualidade para incrementar o parque público de vivenda de uso residencial. 2.2. MÁIS DEREITOS PARA A CLASE TRABALLADORA Diante dos continuados recortes en dereitos e a non reversión das reformas aprobadas no 2012 polo PP, ten aumentado a precarización das condicións laborais e do empobrecemento salarial, que provocan que ter un emprego non garanta a subsistencia material e digna da clase traballadora. O Bloque Nacionalista Galego defende non só a reversión das políticas antisociais e antiobreiras aplicadas (ou mantidas) polos sucesivos gobernos españois, senón avanzar na
mellora das condicións materiais de vida e de traballo da maioría social, garantido o dereito a vivir con dignidade dun emprego na nosa terra. Para o que promoveremos a urxente aprobación dunha nova lexislación laboral que restitúa todos os dereitos roubados e DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 14
Página 15 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialfavoreza novos dereitos e regulacións que nos fortalezan como clase traballadora ante a nova situación de crise e as novas formas de explotación e precariedade. Con ese obxectivo, o BNG defende: Transferir a Galiza todas as competencias pendentes en xestión do traballo, emprego, formación e recoñecemento de prestacións. Recoñecer a participación institucional real das centrais sindicais coa condición legal de máis representativas fronte a exclusión práctica das non estatais. Adoptar medidas que garantan o exercicio pleno dos dereitos laborais e a liberdade sindical, penalizando de maneira contundente o acoso laboral e as medidas represivas por parte das empresas. Cumprir de maneira efectiva a Carta Social Europea como marco básico de dereitos. Derrogar integramente das contrarreformas laborais que consolidaron a mudanza aprobada en 2021 e impulsar unha modificación integral do Estatuto
do Traballo para restituír, entre outros dereitos: Os 45 días de indemnización e un máximo de 42 mensualidades por despedimento improcedente. A autorización administrativa nos despedimentos colectivos. Os salarios de tramitación. Medidas que poñan control á subcontratación para a equiparación real de dereitos dos traballadores e traballadoras e para que haxa un fortalecemento da negociación colectiva. A prevalencia dos convenios sectoriais sobre o da empresa —non só nos salarios— así como a prevalencia dos convenios de ámbito provincial ou galego sobre os convenios de ámbito estatal. Promover a implantación da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución salarial, e avanzar no horizonte da xornada de 32 horas semanais en 4 xornadas. Incrementar o Salario Mínimo Interprofesional até o situar no 60 % do salario medio, tal e como fixa a Carta Social Europea conforme aos datos do
EUROSTAT. Prohibir expresamente que o SMI sexa compensábel ou absorbíbel por outros DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 15
Página 16 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialcomplementos salariais. Aprobar a descentralización do SMI para que en Galiza teñamos competencia para mellorar o estatal. Redefinir as causas económicas/organizativas do despedimento obxectivo (última ratio) e período de consultas mínimo dun mes con informe vinculante da Inspección. Dar opción da persoa traballadora entre readmisión e indemnización nos despedimentos. Desenvolver un Marco Galego de Relacións Laborais, é dicir, ter como obxectivo convenios de ámbito galego, mais tamén que, en todo caso, os convenios de nivel superior ao de empresa teñan prevalencia sobre os de rango inferior e tamén sobre os estatais. Igualmente, os acordos sobre materias concretas ou acordos de estrutura a nivel de Galiza deben prevalecer sobre aqueles de ámbito estatal de semellantes características. Eliminar as Empresas de Traballo Temporal (ETT) e as axencias privadas de colocación, a subcontratación
en cadea, as falsas/os autónomas/os e asegurar a igualdade de condicións laborais e retributivas nos Centros Especiais de Emprego. Reforzar o Servizo Público de Emprego (SEPE) e garantir a cobertura de todas as persoas sen ocupación. Impulsar un plan de acción contra a sinistralidade laboral que abranga: A promoción do emprego estábel naqueles sectores con maiores taxas de sinistralidade. Un maior control e fiscalización das empresas e sectores que acumulan un elevado número de accidentes no traballo. Redución obrigatoria da xornada laboral nas actividades máis perigosas, entre outras medidas. Actualización lexislativa en acoso, riscos psicosociais e trastornos músculo-esqueléticos. Mecanismos de paralización da actividade ante risco grave e inminente. Protección na maternidade/lactación con risco. Reforzo da vixilancia e protección onde haxa subcontratación ou descentralización produtiva. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 16
Página 17 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialAmpliación do recoñecemento legal de enfermidades profesionais. Derrogar o IPREM (DL 3/2004), recuperando o SMI como único indicador de renda. Prohibir as duplas escalas salariais e categorías de entrada, Realizar auditorías retributivas e plans de igualdade de obrigado cumprimento, con reforzo da Inspección de Traballo. Limitar a duración máxima dos períodos de proba a 15 días e esixir causa motivada para a súa non superación. Limitar a modalidade de contratación fixo-discontinúa: chamamentos cun máximo de 2–3 meses de intervalo, preaviso mínimo de 15 días, indemnización de 45 días/ano por fin de chamamento; prohibición desta modalidade nas ETT e en xornada parcial. Limitar a contratación a tempo parcial esixindo unha xornada mínima de 20 horas semanais, limitación do 15% do cadro de persoal a tempo parcial por empresa, restrición das horas complementarias (só indefinidos, non
obrigatorias). Garantir unha retribución do 100% do convenio os contratos formativos con duración inferior ao ano, prohibición en ERTE. Estabelecer a subrogación obrigatoria na sucesión empresarial e na contratación pública. Eliminar as modificacións substanciais en salario e redución de xornada, así como limitar os descolgues e a distribución irregular da xornada. Restrinxir a aplicación de ERTE, evitando o seu carácter permanente e que se combinen con outras medidas de recorte laboral. Estabelecer o rexistro dixital, transparente e con trazabilidade verificábel da xornada laboral e limitación da distribución irregular. Aplicar medidas de control reforzado para os réximes de teletraballo, cun marco claro e limitacións á súa aplicación. Elevar a protección por desemprego: Prestación contributiva: Elevar a súa contía ao 75% da base reguladora os primeiros 180 días e 65% despois, non
podendo ser nunca inferior ao SMI. Subsidio por desemprego non inferior ao SMI en toda a súa duración. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 17
Página 18 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialFixos-descontinuos: subsidio sen tempo mínimo de cotización previa e duración mínima de 6 meses. Revisión das táboas de cotización por desemprego para penalizar a contratación precaria e favorecer a indefinida a tempo completo. Aposta polo emprego público fronte a privatización: Garantir a revalorización salarial anual das empregadas e empregados do sector público. Suprimir por lei a taxa de reposición; taxa de interinidade máxima do 5%; procesos selectivos executábeis en 12 meses. Promover que a prestación dos servizos públicos se realice con persoal público (funcionario, laboral ou de empresa pública), restrinxindo as privatizacións e facilitando a internalización dos xa privatizados. 2.3. NA DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS O Bloque Nacionalista Galego defende o traspaso a Galiza das competencias correspondentes ao réxime da Seguridade Social para garantir unhas pensións dignas
para toda a poboación en idade de xubilación. Entre tanto isto non acontece, traballamos para asegurar o sistema público de pensións e mellorar as condicións e a calidade de vida das e dos pensionistas presentes e futuros. Debemos ter en conta que as pensionistas e os pensionistas galegos continúan a percibir as segundas pensións máis baixas do Estado –só por detrás de Extremadura-- e que as reformas aprobadas polos sucesivos gobernos españois nos anos 2011, 2013, 2021 e 2023, poñen en cuestión a viabilidade do sistema público co obxectivo único de promover e favorecer os fondos privados de pensións. Diante desta situación, o BNG defende: Derrogación das reformas das pensións aprobadas en 2011, 2013, 2021 e 2023. Incremento das pensións mínimas até situalas como mínimo na mesma contía que o Salario Mínimo Interprofesional (60 % do salario medio, conforme ás cifras do EUROSTAT). Revalorización anual das pensións conforme ao IPC real. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 18
Página 19 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialRecuperación da xubilación ordinaria aos 65 anos e a parcial aos 61 anos. Evitar a discriminación fiscal das persoas emigradas retornadas. Recoñecer a xubilación voluntaria sen penalización, a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións. Eliminación das penalizacións por acceso anticipado á xubilación. Garantía de sostemento do sistema público de pensións a través da supresión do veto ao financiamento público, con cargo aos orzamentos e aos impostos que gravan a riqueza, eliminando o tope máximo ás bases de cotización, así como a revisión e redución das bonificacións e descontos nas cotizacións empresariais. Eliminación do Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI) e de calquera mecanismo de axuste semellante ao estilo do “factor de sustentabilidade", incluíndo tamén a supresión das competencias outorgadas á AIReF en
relación á supervisión do sistema público de pensións. Derrogación das normas que fomentan os plans de pensións privados de emprego nos convenios colectivos e calquera forma de privatización ou xestión financeira privada das pensións públicas. Mudanza do período de cálculo da base reguladora, que deberá realizarse a partir dun período de 10 anos escollidos pola persoa beneficiaria. Fixación de coeficientes redutores da idade de xubilación para as traballadoras e traballadores nas profesións de maior penosidade, perigosidade e insalubridade. Mellora a protección de seguridade social das persoas que traballan no sector marisqueiro na liña do aprobado por unanimidade no Consello Galego de Pesca no que ten que ver co cesamento de actividade, alén de ampliar os actuais coeficientes redutores da idade de xubilación. Elevación das pensións non contributivas até o 75 % do limiar de pobreza dun
fogar unipersoal, inmediatamente e sen agardar o prazo de 2027 estabelecido na reforma de 2023, actualizando anualmente a súa contía conforme ao IPC real. Incremento do complemento de fenda de xénero para as pensións de xubilación cunha suba anual, como mínimo, dez DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 19
Página 20 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialpuntos por riba do IPC, até a súa completa extinción como figura diferenciada. Estabelecemento dun sistema xusto de cobertura das lagoas de cotización que compense as interrupcións das traxectorias laborais das mulleres, derivadas da precariedade, dos contratos parciais e da asunción dos coidados Incremento da progresividade do novo sistema de cotización das traballadoras e traballadores autónomos en función dos seus ingresos reais. Modulación do sistema de cotización de acordo a un modelo de solidariedade e progresividade salarial. Ampliación da cotización completa, ao 100%, nas reducións de xornada por coidados e ampliar, alén dos 3 anos, as excedencias por coidados computadas como cotizadas. Equiparación do persoal fixo-descontinuo a tempo completo para efectos de cotización e prestacións. Cotización plena do alumnado en prácticas, sen bonificacións ás empresas. Prohibición da xestión
das continxencias comúns e profesionais polas mutuas, debendo pasar a unha xestión integramente pública. Derrogar as normas aprobadas polo Ministerio de Seguridade Social e do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que promoven a celebración de convenios de colaboración a subscribir entre as Consellarías de Sanidade das Comunidades Autónomas, as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social e o INSS para fomentar a atención polas Mutuas dos procesos de IT derivados das patoloxías músculo-esqueléticas. Revisión dos criterios para as incapacidades permanentes facendo prevalecer a mellor atención das limitacións derivadas da situación clínica, das patoloxías e afectacións. 2.4. COMBATER A POBREZA E PROMOVER A INCLUSIÓN SOCIAL Segundo os datos máis recentes publicados pola Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galiza) no seu informe ‘
Estado da pobreza en Galiza 2026 ’, no 2025 unhas 600.000 persoas residentes en Galiza – o 22,1% da poboación, estaba en risco de pobreza e/ou exclusión social (AROPE), 91.000 persoas máis que no 2024. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 20
Página 21 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialO risco de pobreza e exclusión social (AROPE) infantil e xuvenil aumentou, sendo o grupo de 18 a 29 anos o que máis incrementa a súa taxa (8,8 puntos ata o 27,6%). A taxa de pobreza aumenta e pasa do 14,2% en 2024 ao 16% en 2025, é dicir, máis de 434.000 persoas, das cales o 16,2%, 228.000 son mulleres e o 15,8%, 206.000 son homes. En canto á poboación pensionista, 361.800 galegas e galegos están por debaixo do limiar da pobreza (873€ ao mes en 14 pagas), o 45,9% do total, é dicir, 11 puntos máis que a nivel estatal (34,9%). Diante desta situación, desde o BNG comprometémonos a: Reclamar a transferencia a Galiza do Ingreso Mínimo Vital (IMV) para garantir unha xestión máis áxil e acaída á realidade galega, permitindo a creación dunha verdadeira Renda Galega de Inclusión Social e Laboral nunha contía non inferior ao SMI. Aplicar un programa específico de loita contra a pobreza e contra a
exclusión social. Elevar, con carácter global, o investimento en materia de protección social até o situar, como mínimo, no gasto medio do conxunto da Unión Europea, asegurando o carácter público dos servizos sociais básicos, tanto na súa titularidade como na xestión e financiamento. Regular legalmente os prezos dos produtos básicos de alimentación, garantindo simultaneamente prezos accesíbeis para a maioría social e retribucións xustas para quen os produce. Aplicación de medidas contundentes contra a especulación nos mercados de alimentos e enerxía, así como contra os beneficios extraordinarios das grandes empresas de distribución e comercio de alimentación. Facilitar o acceso a contas bancarias de pago básicas e gratuítas para todas as persoas en situación de vulnerabilidade social e mellorar as súas condicións de uso. Estabelecer con carácter urxente un prezo máximo legal para a
gasolina e o diésel —tomando como referencia o prezo medio das gasolineiras o 24 de febreiro de 2022— que se manterá vixente ata a estabilización dos prezos e a aprobación dunha solución fiscal xusta. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 21
Página 22 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial2.5. ACOLLIDA, INCLUSIÓN E DEREITOS DAS PERSOAS INMIGRANTES Nas últimas décadas a situación migratoria mudou de forma acelerada de xeito que hoxe Galiza é tanto un país emigrante, do que se segue expulsando poboación (especialmente moza), como máis recentemente un país receptor de inmigración. Esta mudanza non é un fenómeno excepcional nin transitorio, senón unha realidade estrutural que ten efectos concretos no tecido social e económico, sobre todo nos sectores máis precarizados do mercado de traballo, desempeñados cada vez máis por persoas inmigrantes –sobre todo mulleres–, a miúdo en condicións de irregularidade e vulnerabilidade. Fronte aos discursos discriminatorios, xenófobos ou racistas, o BNG defende unha Galiza inclusiva, entendida como unha patria colectiva a defender, construír e gozar entre todas e todos mediante a participación activa na vida social, económica, cultural e
política. A nación inclusiva que defendemos non se constrúe sobre vínculos étnicos, senón sobre a participación democrática, o acceso a dereitos e a contribución á vida colectiva. Iso require combater o racismo institucional e a xenofobia e construír activamente unha Galiza inclusiva dotada dos instrumentos legais e institucionais necesarios. A irregularidade administrativa é funcionalmente útil para un mercado laboral que se beneficia da man de obra sen protección legal nin capacidade de negociación. Defender os dereitos laborais das persoas migrantes é defender as condicións de traballo do conxunto da clase traballadora galega. En base a isto, propomos: Reforzar os mecanismos de inspección laboral e combater a explotación. Promover a regularización administrativa como vía para eliminar a irregularidade como ferramenta de explotación. Apoiar a afiliación sindical e a organización
colectiva. Axilizar a homologación e o recoñecemento de titulacións obtidas no estranxeiro e estabelecer sistemas de acreditación de competencias profesionais. Tamén para a poboación emigrante retornada. Recoñecer e dignificar o traballo de coidados, maioritariamente realizado por mulleres inmigrantes. A garantía ao acceso á lingua galega debe ser parte integral do proceso de acollida desde o primeiro momento. Aprender galego DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 22
Página 23 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialé un dereito e unha ferramenta de participación plena na vida social, cultural e democrática do país e fomenta a identificación con Galiza e o seu pobo. Demandamos tamén que un acreditado coñecemento da lingua e cultura galegas sexa admitido como criterio para acceder á nacionalidade española, con independencia do coñecemento do español, ao demostrar unha integración na sociedade galega e unha vontade clara de pertencer a ela. Nos últimos anos vemos con enorme preocupación o avance de discursos de odio aberta e desacomplexadamente racistas e xenófobos que poñen en cuestión e ameazan os dereitos máis básicos e fundamentais das persoas inmigrantes e do conxunto da sociedade. Para unha forza política como o BNG, construír sociedades inclusivas, orgullosas da súa diversidade e nas que os dereitos humanos de todas as persoas sexan garantidos é unha obriga; porén, na actualidade isto non é
así. Moitas persoas son vítimas de comportamentos e actitudes discriminatorias, racistas e xenófobas que proceden do ámbito privado mais tamén do público. Desde o Bloque Nacionalista Galego asumimos o compromiso de: Impulsar as reformas lexislativas necesarias para garantir os dereitos da poboación inmigrante (vivenda, traballo, atención sanitaria, educación...) así como favorecer e facilitar os procesos de regularización administrativa. Garantir o cumprimento do dereito internacional en materia de protección da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo. Reclamar a dotación dos recursos humanos e materiais necesarios ás oficinas de estranxeiría para garantir a debida atención, no tempo e na forma, da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo. Defender a erradicación de calquera forma de discriminación e actitude racista nas administracións públicas.
Demandar o peche dos Centros de Internamento para Estranxeiros (CIEs) no Estado español e o fin das deportacións en quente, garantindo o respecto escrupuloso dos dereitos humanos para a poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 23
Página 24 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial2.6. POLÍTICAS FEMINISTAS PARA AVANZAR NOS DEREITOS DAS MULLERES Ante o rearme do machismo que experimenta o mundo e o noso contexto máis próximo, a mellor resposta é impulsar novos avances contra cada unha das discriminacións que sufrimos por causa do patriarcado e moi especialmente ante o problema máis importante da vida das mulleres: a violencia machista. Para iso, é fundamental reforzar a resposta desde o sistema público blindando e ampliando os seus servizos e avanzar na lexislación de dereitos para garantir o dereito humano e fundamental das mulleres a vivir unha vida libre de violencias no ámbito público e no privado. Coa loita e organización do movemento feminista, tamén do galego, fomos conquistando dereitos e espazos que nos foran negados. Porén, fica moito camiño por percorrer para acabar coas fendas e coas discriminacións que sufrimos as mulleres. Para iso é fundamental
intervir en ámbitos que aínda dependen do Estado como o xudicial ou o laboral e, por iso, en canto Galiza non poida decidir por si propia, defenderemos políticas feministas para seguir conquistando dereitos. 2.6.1. VIDAS LIBRES DE VIOLENCIA MACHISTA: Cumprir as obrigas internacionais en materia de prevención e loita contra todas as formas de violencia machista, nomeadamente do Convenio de Istambul corrixindo os problemas sinalados nos Informes Grevio e, singularmente, realizar unha reforma lexislativa integral que garanta a cobertura de todos os tipos de violencias contra as mulleres na lei orgánica correspondente e que outorgue rango de lei efectivo á violencia vicaria. Impulsar e executar as medidas do Pacto de Estado contra a violencia machista que dependen do goberno do Estado e seguen sen se desenvolver. Incrementar a transferencia dos fondos económicos a Galiza destinados ao
cumprimento do Pacto de Estado no ámbito das súas competencias. Para tal fin, exixiremos a revisión dos criterios de repartición dos recursos económicos dirixidos á Administración Local e galega para que teñan en conta a realidade específica do noso país (dispersión poboacional, alto número de núcleos de poboación e o avellentamento, entre outros) así como os recursos existentes. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 24
Página 25 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialGarantir por lei que os novos recursos impulsados ao abeiro do Pacto do Estado ou da Lei Orgánica 10/2022 de garantía integral da libertade sexual, sexan públicos e de xestión directa e reclamar en Galiza a integración dos centros de crise privatizados no sistema público e a adaptación á nosa estrutura territorial e poboacional. Introdución da perspectiva de xénero en todas as políticas públicas como elemento transversal, promovendo a erradicación de calquera forma de discriminación ou fenda por razón de xénero en calquera ámbito ou servizo público. Reforzar a participación das mulleres na vida pública e institucional modificando a Lei de paridade, Lei Orgánica 2/2024, para permitir a presenza de correlativa de máis mulleres nas listas electorais. Introducir o termo feminicidio na lexislación española e impulsar un Estatuto de Vítima de Feminicidio para unha abordaxe integral da
violencia machista. Mellorar o sistema de protección das mulleres en situación de violencia machista a través, entre outras, das seguintes medidas: Garantir a xestión pública e directa dos mecanismos de control telemático para a protección de vítimas de violencia machista e realizar as melloras oportunas para rematar cos problemas de cobertura e revitimización existentes no noso país. Xeneralizar a elaboración de informes forenses de valoración de risco complementarios aos policiais, así como revisar periodicamente o sistema VioGén para mellorar o seu grao de eficiencia e eficacia así como estender os mecanismos de xeolocalización do agresor a partir daqueles casos con valoración de risco medio. Destinar fondos estatais para incrementar e reforzar os servizos do Imelga. Avanzar no recoñecemento da violencia vicaria e na protección ás e aos menores desenvolvendo de forma efectiva medidas
que eviten os subterfuxios que acaban permitindo visitas dos maltratadores. Así mesmo, avanzar na toma de medidas cautelares ante posíbeis situacións de risco das e dos menores ante a sospeita de exercicio de violencia por parte de adultos referentes, singularmente no ámbito educativo e do tempo libre. En todos estes ámbitos deberá garantirse a escoita, privacidade, seguridade e apoio psicolóxico ás e aos menores. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 25
Página 26 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialImpulsar medidas concretas e específicas dirixidas á formación obrigatoria de todos os axentes, organismos e institucións implicados, directa ou indirectamente, coa prevención e intervención fronte á violencia machista, comezando polas forzas e corpos de seguridade e a Xustiza. Dotación suficiente de prazas xudiciais e de financiamento para medios materiais e humanos nas seccións de violencia sobre a muller dos tribunais de instancia, e reorganización da comarcalización das seccións de Ourense e Santiago de Compostela, sen estendela a Lugo e Pontevedra, para corrixir os desequilibrios territoriais e as dificultades que supón para as vítimas os desprazamentos. Impulso das mudanzas legais oportunas para combater calquera forma de violencia machista no ámbito dixital e garantir a debida persecución destes delitos cando se cometan a través da rede e/ou a través do uso de tecnoloxías e
plataformas dixitais (incluída a Intelixencia Artificial). Oposición firme e contundente ante calquera intento de legalización, regulamentación e banalización dos ventres de alugueiro por se trataren dunha forma de explotación dos corpos das mulleres, así como de mercantilización de seres humanos (mulleres e crianzas). Impulsar as mudanzas legais necesarias para impedir esta práctica a través de terceiros países. Desbloquear a lexislación específica contra a trata, a explotación de seres humanos e impulsar medidas integrais para a protección das vítimas cun enfoque de dereitos, sen ningún tipo de discriminación con base á súa nacionalidade. Impulsar medidas estratéxicas conducentes á abolición da prostitución desde unha perspectiva que puna e persiga o proxeneta e prostituidor, ficando as mulleres prostituídas libres de calquera criminalización, estigmatización ou aproximación moralista.
Desde o respecto ao dereito de autodeterminación das mulleres e á súa libre elección e mais desde o dereito á vida sen ningunha forma de violencia nin discriminación, impulsaranse medidas conducentes a: Ofrecemento dunha rede de cobertura que garanta a liberdade para deixar a prostitución a todas as mulleres que así o queiran cubrindo as súas necesidades persoais básicas (ingresos, aloxamento, emprego, regularización administrativa…). Persecución intensa e efectiva da prostitución forzada, con coordinación eficaz dos distintos organismos, corpos e DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 26
Página 27 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialentidades (Policía, Garda Civil, xulgados, avogacía, inspección de traballo, etc.). Inclusión no Pacto de Estado do impulso dunha rede pública de centros de media estadía para o desenvolvemento persoal integral das mulleres en situación de prostitución que decidan deixar de exercela. Inclusión das vítimas de violencia machista como colectivo prioritario no deseño das políticas públicas de garantía de acceso á vivenda. Incorporación de políticas de apoio ás denunciantes, de forma pública ou xudicial, de violencia machista nas situacións de persecución xudicial por parte dos seus denunciados. 2.6.2 PROMOVER AVANCES PARA UNHA IGUALDADE REAL Recoñecer legalmente as familias monoparentais en orixe, por decisión propia, e impulso dunha lexislación específica —para aquelas cuestións de competencia estatal— que permita garantir os seus dereitos e superar a discriminación estrutural que sofren
actualmente. Impulsar medidas de corresponsabilidade social e conciliación real a través de políticas de apoio á conciliación persoal e de coidados incluíndo a compensación económica das reducións de xornada, a garantía de ingresos en períodos de excedencia e a achega económica da Administración Xeral do Estado no financiamento da gratuidade das escolas infantís galegas. Impulsar medidas dirixidas a eliminar calquera forma de discriminación por razón de xénero e de sexismo nos medios de comunicación, tanto públicos como privados, promovendo un tratamento informativo adecuado da violencia machista entre as que se incluirá un código ético que deberá ser cumprido para a obtención de fondos públicos. Cumprir coa elaboración pendente do catálogo de enfermidades profesionais recollidas na lei de pesca do 2023 a instancias do BNG para o recoñecemento das enfermidades profesionais das mulleres
do marisqueo. Financiar e impulsar medidas de igualdade no ámbito do medio rural e, de forma concreta, nos programas destinados a fomentar a empregabilidade e o emprendemento. Promover un maior control e vixilancia no cumprimento dos convenios colectivos das traballadoras de atención as persoas DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 27
Página 28 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialmaiores e dependentes así como no ámbito do traballo no fogar. Impulsar programas de investigación específicos sobre a saúde da muller superadores dos nesgos patriarcais. Impulsar medidas de garantía de abastecemento de medicación esencial para o tratamento das mulleres, como no ámbito da menopausa, para evitar novas crises na súa cobertura. 2.7. A DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSOAS LGBT O BNG leva décadas apostando polos dereitos do colectivo LGBT nun compromiso que se mantén firme até a actualidade. Logo dos avances lexislativos producidos neste ámbito co goberno de coalición, aprobados co apoio do BNG e doutras forzas soberanistas, a folla de ruta pasa por consolidar e ampliar o acadado. E é que, malia todo, fica moito camiño por percorrer. As persoas que conforman o colectivo LGBT seguen a padecer discriminación e violencia sistémicas, así como a negación dos seus dereitos cívicos
(acoso, agresións, unha taxa de suicidio máis elevada...). As persoas non binarias, as persoas trans migrantes e as persoas trans menores de idade fican invisibilizadas e sen recoñecemento axeitado, mesmo despois dos avances normativos recentes. De maneira específica, no tocante ás persoas trans, a despatoloxización legal precisa de ser acompañada dunha “despatoloxización social”, con medidas formativas que faciliten o trato coa Administración ou co sistema sanitario, garantindo os seus dereitos fronte ás violencias e discriminacións. Do mesmo xeito, cómpre avanzar na equiparación de dereitos a nivel laboral e no relativo ás persoas migrantes e solicitantes de asilo. Neste senso, e desde o noso compromiso coa loita contra a discriminación e a LGBTfobia, o BNG propón as seguintes medidas: DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 28
Página 29 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialEnvellecemento digno e sen LGBTfobia, con plans formativos específicos destinados aos profesionais do sector sociosanitario das residencias de terceira idade. Loita contra os delitos de odio, garantindo unha correcta estatística e a promoción de medidas encamiñadas a erradicaren a discriminación. Promoción de medidas positivas para a inclusión laboral e social das persoas trans. Apoio e acompañamento das persoas LGBT+ migrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo. A supresión de calquera tipo de subvención ou axuda pública e a imposición de sancións para organizacións que teñen como obxectivo a negación e a vulneración dos dereitos das persoas LGBT ou que se expresen neste sentido. A creación do servizo de igualdade de xénero e diversidade sexual a cargo dunha profesional con formación e dedicación específica en todos os centros de ensino. A inclusión de contidos transversais e
específicos no ensino obrigatorio e universitario, co fin de garantir a formación de profesorado e alumnado. A concienciación e formación das e dos profesionais da sanidade a respecto das necesidades específicas de saúde sexual e reprodutiva das persoas LGBTI. Protección das persoas trans migrantes permitindo o recoñecemento legal da súa identidade na documentación. Protección das persoas trans menores de 12 anos, respectando o seu dereito á autodeterminación de xénero. Recoñecemento das persoas non binarias. 2.8. NA DEFENSA DA DEMOCRACIA E DAS LIBERDADES PÚBLICAS Máis unha vez, un dos obxectivos do Bloque Nacionalista Galego para a próxima lexislatura será a defensa dos dereitos e liberdades públicas, tanto individuais como colectivas. Neste sentido, traballaremos polo respecto á vontade democrática dos pobos, a comezar pola vontade do propio pobo galego, e dos seus dereitos e
liberdades cívicas, así como de todas as cidadás e cidadáns do Estado, sen exclusión. Así mesmo, apoiaremos e promoveremos iniciativas de participación popular en asuntos DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 29
Página 30 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialpúblicos de interese xeral, en defensa de maiores cotas de democracia. Desde o BNG apoiamos todas aquelas iniciativas reivindicativas para lograr a conservación, a implantación e a extensión dos dereitos civís, económicos, políticos, sociais e culturais, en franco retroceso durante as últimas décadas. Temos a vontade e a convicción firme de que a protección e a extensión de tales dereitos está intimamente conectada cun respecto real e verdadeiro aos dereitos humanos. Por este motivo, o noso compromiso é e será ineludíbel. 2.8.1. DEREITOS E LIBERDADES CÍVICAS. Derrogación íntegra da Lei Mordaza por favorecer a discrecionalidade policial, a criminalización do dereito de reunión e manifestación e afondar na indefensión das e dos cidadáns. Especialmente a supresión da desobediencia e resistencia á autoridade, que é considerada unha infracción grave, igual que a negativa a identificarse ou a
falta de consideración a algún axente das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado. Debe tamén prohibirse o uso de pelotas de goma, as devolucións en quente e eliminarse o principio de presunción de veracidade que se outorga ás declaracións (denuncias, actas ou atestados) das e dos axentes. Derrogación da prisión permanente revisábel, por ser unha forma encuberta de manter a cadea perpetua e ir en contra do principio de reinserción social, así como das medidas de liberdade vixiada unha vez cumprida a pena, baseadas nunha análise subxectiva sobre a “perigosidade” das persoas e en contradición cos principios de rehabilitación e de reinserción social. Así mesmo, traballar para que se garanta o cumprimento das penas impostas aos galegos e galegas en Galiza, ademais do traslado dos que xa están a cumprir penas de prisión noutros territorios do Estado. Derrogación do delito de desordes públicas
agravadas, por limitar e afectar o libre exercicio dos dereitos fundamentais de reunión e manifestación, así como do resto de condutas tipificadas como delito que atentan directamente contra o dereito de liberdade de expresión (inxurias contra a Coroa, os Exércitos, as Forzas e Corpos de Seguranza, o Goberno e outras institucións do Estado, do escarnio de crenzas relixiosas ou das denominadas ofensas ou aldraxes aos símbolos nacionais, entre outros). DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 30
Página 31 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialRedución do importe das sancións previstas para as infraccións de seguridade cidadá na Lei contra a Violencia no Deporte. Transferencia a Galiza das competencias en materia de Institucións Penitenciarias co obxectivo de avanzar cara á unha lexislación penitenciaria actualizada e máis garantista e respectuosa cos dereitos fundamentais da poboación reclusa, reducindo as sancións por illamento, reforzando o papel das xuntas de tratamento e recoñecendo dereitos de sindicación ás persoas presas que traballen, entre outras medidas. 2.8.2. MEMORIA DEMOCRÁTICA Derrogar a Lei de Amnistía de 1977, que segue a impedir as reivindicacións e o amparo xudicial das vítimas de crimes contra a súa vida e dignidade cometidos durante o réxime franquista, así como o recoñecemento da imprescritibilidade dos delitos de xenocidio e lesa humanidade e do principio de legalidade internacional. Recoñecer o Pazo de
Meirás como Lugar de Memoria centrado no espolio e nas vítimas do franquismo. Após a sentenza que avanzou na devolución ao pobo galego do Pazo de Meirás, o BNG comprométese a traballar para que sexa cedido a Galiza garantindo que a titularidade e uso públicos respecten a súa verdadeira historia, reclamando que o espazo se centre na lembranza dos abusos e do espolio dos bens dos galegos e galegas polo ditador Franco e a súa familia e o recoñecemento das vítimas, así como a permitir a participación das entidades memorialistas na súa xestión. Ademais, o BNG seguirá a loitar pola recuperación dos demais bens espoliados polo ditador Francisco Franco e pola súa familia (Casa das Cunchas, Casa Cornide...). Revisar o acordo polo que se declara as illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria democrática, de modo que de garanta a centralidade do seu significado como espazo de represión e
resistencia e se impidan os usos que resulten ofensivos para as vítimas, as familias e a sociedade no seu conxunto. Modificar a Lei de Memoria co obxectivo de rachar coa impunidade do franquismo e que garanta a tutela xudicial efectiva das vítimas e das súas familias. Garantir a retirada efectiva da simboloxía, a prohibición de actos públicos de exaltación franquista e avances reais en medidas en DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 31
Página 32 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialmateria educativa e de formación do profesorado en materia de memoria democrática. Derrogar a Lei de Segredos Oficiais e a Lei de Seguranza Nacional e así garantir a plena transparencia na actuación e gasto por parte das institucións militares ou dependentes das forzas e corpos de seguranza do Estado. 2.8.3. MÁIS CALIDADE DEMOCRÁTICA Impulsar e apoiar as reformas para lograr maior pluralidade informativa nos medios de comunicación de titularidade pública, especialmente durante as convocatorias de procesos electorais, pois garantindo a igualdade no acceso á información avanzamos en democracia. Impulsar a participación directa a través de consultas populares. Neste sentido, promoveremos e apoiaremos as mudanzas legais precisas que posibilitaren a convocatoria de referendos vinculantes en asuntos de interese, incluído o dereito de autodeterminación, así como a participación social na
planificación e na xestión dos fondos públicos. Denunciar e revogar o Concordato coa Igrexa católica e, nomeadamente, os Acordos vixentes coa Santa Sé, para avanzar nun Estado verdadeiramente laico. Isto suporá a eliminación dos privilexios da Igrexa e a presenza da relixión nas institucións e servizos públicos. Reformar estruturalmente a normativa electoral: implantación do método proporcional directo (cota Hare); estabelecemento de Galiza como circunscrición electoral; eliminación das porcentaxes mínimas de 5% para conseguir representación; obrigatoriedade do voto secreto en cabina; prohibición de reparto de papeletas; garantía de igualdade entre partidos políticos respecto do acceso, da difusión e da presenza nos debates en campaña electoral en horario de máxima audiencia. Así mesmo, exixiremos que o exercicio de voto exterior se realice, ao igual que nas mesas do Estado, sempre en
urna en lugares debidamente habilitados para garantir a identificación das persoas votantes e impedir a fraude. Exixiremos o cumprimento do estabelecido na disposición adicional sétima da Lei de pesca, introducida grazas a unha emenda do BNG, que exixe ao Goberno remitir ás Cortes unha proposta para garantir o voto telemático das e dos mariñeiros embarcados nas frotas de altura. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 32
Página 33 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial3. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE O BNG defende e traballa a prol dunha sociedade máis xusta, equitativa e solidaria. Para conquistala son imprescindíbeis uns servizos públicos, universais, fortes e de acceso gratuíto, así como datos dos medios humanos e materiais necesarios para atender coa máxima calidade as necesidades presentes e futuras das galegas e dos galegos. Porén, o centralismo na repartición de recursos económicos fai que Galiza reciba menos financiamento do que lle correspondería e limita a capacidade para soster os nosos servizos públicos esenciais. 3.1. EDUCACIÓN A educación, como piar básico na construción dunha sociedade galega xusta, solidaria e igualitaria, está no celme das políticas do BNG. Consideramos que os poderes públicos teñen que garantir unha educación pública, universal e gratuíta de 0 a 18 anos que contribúa para formar persoas críticas e
libres, para a transformación social, para a normalización lingüística, para valorar e coñecer a nosa cultura e historia e para o desenvolvemento integral de Galiza. Cremos nun ensino integrador e coeducativo, democrático e feminista, que faga da equidade social o seu elemento vertebrador. Un modelo educativo galego, asentado na nosa realidade, co impulso das nosas potencialidades e ao servizo das necesidades da nosa sociedade, só se pode construír desde o ensino público e cuns fondos alicerces na laicidade, na coeducación, na inclusión, na igualdade de oportunidades e na democracia. Unha educación concibida como un servizo público, cuns altos niveis de calidade e ao servizo do pobo e dunha Galiza soberana, precisa dotarse de todas a competencias para a súa ordenación no ámbito galego. O actual sistema educativo emana do Estado centralista que, mediante os artigos 3 e 27 da Constitución,
asegura a privatización, a confesionalidade e a españolización do ensino. O Estado continúa reservando para si numerosas competencias DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 33
Página 34 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialque impiden conformar un sistema educativo propiamente galego. A reforma da LOMCE coa aplicación da LOMLOE é exemplo de que a alternancia no goberno estatal pode introducir mudanzas, mais o control do sistema educativo é un elemento consubstancial coa visión centralista e unitaria do Estado; unha visión que só o soberanismo puxo e pon en cuestión. Entre tanto o Estado mantiver as competencias básicas en educación, propomos: Superar o actual marco lexislativo, recollido nos artigos 3 e 27 da Constitución. Dotármonos do poder político necesario para podermos decidir sobre a ordenación e sobre a planificación dun sistema educativo galego, inserido na nosa realidade social, económica, cultural e lingüística, en función das nosas necesidades e carencias e ao servizo da transformación e do desenvolvemento de Galiza. Estabelecer un marco educativo novo que supere as limitacións competenciais
aplicadas por unha visión unitaria do Estado e do sistema educativo, tanto no ensino non-universitario (LOMLOE, LOFP) como no universitario (LOSU) e que, por tanto, parta da configuración plurinacional e plurilingüe do Estado; que Galiza poida organizar e ordenar o sistema educativo mediante unha Lei galega de educación que regule o noso sistema educativo até o Bacharelato, unha Lei galega de formación profesional, unha Lei de ensinanzas artísticas superiores que permita que os centros que imparten estas ensinanzas poidan adscribirse á universidade e unha Lei do Sistema Universitario Galego. Promover un modelo educativo fundamentado no dereito universal á educación para os galegos e galegas de 0 a 18 anos e obrigatoria de 3 a 18 anos, sustentado nunha única rede de ensino, a pública, con servizos complementarios, con libros de texto, material escolar e actividades extraescolares
gratuítas. Un ensino público, galego, laico, coeducativo, gratuíto e democrático. Transferir ao Goberno galego todas as competencias pendentes, garantindo a plena capacidade para deseñar e desenvolver un modelo educativo propio. Traspaso de todos os programas educativos e dos centros educativos e formativos situados en Galiza adscritos á Administración central e de todas as competencias para poder elaborar os plans de estudo e os deseños curriculares en todas as etapas educativas, así como a política de bolsas de estudo para ensino non-universitario; organizar todas as ensinanzas e estabelecer DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 34
Página 35 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialos currículos escolares de todas as materias e fixar os criterios de avaliación do proceso de aprendizaxe e da promoción do alumnado para fixar un ensino inclusivo e integrador que dea unha resposta satisfactoria e adecuada ao alumnado con necesidades especiais. Garantir a plena e exclusiva competencia en xestión do persoal docente: regular os corpos e especialidades docentes, fixar o sistema de acceso á función pública docente, con plena autonomía para suprimir as taxas de reposición de efectivos nas ofertas de emprego público e así poder dotar o ensino público do profesorado que precise; regular a competencia e composición de todos os órganos colexiados e da elección democrática das direccións por e entre quen integra os propios centros, eliminando a libre designación nos Centros Integrados de FP. Defender inequivocamente o ensino público. Regular a admisión do alumnado nos centros
educativos para estabelecer, mentres non se suprimiren, os concertos educativos. Por conseguinte, sermos especialmente vixilantes co cumprimento efectivo da eliminación dos concertos educativos dos centros que segregan alumnado por razón de xénero, controlando que o modelo de segregación desapareza dos centros que reciben fondos públicos e aplicando medidas sancionadoras no caso do incumprimento da lei. No camiño da supresión dos concertos en todos os niveis educativos, eliminación destes no ensino non-obrigatorio e control do financiamento alleo aos concertos nos centros sostidos con fondos públicos. Promover un ensino laico. A materia de Relixión non formará parte do currículo escolar, xa que é incuestionábel que a difusión da fe relixiosa corresponde ao ámbito privado e familiar. Neste sentido, será denunciado e renegociado o concordato coa Santa Sé e os acordos coas demais
confesións relixiosas. Dotar o sistema educativo de maiores niveis de calidade, apostando polo crecemento dos orzamentos destinados á educación até lle dedicar, como mínimo, 7% do PIB. Defender unha reforma da Lei orgánica do Sistema Universitario (LOSU) que defina claramente o modelo de universidade pública e permita exercer todas as competencias no ámbito galego mediante unha lei propia que evite a privatización do SUG e que permita a plena competencia para regular os plans de estudo das ensinanzas universitarias, actualmente limitadas polo RD 43/2015. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 35
Página 36 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialRegular a avaliación propia do persoal docente e investigador a través dunha ACSUG reforzada e coordinada co resto de axencias autonómicas e coa ANECA, regular a ordenación dos corpos docentes universitarios e do persoal docente e investigador laboral, desde as figuras de acceso ás permanentes, eliminando a precariedade e regulando unha carreira profesional, investigadora e académica nas universidades públicas galegas. Incrementar o financiamento das universidade públicas, tomando como referencia o 1,5% do PIB, para evitar que continúen co camiño de privatización encuberta, e favorecer a participación dos proxectos de investigación universitaria nos programas de I+D+I. Transferir a Galiza as competencias e medios materiais da Universidade a Distancia (UNED), da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións Científicas.
Transferir a competencia da xestión e da concesión de bolsas e axudas ao estudo universitario, superando o actual modelo de repartimento e garantindo o acceso universal á ensinanza superior. Mellorar a acción protectora do seguro escolar e transferilo á Xunta de Galiza. Eliminación da taxa de reposición. Programas específicos para garantir o relevo xeracional evitando o envellecemento do cadro de persoal. Programas específicos de financiamento de vivenda para o estudantado, en especial a través de residencias públicas universitarias. Programas específicos de financiamento de transporte universitario. 3.2. SANIDADE A situación da sanidade pública é un dos primeiros temas de preocupación para a poboación galega; algo máis que xustificado, xa que o seu deterioro non fai máis que aumentar. A situación non pode máis que cualificarse de alarma sanitaria, na que as persoas máis vulnerábeis son as máis afectadas. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 36
Página 37 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialTanto o Goberno español como o galego poñen todo o empeño, non en solucionar os problemas, senón en controlar a realidade a través do relato, para materializaren o seu plan clarísimo de empuxarnos cara á sanidade privada. A situación actual non é froito da casualidade, ou dunha situación sobrevida; máis ao contrario, é o resultado dunha voadura programada, que levan materializando desde hai tempo, nun obxectivo claro de mercantilizar a sanidade, converténdoa en nicho de negocio, coa consecuente perda do dereito á universalidade sanitaria, a introdución de novos copagamentos para toda a poboación, a redución de prestacións, a redución de persoal, o incremento substancial das privatizacións, a redución orzamentaria... O BNG aspira a que Galiza asuma a plena capacidade para rexer o seu sistema sanitario, sen interferencias de ningún tipo. En todo o caso, mentres o Estado continúe reservando
para si a potestade da lexislación básica e manteña un modelo de financiamento que nos prexudica e que afecta tamén o funcionamento dos servizos públicos, defenderemos: Aumentar o financiamento da sanidade pública, até como mínimo a media de investimento por habitante da UE, co incremento do valor dos parámetros de dispersión e envellecemento da poboación, asegurando maior racionalidade no gasto farmacéutico e garantindo a participación galega na fixación do prezo dos medicamentos. Garantir o carácter público da sanidade e reducir as súas posibilidades de privatización, mediante unha modificación da Lei 15/97, sobre habilitación de novas formas de xestión do Sistema de Saúde, que asegure que a titularidade, o financiamento, a xestión e a provisión de servizos sanitarios se fará con entidades exclusivamente públicas. Garantir o dereito á asistencia sanitaria con carácter universal,
cunha nova Lei de universalización, sen aberturas interpretativas que ampararen a exclusión, orientada no fondo e na forma á cobertura sanitaria pública, con garantías, e de calidade para todas as persoas. Ampliar a Carteira de Servizos comúns do sistema público de saúde, coa transferencia económica precisa ás CC.AA., que permita prestacións como o acceso ás prestacións ortoprotésicas ou a rehabilitación a doentes con déficit funcional recuperábel para todas as persoas que as precisen, con financiamento 100% público; así como as prestacións sanitarias actualmente fora da atención primaria, ou só parcialmente financiadas como asistencia odontolóxica, DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 37
Página 38 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialpodoloxía, óptico-optometrista, terapia ocupacional, logopedia, nutricionistas... Modificar o marco legal actual que regula a participación económica das usuarias/os da sanidade pública no financiamento da prestación farmacéutica para pór fin ao modelo actual de copagamentos e repagamentos que se revela como un imposto á enfermidade. Estabelecer un marco legal, respectando as competencias dos servizos de saúde, para determinar os criterios, indicadores e requisitos mínimos, básicos e transparentes, en materia de información sobre as listas de agarda de consultas externas, probas diagnósticas/terapéuticas e intervencións cirúrxicas. Eliminar a taxa de reposición de persoal como norma básica de obrigado cumprimento en todo o Estado, xa que vulnera as competencias de Galiza en materia de persoal en ámbitos que ten transferidos, como é sanidade. Dotarnos de capacidade normativa e financeira
para asegurarmos a capacidade docente e investigadora do sistema educativo e sanitario en saúde, con coordinación entre as universidades e o SERGAS, así como con estabilización do persoal investigador. Transferir a Galiza todas as competencias relacionadas cos programas de formación MIR, EIR, PIR... e incrementar o número de prazas consonte as necesidades reais que presenta o SERGAS de cobertura de profesionais. Impulsar un marco legal que fomente a permanencia, durante como mínimo a mesma duración do período de formación especializada, das e dos profesionais no sistema sanitario público, garantindo que os vínculos sexan estábeis e con condicións laborais dignas. Levar a cabo as medidas normativas necesarias para garantir coa maior urxencia o dereito do persoal estatutario dos servizos de saúde á xubilación anticipada e parcial, atendendo á realidade específica do persoal estatutario e
funcionario dos servizos de saúde, así como tomando en consideración as súas singularidades. Modificar a LOPS para adecuala á normativa actual do espazo europeo de formación e para incorporar como profesións sanitarias outras non contempladas actualmente como a que realizan as profesionais da Bioloxía no ámbito da investigación biosanitaria e asistencial. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 38
Página 39 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialActualizar as clasificacións das profesionais da sanidade pública para adaptalas aos criterios formativos, ás funcións e ás responsabilidades actuais. Crear un novo Estatuto Marco para o conxunto das/os profesionais da sanidade pública, que non signifique recentralización de competencias xa transferidas a Galiza. Reforzar os dereitos das traballadoras e traballadores da sanidade pública, o exercicio das súas competencias coas remuneracións acordes ás mesmas. Recuperar as retribucións íntegras das pagas extraordinarias íntegras para o persoal Estatutario. Impulsar de maneira decidida a investigación das denominadas enfermidades raras, garantindo o seu financiamento público de forma adecuada. Estabelecer as liñas prioritarias de investigación en saúde da muller, con financiamento suficiente, para avanzar no coñecemento das doenzas que lle afectan, revisar os padróns de síntomas e a
evolución das enfermidades, así como: Estabelecer indicadores de xénero nos protocolos de autorización e validación de ensaios clínicos. Estabelecer liñas de investigación nas doenzas que afectan, ou teñen máis prevalencia, nas mulleres (endometriose, fibromialxia...). Garantir representación equitativa de mulleres e de homes nos ensaios clínicos. Impulsar estudos para coñecer a actuación dos tratamentos en canto a eficacia e seguridade. Transferir todo o coñecemento xerado á sociedade, á formación e ás e aos profesionais. Traspasar as competencias en materia de saúde penal á Xunta de Galiza para ser asumida polo Servizo Galego de Saúde, de conformidade co estabelecido na DA 6.ª da Lei de Cohesión do Sistema Nacional de Saúde 16/2003 de 28 de maio, de xeito que a atención a este colectivo se realice na rede sanitaria pública galega. Esta transferencia debe estar acompañada dos medios
humanos, económicos, e materiais necesarios, atendendo á suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo, así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co SERGAS. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 39
Página 40 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialElaborar o currículo profesional do persoal TCAE, acorde coa actividade laboral que desempeña, e outorgarlle o nivel 3 que lle corresponde de clasificación profesional, así como derrogar a disposición transitoria 3.ª do EBEP, aplicando o seu artigo 76. 3.3. PERSOAS MAIORES, PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIAE PERSOAS CON DISCAPACIDADE As competencias en materia de coidados e benestar son da Xunta de Galiza, porén, o Goberno español ten a obriga de financiar o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD). Neste senso, a reforma aprobada en 2026 das leis de dependencia e de discapacidade obriga –de maneira explícita-- a Administración Xeral do Estado a financiar o 50% do SAAD, algo que o nacionalismo galego vén reclamando historicamente. Fronte ao modelo do Partido Popular que privatiza e fai negocio coa vellez, desde o Bloque Nacionalista Galego defendemos que a atención ás
persoas maiores, ás persoas dependentes e ás persoas con discapacidade constitúe un piar fundamental do estado do benestar polo que os seus dereitos deben estar garantidos a través dunha rede de servizos públicos fortes. Para tal fin, desde o BNG, comprometémonos a: Exixir o cumprimento por parte do Goberno español das súas obrigas en materia de financiamento do SAAD, así como reclamar o pagamento da débeda contraída con Galiza desde a aprobación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e que actualmente supera os 3.000 millóns de euros. Exixir que os fondos públicos destinados ao SAAD contribúen a blindar e fortalecer a rede pública de coidados (residencias, centros de día e de noite; o Servizo de Axuda no Fogar, centros de coidados intermedios...) e non a promover a privatización. Reclamar mellores
condicións laborais para as traballadoras dos coidados, a comezar polas traballadoras do SAF e das residencias de maiores. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 40
Página 41 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialGarantir a atención presencial sen cita previa e a existencia de intérpretes e/ou recursos adaptados en todas as oficinas da Administración Xeral do Estado, facilitando a accesibilidade aos servizos públicos. Impulsar un Plan de accesibilidade universal para suprimir as barreiras físicas, cognitivas e sensoriais nas institucións e servizos dependentes do Estado. Garantir o dereito da autonomía persoal das persoas con discapacidade a través de medidas como o desenvolvemento e financiamento da figura da asistencia persoal. Garantir os dereitos das familias con menores afectados por doenzas graves a través da blindaxe da prestación económica que perciben (CUME) garantindo que esta se vincula exclusivamente coa gravidade da enfermidade e coa necesidade acreditada de coidados directos, continuos e permanentes. Implantar un modelo de coidados das persoas maiores baseado nos estándares de
dereitos do Consello de Europa, adaptando os servizos de autonomía e proximidade á distinta realidade plurinacional e territorial do Estado. 3.4 GARANTÍAS DE BO GOBERNO 3.4.1 O Bloque Nacionalista Galego apoiará e impulsará medidas que avancen na loita contra a corrupción, entre as que se inclúen: Inhabilitación directa de cargos públicos e representativos que cometan fraude fiscal ou cando se detecten operacións económicas propias —ou en conivencia co seu contorno familiar e profesional— a través de paraísos fiscais, así como medidas de control exhaustivo das vías de evasión fiscal, evitando que o capital defraudado encontre refuxio en paraísos fiscais ou en contas noutros Estados. Regulación estrita das portas xiratorias e das incompatibilidades; concretamente a supresión da posibilidade de acordar a compatibilidade profesional polas propias Cámaras daquelas persoas que ostentaren a
condición de deputadas e senadoras. Para favorecer o incremento da democracia e o control público da acción política consideramos que cómpre impulsar DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 41
Página 42 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialreformas que melloren a transparencia na contratación pública, como poden ser: Supresión das restricións de carácter normativo para a xestión pública directa de servizos públicos, respectando así a autonomía de cada institución. Modificación da normativa de contratación pública, implantando a transparencia na contratación negociada e directa, publicando nos perfís de contratación as licitacións negociadas. Fomento da participación das pequenas e medianas empresas na contratación pública, con todas as garantías legais de integridade e transparencia públicas, así como o impulso dun modelo de contratación pública que contribúa ao crecemento sustentábel e que integre unha perspectiva social e ambiental nos criterios de adxudicación, baseado tamén na equidade e na xustiza sociais, e tendente a fixar investimento produtivo estábel pensado para unha economía de pequena escala, como son as
PEMES. 3.5. REESTRUTURACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ESTATAL NA GALIZA Reestruturación administrativa e adelgazamento do aparello do Estado. Supresión da administración periférica do Estado e tamén dos departamentos ministeriais con competencias transferidas. Supresión das deputacións provinciais, co traspaso de competencias e funcións a Galiza e aos concellos, evitando a creación de estruturas institucionais substitutivas. Transitoriamente, en tanto non se abordaren as anteditas reformas de maior alcance, derrogación da reforma local que limita a autonomía neste ámbito e a prestación de servizos públicos municipais. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 42
Página 43 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial4. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS 4.1. POR UNHA NOVA FISCALIDADE Existe unha penalización fiscal das rendas do traballo fronte ás do capital. Por iso, en tanto non acadarmos un modelo de financiamento adecuado para o noso país que nos capacite para regular e recadar todos os impostos, defendemos promover reformas na lexislación estatal para lograr un incremento da progresividade na tributación dos rendementos do capital e das rendas máis altas, porque o sistema actual discrimina as persoas cuxa principal fonte de ingresos é o traballo. En primeiro lugar, a respecto do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), consideramos preciso: Incrementar a súa progresividade: que pague máis quen máis renda obtén. Axustar os tramos estatais do IRPF en función do incremento anual do Índice de Prezos de Consumo en Galiza. Estabelecer distintos tipos de gravame en función da
natureza dos rendementos, minorando a tributación polos ingresos do traballo e aumentando a correspondente aos derivados do capital. Realizar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame. Modificar a normativa reguladora, elevando os limites para exceptuar de gravame e non computar entre os ingresos procedentes do traballo persoal, as cantidades destinadas pola empresa a compensar os gastos por locomoción retribuídos a traballadores e traballadoras que utilicen medios de transporte privado, de 0,26€ por km a 0,40€ por km percorrido mais os gastos de portaxes e aparcadoiro que se xustifiquen, para así evitar que tributen polo exceso derivado do aumento dos prezos. A respecto do Imposto sobre Sociedades (IS), propoñemos impulsar as seguintes medidas: Deber de tributación en Galiza de todas as empresas que exercen a súa actividade no noso país e sitúan o seu domicilio social noutras partes do Estado. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 43
Página 44 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialEstabelecer a súa progresividade en función da dimensión da empresa. Aplicar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame soportados. Aplicar un incremento da porcentaxe de redución da base impoñíbel do IS do 10 % ao 25 %, pola denominada reserva de capitalización ás entidades de reducida dimensión ou PEMES, premiando a non-distribución dos beneficios, para que as empresas se capitalicen cos seus propios beneficios en lugar de recorreren ao financiamento externo, reducindo a súa débeda. Estabelecer deducións adicionais para empresas cuxa actividade complemente ciclos produtivos inseridos nos sectores estratéxicos galegos. En relación co Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), por se tratar dun imposto indirecto que deben pagar as persoas con independencia do seu nivel de renda, e que supón unha traba no acceso a bens básicos no caso das rendas máis baixas e das clases
populares, defendemos: Reducir a imposición do IVE de bens e servizos esenciais, así como os bens de carácter cultural, para que tributen no tramo superreducido. Estabelecer a rebaixa permanente do IVE de produtos de alimentación básica, produtos do mar, elementos de hixiene persoal e feminina, transporte público de pasaxeiros, investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovábeis no ámbito doméstico e nas pequenas e medianas empresas. Rebaixar de novo o IVE aplicado á electricidade, gas, biomasa para quecemento e madeira para leña, e do resto de subministracións básicas ao 5% e estabelecer a súa permanencia. Estabelecer a permanencia incondicionada da redución da taxa impositiva do Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE) do 5,1 % ao 0,5 %. Blindar a permanencia dos impostos específicos aos beneficios da banca, das grandes enerxéticas e ás grandes fortunas, reducir os límites
de exención, aumentar a súa progresividade e traspasar a súa xestión á Galiza. Así mesmo, consideramos preciso introducir propostas novas no ámbito fiscal que acheguen xustiza social e de respecto polo patrimonio público, como por exemplo: A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 44
Página 45 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialPromover a eficacia das actuacións de prevención e loita contra a fraude e a evasión fiscal con dotación de medios e recursos suficientes, para conseguir una maior equidade e xustiza social na repartición das cargas tributarias. Prohibir a contratación e a recepción de axudas públicas ás empresas que posúen, directa ou indirectamente, sociedades domiciliadas en paraísos fiscais sen actividade económica real xustificativa. Estabelecer un sistema de fiscalidade ambiental nos ámbitos da enerxía, o transporte, a contaminación e os recursos naturais, cuxa finalidade, máis que recadatoria, sexa a modificación de condutas que inciden negativamente sobre o medio. Reclamar, como vimos facendo, que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de políticas públicas para a mellor atención das necesidades da veciñanza dos nosos concellos, co seu desbloqueo
definitivo. Seguiremos a reclamar que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de políticas públicas para a mellor atención das necesidades da veciñanza dos nosos concellos, co seu desbloqueo definitivo. 4.2. SECTOR INDUSTRIAL O noso sector industrial está a atravesar unha grave crise que se manifesta na descapitalición, na deslocalización e na regresión social, ocupando un papel subordinado na especialización produtiva. Ademais, estase a dar un predominio do extrativismo sobre a industria de transformación. O BNG defende un planeamento autocentrado que artelle un ecosistema industrial propio, capaz de reducir a nosa dependencia funcional, compatíbel co alto grao de apertura externa da nosa economía e competitivo para completar en Galiza os ciclos produtivos e de adaptarse ás novas revolucións tecnolóxicas. En concreto, o BNG defende: O
saneamento dos sectores industriais en crise e unha política real de reindustrialización baseada no impulso á industria A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 45
Página 46 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialauxiliar, na optimización dos custos loxísticos e no apoio aos sectores industriais emerxentes e a I+D+i, á que debería destinarse un incremento considerábel dos fondos e da porcentaxe do PIB. O Estado debe facilitar todos os medios económicos e normativos para que a Xunta de Galiza conte cos recursos necesarios para acometer un Plan de Industrialización que inclúa, entre os seus obxectivos, o reequilibrio territorial, e que atenda prioritariamente as comarcas en crise industrial, como son a de Ferrol e a de Vigo. A oposición á deslocalización e ao fechamento da actividade industrial, o estabelecemento da obriga de devolver as axudas públicas, as subvencións ou as bonificacións por aquelas empresas que deslocalizaron a súa produción. Promoción e fortalecemento da construción naval en Galiza, tanto no ámbito privado como no público, mediante a modernización tecnolóxica e a renovación
dos cadros de persoal, co obxectivo de situar os estaleiros galegos como referentes no ámbito mundial, atendendo, nomeadamente, á recuperación da actividade nos estaleiros de Vigo e de Ferrol. Converter NAVANTIA-Ferrol nun complexo industrial integral con diversificación da súa actividade, que incorpore a construción naval civil, así como implantar un plan de investimentos para a renovación de infraestruturas e incorporar a Xunta de Galiza ao consello de administración de NAVANTIA como teñen en conta o propio Estatuto de Autonomía de Galiza e o artigo 4.1 da Lei de Fomento do Sector Naval de Galiza. Exixir o cumprimento dos compromisos e a continuidade da actividade e do emprego de ALCOA-San Cibrao, prevendo mesmo a intervención pública da factoría. Transferir á Xunta de Galiza a titularidade de todas as participacións do Estado en empresas radicadas ou con centros de traballo no noso
País, de cara a súa incorporación nunha Corporación Industrial Pública Galega, cos correspondentes fondos. Estabelecer un marco de co-decisión e xestión descentralizada de todos os proxectos, programas, plans e instrumentos de financiamento en materia de política industrial e produtiva, para garantir a participación efectiva de Galiza no seu deseño e desenvolvemento no noso País. Reorientar os programas e plans estatais para que estes desistan de modelos de reconversión industrial, directa ou indirecta, apostando na blindade dos sectores e actividades estratéxicas, A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 46
Página 47 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialnomeadamente industriais, e no desenvolvemento das potencialidades de Galiza no ámbito da innovación, a tecnoloxía e as comunicacións. 4.3. SECTORES PRIMARIOS O BNG defende a economía produtiva do noso país, por iso denunciamos o recorte orzamentario previsto pola UE e o Estado español no Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028-2034 que prevé investir un de cada tres euros a armas, é dicir, o 33%, mentres que só o 22% a políticas sociais e o 18% a agricultura e pesca. Isto supón multiplicar por dez o orzamento actual destinado ao gasto militar a conta de recortar drasticamente os Fondos de Cohesión (-34%), da PAC (-22%) e do FEMPA (-67%). 4.3.1. SECTOR AGROGANDEIRO Os resultados das políticas estatais e comunitarias no agro galego foron unha fonda transformación que non favoreceu ao noso país. Minguou a capacidade produtiva do sector primario que é a orixe da fixación da poboación e o
emprego xerado no rural, que se baleira a grande velocidade mudando a estrutura demográfica galega. Non entanto, dende o BNG acreditamos no futuro do noso agro, tendo como orixe do seu crecemento o reforzo das nosas producións tanto alimentarias coma forestais, con modelos que respecten e aprecien aos produtores e fomenten a transformación do noso produto para xerar valor engadido en Galiza, cun apoio claro á industrialización e ao consumo de produtos do noso sector primario, tanto a través do impulso dun modelo de mercado e de compra pública de proximidade, cunha aposta decidida pola diferenciación e a calidade. O traballo do BNG terá como obxectivos: A modificación da Lei da cadea alimentaria para que regule de xeito efectivo as relacións entre os elos da cadea, con transaccións comerciais transparentes e resultado de negociacións levadas a cabo en igualdade de condicións, garantindo
que non se fan vendas por debaixo de custos de produción. Para esta protección apoiaranse en datos derivados A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 47
Página 48 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialde estudos técnicos e económicos que recollan as achegas das distintas CCAA, onde se reflictan as súas propias particularidades nos distintos sectores produtivos, garantindo a viabilidade do sector agrogandeiro galego. Impulso dos circuítos curtos de transformación e comercialización que xeren valor engadido nas explotacións agrogandeiras galegas e favorezan a viabilidade dos produtores, achegando aos consumidores produtos de calidade diferenciada, tanto frescos coma transformados, favorecendo producións respectuosas co medio ambiente, favorecendo a economía e a cohesión social. Protección do sector agrogandeiro: as enfermidades emerxentes son unha realidade ineludíbel coa que temos que convivir tanto na gandería como na agricultura e que ten efectos nocivos sobre o noso agro, con perdas económicas incalculábeis derivadas da súa chegada. A loita contra elas ten que ser conxunta, coa
achega dos recursos precisos, tanto económicos coma humanos, que garantan a protección do noso sector produtivo e poñan a disposición as medidas preventivas precisas en cada momento e os informes, análises e estudos que permitan estar preparados e informados. Rexeitamento de acordos comerciais multilaterais prexudiciais para o sector agrario de Galiza, en particular o UE-Mercosur polos enormes prexuízos ás explotacións agrarias galegas que non poderán competir coa entrada masiva de producións agrogandeiras e polo grave problema para as persoas consumidoras pola falla de garantías das condicións da produción nos países do Mercosur. Defensa dos cambios necesarios no PEPAC actualmente en vigor, para que se adapte as especificidades do sector agrario galego, evitando os prexuízos que determinadas normativas traen as nosas explotacións agrogandeiras a hora de acceder as axudas da PAC. Fronte
á proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual 2028-34 que pretende rearmar á UE multiplicando por dez o seu orzamento actual en Defensa a conta de centralizar e recortar drasticamente os Fondos de Cohesión (-34%), da PAC (-22%) e do FEMPA (-67%), esiximos a xestión descentralizada e o incremento dos fondos para o desenvolvemento territorial, a produción e a soberanía alimentaria, a sustentabilidade e o futuro dos nosos sectores produtivos. Nesta campo hai que ter en conta a forte incidencia que pode traer aos nosos concellos a posíbel A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 48
Página 49 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialdesaparición do 2º piar da PAC, fundos FEADER, e con elo as medidas de desenvolvemento rural. Defensa dunha nova orientación das políticas estatais en materia forestal e ambiental co obxectivo de recuperar o bosque autóctono, diversificar usos e ordenación do territorio con creación de valor engadigo no país, fronte a un modelo de monocultivo ao servizo de grandes intereses industriais. O Estado debe asumir que Galiza precisa unha política forestal diferente, coherente co interese xeral e coa loita contra a crise climática. A expansión descontrolada do eucalipto, amparada por unha pseudomoratoria chea de excepcións, agravou o abandono do monte, incrementou os riscos de incendio e empobreceu a base produtiva do medio rural. 4.3.2. SECTOR PESQUEIRO Galiza é a primeira potencia de Europa no complexo mar-industria. Porén, o feito de seren outros —Madrid e Bruxelas— os que deciden por nós
prexudicou e continúa a prexudicar gravemente a nosa frota pesqueira e a súa actividade derivada. Precisamos que sexa Galiza a que negocie directamente os tratados pesqueiros con terceiros países, nomeadamente con Portugal no relativo á cota da sardiña. No inmediato, o BNG reclama: O recoñecemento da Galiza como “zona altamente dependente da pesca”. Eliminación do principio de estabilidade relativa, en vigor desde o ano 1986 e que non deixa de ser unha discriminación para a frota galega. O recoñecemento da capacidade directa de negociación de Galiza, a súa participación e consentimento naquelas cuestións de especial relevancia en materia pesqueira, nomeadamente, na reforma ou na revisión da PPC. A negociación da distribución equitativa de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacidade extractiva do sector. A exixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC e cotas. A redución do IVE aos produtos pesqueiros. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 49
Página 50 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialA necesidade de que Galiza fique libre de eólica mariña que en calquera caso debera estar sempre fora da plataforma continental da costa galega e da minaría submarina, nomeadamente nas Áreas Mariñas Protexidas e nas Áreas Mariñas de Importancia Ecolóxica ou Biolóxica, incluíndo o Banco de Galiza fronte ás costas galegas. O estabelecemento dun espazo galego de libre decisión en materia marítima, pesqueira e/ou aproveitamento enerxético. Transferencia das competencias dos portos de interese xeral do Estado, Salvamento Marítimo, navegación marítima e mariña mercante, investigación oceanográfica (IEO), inspección de buques, ISM, dominio público marítimo e marítimo-terrestre e mar territorial, así como o traspaso de funcións e servizos da Administración xeral do Estado a Galiza en materia de ordenación e xestión do litoral etc. Estudo para a modificación da depuración de augas residuais de
Galiza a un sistema separativo, por terse demostrado a ineficacia para o noso pais do sistema unitario agora instalado, e poder desenvolver o saneamento integral real e a rexeneración ambiental e produtiva das rías galegas. Evitar o acoso que sofre a xente do mar con catro corpos de inspección (Gardacostas de Galiza, funcionarios do Ministerio, Garda Civil e funcionarios da UE), concentrando esa función no corpo de Gardacostas de Galiza. A implantación inmediata das medidas aprobadas a raíz das emendas do BNG á Lei 5/2023, de Pesca Sostíbel e Investigación Pesqueira sobre: Elaboración dun catálogo de enfermidades profesionais propias dos traballadores e traballadoras do mar, nomeadamente mexilloeiros, mariscadoras e mariscadores, percebeiros e mergulladores para a recolección de recursos específicos. Voto dos tripulantes embarcados en altura e grande altura. Convenios colectivos que
garantan condicións laborais dignas para os tripulantes de pesca de altura, grande altura e litoral. Transferencia dos espazos portuarios do estado que están en desuso, para uso dotacional da cidadanía optimizando e reorganizando os espazos portuarios para poder devolver á cidadanía o esforzo social que supuxo a creación dos portos. Transferencia dos inmóbeis do ISM e recuperar as casas do mar que foron desaparecendo. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 50
Página 51 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialAs casas do mar son de grande importancia para o sector marítimo galego, xa que permiten ducharse en condicións dignas ou durmir unhas horas cando estás lonxe do teu domicilio. Cos anos e coa escusa da baixa rendibilidade económica fóronse pechando e deixando esmorecer. Eran un servizo vital para moita xente. A exixencia da exclusión da pesca artesanal do Regulamento (UE) do Control da Pesca. 4.4. UN COMPROMISO FIRME COAS PERSOAS AUTÓNOMAS As persoas traballadoras autónomas constitúen un piar fundamental da economía galega. De feito, o traballo autónomo representa en Galiza o 18,8% do total da ocupación, tres puntos máis que a media do Estado. As persoas autónomas son protagonistas da actividade económica, da creación de emprego, da dinamización do comercio local, da prestación de servizos e do mantemento da vida económica e social das nosas cidades, vilas, barrios e municipios. Neste
senso, o traballo autónomo ten unha importancia estratéxica para o equilibrio territorial, especialmente no medio rural, onde pequenos negocios, explotacións agrogandeiras, actividades vinculadas ao mar, comercios e profesionais independentes contribúen a fixar poboación e a combater o despoboamento. Desde o BNG, defendemos un modelo económico no que emprender e traballar por conta propia sexan unha opción profesional digna e viábel e non unha carreira de obstáculos. Por iso, as nosas propostas van encamiñadas a garantir os dereitos e mellorar as condicións do traballo autónomo. Neste sentido o BNG aposta por: Promover un sistema fiscal máis sinxelo, transparente e adaptado á capacidade económica real das persoas autónomas. Traballar para aproximar progresivamente os dereitos das persoas autónomas aos das persoas traballadoras por conta allea, especialmente en materia de incapacidade
temporal, maternidade, paternidade, conciliación, xubilación e protección ante o cesamento da actividade. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 51
Página 52 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialPromover mecanismos que permitan exercer o dereito a unha baixa médica sen que iso poña en risco o mantemento da actividade. Defender prestacións suficientes e un acceso máis sinxelo e efectivo á protección por cesamento de actividade. Defender que as persoas autónomas poidan exercer plenamente o seu dereito á vida persoal e familiar a través de medidas que faciliten a conciliación, a maternidade e paternidade, a atención ás persoas dependentes e a cobertura económica durante os períodos nos que resulte imposíbel manter a actividade profesional. Impulsar políticas específicas para eliminar as desigualdades que afectan ás mulleres autónomas e combater a fenda económica e de protección social. 4.5. CIENCIA E INVESTIGACIÓN Sen ciencia non hai futuro. Esta é unha premisa incuestionábel nos tempos actuais. A xeración de coñecemento, a investigación, o desenvolvemento e a innovación son un
sector produtivo, panca de desenvolvemento social, económico e cultural para calquera país. Porén, para que exista ciencia precísase investimento, público e privado, e unhas condicións laborais dignas que permitan desenvolver unha carreira profesional estábel, cun horizonte claro e en contornas estimulantes. É dicir, precísase construír ciencia con dereitos. Por iso, desde o Bloque Nacionalista Galego, propomos: Elevar, progresivamente, o investimento estatal en I+D+i até o situar no 3% do PIB en 2030. Garantir condicións laborais e salariais dignas e estábeis para o persoal científico e investigador, así como os recursos necesarios para desenvolver a súa carreira investigadora ao longo das distintas etapas. Transferencia a Galiza das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións científicas (CSIC) e dos centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Continuar a
traballar, en colaboración e contacto permanente co ecosistema investigador galego e estatal, a prol dun Pacto pola ciencia centrado en tres eixos fundamentais: A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 52
Página 53 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialElaborar un Estatuto do Persoal de Investigación que inclúa a todo o persoal investigador, técnico e de xestión científica co obxectivo de garantir dereitos mínimos en canto a retribucións, a progresión da carreira investigadora e a estabilidade laboral, entre outras cuestións. Reducir e simplificar a burocracia para favorecer a produtividade, a motivación e o estímulo na produción científica. Promover a transparencia, a integridade, a diversidade e a inclusión no ámbito científico e investigador a través de políticas activas que sancionen condutas fraudulentas, persigan o acoso sexual ou calquera irregularidade nos concursos públicos, así como garantir unha inclusión plena. 4.6. POR UNHA TRANSICIÓN ENERXÉTICA XUSTA Estamos nun momento de profundas transformacións no ámbito enerxético, marcado pola necesidade de deixar atrás os combustíbeis fósiles. Galiza ten en materia de enerxía unha
posición estratéxica. Por unha banda, foinos adxudicado desde hai décadas un papel produtor e estamos xa especializados na xeración de electricidade. Por outra banda, temos un recurso renovábel moi potente, principalmente a través do vento, das horas de sol e da auga. Porén, nos momentos de cambio emerxen e operan os intereses das grandes enerxéticas, que buscan un lavado verde aos seus intereses empresariais e que están a ser favorecidas polas institucións europeas, estatais e galegas, que dan prioridade ao aumento da xeración por riba das garantías medioambientais. É preciso defendermos o noso dereito a decidir sobre o noso propio modelo enerxético, contribuír á loita contra a crise climática e facelo de forma que o papel produtor reverta a favor dos intereses sociais e económicos de Galiza e blinde a preservación da biodiversidade: Fomentar unha transformación enerxética que dea
prioridade a un modelo de xeración e produción de enerxía eléctrica distribuída, a menor escala e máis próxima aos centros de consumo, ao A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 53
Página 54 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialcontrol público da enerxía, á consideración do acceso á enerxía como un ben público e esencial e cuxa implantación pivote en función do desenvolvemento social e económico das zonas produtoras. Impulsar unha tarifa eléctrica galega que considere, a través de redución nas peaxes do transporte, o papel de Galiza de nación excedentaria na produción eléctrica, compensando o impacto ambiental e social derivado da súa produción. Modificar a estrutura do sistema eléctrico, reformando a configuración da factura enerxética para pór fin á especulación das grandes eléctricas e garantindo que a súa retribución se estipule con base aos custos recoñecidos de produción. Transferir as competencias en materia enerxética, de maneira que se corrixa a anomalía democrática de que, malia estar especializada na produción, Galiza teña impedimentos para deseñar o seu propio modelo enerxético e de
descarbonización de maneira acorde ás súas necesidades enerxéticas, sociais, económicas e medioambientais, garantindo o control público galego deste sector estratéxico. Singularmente, cómpre: Transferir as competencias en materia enerxética (planificación, ordenación, redes de transporte e distribución, xestión oferta/demanda, impulso modelo descentralizado e de proximidade) e alcanzar o compromiso do Estado para que sexa preceptivo o acordo coas comunidades autónomas nos plans de ámbito estatal e nas negociacións de ámbito supraestatal. Reformar a Lei do sector eléctrico, de forma que Galiza poida decidir sobre as instalacións enerxéticas de máis de 50MW e desenvolver plenamente o artigo 27.13 do actual Estatuto de Autonomía. Retirar os POEM e declarar o litoral galego como espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños offshore, tanto en augas interiores como na
plataforma continental, por se entenderen incompatíbeis esas instalacións coas actividades pesqueiras e marisqueiras, coa protección medio ambiental ou coa execución de competencias en salvamento marítimo, que se consideran preferentes do punto de vista dos intereses nacionais galegos, económicos, sociais e ambientais. Recuperar as garantías ambientais e a participación cidadá na implantación de proxectos eólicos, rectificando as medidas incorporadas no RDL 20/2022 que permiten ás grandes A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 54
Página 55 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialenerxéticas decidir onde instalaren parques ou macroparques eólicos sen control, sen necesidade de Declaración de Impacto Ambiental e sen participación cidadá, o que fomentou un boom eólico depredador con proxectos que non están calibrados para o desenvolvemento social e económico do noso país e que coliden coa preservación da biodiversidade e dos usos económicos e sociais do territorio. No mesmo sentido, cómpre someter a revisión aqueles xa aprobados para paralizar os máis lesivos. Colaborar con Galiza na planificación das tecnoloxías precisas para a transición enerxética e da súa zonificación, sometendo esta planificación a unha avaliación ambiental estratéxica e á colaboración nun desenvolvemento integrado e complementario de todo o mix enerxético (eólica, hidráulica, solar térmica e fotovoltaica), biomasa, biocombustíbeis, xeotermia, gases de vertedoiro, gases de EDAR, undimotriz e
mareomotriz) fronte ao monopolio dunhas tecnoloxías sobre as outras. Impulsar a consideración da electricidade como ben básico para a poboación, garantindo o acceso da poboación cun mecanismo que supere a formulación do bono social e as súas carencias, e prohibindo definitivamente os cortes de subministro. Impulsar o aforro enerxético, do descenso do impacto medioambiental e da soberanía enerxética, así como a aposta por unha política decidida de fomento das enerxías renovábeis e da redución do consumo de combustíbeis fósiles en todos os sectores consumidores, poñendo especial atención naqueles que, polas súas características teñen unha dependencia estrema destes, como poden ser os sectores primarios ou o transporte. Impulsar unha verdadeira axenda para o desenvolvemento do autoconsumo enerxético e das comunidades enerxéticas de base cidadá sustentábel en colaboración cos territorios,
que avance na corrección das carencias canto a conexión á rede, á cadea produtiva, ao aproveitamento dos excedentes, á formación de consumidores e de produtores, aos trámites administrativos e das distribuidoras etc, así como o fomento das iniciativas compartidas e das axudas aos sectores con máis dificultades económicas para garantir a súa democratización, así como do recoñecemento das comunidades de montes como comunidades enerxéticas. Impulsar a recuperación para o público das concesións dos encoros (en moitos casos outorgadas durante o franquismo) e A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 55
Página 56 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialá súa transferencia a Galiza como base para a creación dunha empresa pública galega en materia de enerxía. Crear o estatuto especial para as empresas electrointensivas e mantemento dos postos de traballo. Rematar os concursos de transición xusta para Galiza mantendo, como mínimo os megavatios liberados no peche das centrais, de forma que se fomenten proxectos industriais con investimento e creación de emprego nos concellos afectados, mediante un proceso con bases de concorrencia e supervisado por unha mesa de transición onde estean representados os axentes sociais e a administración local das zonas de transición xusta. Impulsar e colaborar na creación dun gran centro para o I+D+I no almacenamento enerxético diversificado tanto no aspecto eléctrico, coma no térmico. Garantir o seguimento, o diálogo e a concreción das medidas de transición enerxética a través da convocatoria regular das
mesas de transición a obxecto de facer seguimento aos cumprimentos dos Convenios de Transición Xusta. Compensar a débeda histórica do Estado coas comarcas mineiras galegas polo incumprimento e pola exclusión dos sucesivos Plans do Carbón. Comprometer o mantemento da prohibición da fractura hidráulica (fracking) e doutras técnicas semellantes polo seu perigo para o medio e para a saúde. Regular as plantas de biogás. É preciso contar cunha lei que regule este tipo de instalacións que defina claramente os usos do dixestato e limite as afeccións locais. Minaría sostíbel A minaría é unha actividade con longa tradición en Galiza, con diversificación de explotación dos recursos en función das necesidades internas e, sobre todo, do mercado internacional. Dende tempos dos romanos, a nosa terra foi obxecto de espolio dos seus recursos minerais, a meirande parte das veces por parte de capital
foráneo. Este espolio deixou fonda pegada no territorio, así hoxe en día podemos ver exemplos de como a minaría contribúe a crear desolación. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 56
Página 57 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialVai ser moi difícil de explicar a futuras xeracións porque existen dous lagos na mesma provincia, onde fai menos de vinte anos, non había ningún. Todo isto froito da explotación a ceo aberto das minas de lignito de Cerceda e As Pontes para alimentar cadansúa central térmica. San Finx en Lousame e Monte Neme en Carballo, con cadansúa rotura de balsas, e incluso A Penouta, en Viana do Bolo, coas filtracións cara o río Miño, son mostra do desleixo e irresponsabilidade dun sector de enclave no noso país. A crecente demanda de materias primas estratéxicas non responde unicamente ás transicións enerxética e dixital, senón tamén á ambición armamentística da Unión Europea, que pretende ampliar aceleradamente a súa capacidade industrial militar e garantir o subministro de minerais imprescindíbeis para fabricar armamento, tecnoloxía aeroespacial e sistemas de defensa. Neste contexto, a declaración
de proxectos mineiros como «estratéxicos» resulta especialmente lesiva para Galiza; reduce os prazos de autorización, facilita o acceso ao financiamento e outórgalles de antemán a consideración de interese público, chegando mesmo a permitir que ese suposto interese prevaleza sobre afeccións á auga, aos hábitats e á biodiversidade. Este procedemento condiciona a avaliación ambiental antes de que se analicen todas as consecuencias, debilita a participación social e corre o risco de converter o territorio galego nunha zona de sacrificio ao servizo do rearme europeo e dos intereses das multinacionais mineiras, sen garantir control público, transformación industrial no país nin beneficios duradeiros para as comunidades afectadas. Ao igual que no eido enerxético, Galiza debe ter poder de decisión total sobre un sector estratéxico, como é o da minaría e garantir que os beneficios das materias
primas sirvan para pechar ciclos produtivos no país, creando emprego de calidade e riqueza local, e como non pode ser doutra maneira, preservando o medio ambiente e garantindo a participación social. Por isto propoñemos a modificación da lei básica da minaría do estado coas seguintes demandas: Declarar as materias primas críticas e estratéxicas bens de dominio público de especial interese, sometendo o seu A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 57
Página 58 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialcoñecemento, investigación e aproveitamento á planificación e ao control públicos. Facultar aa Galiza para declarar zonas de reserva mineira permanente, especialmente nos xacementos de minerais estratéxicos, garantindo o seu aproveitamento mediante iniciativa pública ou baixo control público efectivo. Estabelecer unha participación pública obrigatoria mínima do 20% nos proxectos de investigación e explotación de minerais estratéxicos. Condicionar o outorgamento de novos dereitos mineiros á existencia dunha planificación sectorial previa, sometida a avaliación ambiental estratéxica e coordinada coa ordenación territorial, ambiental e económica. Delimitar zonas incompatíbeis coa actividade mineira, atendendo á protección dos espazos naturais, do patrimonio cultural, dos recursos hídricos, das captacións de abastecemento e dos solos agrarios, gandeiros e forestais de especial valor.
Incorporar o principio de precaución e a prevalencia da protección da auga, da saúde e das actividades económicas asentadas no territorio como criterios vinculantes para autorizar ou denegar dereitos mineiros. Eliminar a prioridade automática do titular dun permiso de investigación para obter posteriormente a concesión de explotación, sometendo esta última a unha avaliación independente do interese público e, cando corresponda, a concorrencia competitiva. Impedir a especulación cos dereitos mineiros, esixindo autorización administrativa para a súa transmisión, acreditación do titular real, solvencia técnica e financeira e caducidade efectiva ante a inactividade ou o incumprimento das condicións. Reducir a duración das concesións e eliminar as prórrogas automáticas, estabelecendo revisións periódicas do cumprimento ambiental, social, laboral e industrial como requisito para manter o
dereito mineiro. Garantir a máxima transparencia, mediante un rexistro público e accesíbel dos dereitos mineiros, titulares reais, transmisións, proxectos, estudos xeolóxicos, autorizacións, sancións, garantías financeiras e plans de restauración. Ampliar os prazos de información pública e asegurar a participación efectiva dos concellos, comunidades de montes, A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 58
Página 59 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialpersoas propietarias, organizacións ambientais e sectores económicos afectados. Someter tamén os permisos de investigación con intervención física no territorio a avaliación ambiental, incluíndo sondaxes, gabias, accesos, captacións de auga e efectos acumulativos con outros proxectos. Restrinxir as explotacións mineiras a ceo aberto e prohibir as tecnoloxías que empreguen cianuro ou outras substancias de especial perigo para a saúde e o ambiente. Vincular o outorgamento dos dereitos mineiros á transformación industrial dos recursos no territorio, á creación de emprego de calidade, ao desenvolvemento tecnolóxico e ao peche dos ciclos produtivos en Galiza. Evitar a simple exportación de minerais sen transformar, incorporando ás concesións compromisos obrigatorios de procesamento, investigación, industrialización e xeración de valor engadido no país. Priorizar a redución da demanda, a
reciclaxe, a reutilización e a minaría urbana fronte á apertura de novas explotacións, particularmente no ámbito das materias primas críticas. Reforzar a responsabilidade ambiental do operador, mediante garantías financeiras suficientes, responsabilidade durante toda a vida da explotación e obriga de restaurar integralmente os terreos e as augas afectadas. Crear un Fondo de Restauración Ambiental e Paisaxística, financiado principalmente mediante taxas, avais e achegas obrigatorias das empresas mineiras, para recuperar minas e canteiras abandonadas sen trasladar os custos ao erario público. Reformar coordinadamente o réxime de residuos mineiros, especialmente o Real decreto 975/2009, endurecendo as condicións aplicábeis ás balsas, entulleiras, augas contaminadas, peche das explotacións e vixilancia posterior. Impedir que a declaración dun proxecto como estratéxico rebaixe as garantías
ambientais ou de participación pública, deixando claro que esa cualificación non crea por si soa unha presunción prevalente de utilidade pública. Recoñecer capacidade de veto ou informe vinculante ás administracións territoriais afectadas cando o proxecto comprometa o abastecemento de auga, espazos protexidos, actividades económicas estratéxicas ou valores patrimoniais incompatíbeis coa explotación. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 59
Página 60 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial5. INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL Galiza arrastra un déficit histórico en materia de infraestruturas, o que supón menos vertebración territorial, menos seguridade e menos servizos. Por iso, o BNG exixirá ao Goberno do Estado acometer os investimentos necesarios para levar adiante unha máis que necesaria modernización en materia de transportes e mobilidade. Así mesmo, é preciso reclamar as competencias plenas en materia de transporte, acompañadas do financiamento necesario, para que o Goberno galego poida desenvolver unha política de transportes autocentrada, atendendo ao reto da vertebración do país e á mobilidade interior, tanto de pasaxeiros como de mercadorías, tendo como elemento chave a intermodalidade real e non só física. 5.1. INFRAESTRUTURAS FERROVIARIAS O transporte do futuro pasa por un deseño dunha mobilidade real que conecte e coordine mellor os distintos
medios de transporte, para que funcionen de forma complementaria e integrada, como parte dun mesmo sistema, e faciliten os desprazamentos das persoas. Neste sentido, o transporte ferroviario xoga un papel fundamental á hora de exercer como elemento central deste sistema, pois este permite unha mobilidade sostíbel, eficaz e eficiente ao tempo que facilita unha transición climática que garante a cohesión social. Por todo isto, é preciso dotar a Galiza duns servizos e infraestruturas de comunicacións axeitados que pase por: Implantar, de xeito efectivo e sen máis demoras, un servizo de proximidades ferroviarias nas principais cidades galegas, aproveitando as infraestruturas existentes ou creando aquelas novas que foren necesarias, así como recuperando apeadoiros e estacións agora en desuso e dotándoo das conexións oportunas, frecuencias, horarios e tarifas necesarias para fomentar o seu uso. INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL · 60
Página 61 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialActualizar a rede interior ferroviaria galega nunha intervención que debe incluír, cando menos, actuacións nos tramos A Coruña–Ferrol, A Coruña–Lugo e Vigo–Fronteira Portuguesa, a modernización da liña de ancho métrico Ferrol–Ribadeo, a aceleración dos traballos da saída sur de Vigo e o inicio efectivo da construción da conexión ferroviaria directa entre Santiago de Compostela e Lugo. No tramo A Coruña–Ferrol é urxente resolver de vez a tramitación do bypass de Betanzos e pasar á execución das obras; no corredor A Coruña–Lugo–Monforte, deben concluír e ampliarse as actuacións xa iniciadas, sen agardar aos prazos máis afastados que contempla a planificación europea; e na liña do Miño, a renovación integral en curso debe concluír sen novos cortes prolongados do servizo. Completar as obras do Corredor Atlántico de Mercadorías en Galiza, para o que deben abordarse, como mínimo, as obras do
eixo Ourense–Monforte–Lugo, así como o tramo León–Monforte e a electrificación e as melloras precisas nos tramos convencionais do Eixo Atlántico, acelerando as actuacións en marcha e evitando novos aprazamentos. Solucionar a integración e a humanización das liñas de ferro ao seu paso por vilas e cidades, asegurando, en cada caso, a adopción dos proxectos que mellor se adapten (paso elevado en Oza-Cesuras, variante ferroviaria de Parga, pasos a nivel no barrio dos Praceres, soterramento no Porriño, pasos soterrados en Ourense..., entre outros). Incrementar as frecuencias e mellorar os horarios das conexións ferroviarias en Galiza, especialmente na liña do AVANT, así como rebaixar os prezos e estabelecer bonificacións para as persoas usuarias frecuentes. A incorporación dos trens Avril e as melloras puntuais da oferta non substitúen a reclamos de fondo: un Eixo Atlántico con frecuencias
de verdadeiro corredor metropolitano e sen cortes recorrentes do servizo. Rematar as obras pendentes de execución no AVE, particularmente a finalización da variante exterior de Ourense, con contratación inmediata dos tramos aínda non licitados e un cronograma firme e financiado para o seu remate integral. Transferir a Galiza as liñas interiores para seren xestionadas a través dunha empresa pública galega de transporte ferroviario (GALTRÉN), tomando como referencia os modelos xa consolidados noutros territorios do Estado. Realizar unha auditoría independente de toda a rede ferroviaria co obxectivo de verificar a súa seguridade. Instalación do INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL · 61
Página 62 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialsistema ERTMS naquelas liñas en que aínda non estea operativo así como promover as medidas pendentes para a seguridade ferroviaria, como a implantación do Plan de Seguranza Ferroviaria. Declarar que o transporte ferroviario sexa a modalidade prioritaria sobre calquera outra forma de transporte persoal e de mercadorías por terra. Introducir esta declaración no Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, con obxectivos medíbeis por ano. Promover unha mellor conexión ferroviaria transfronteiriza con Portugal, tanto en tren convencional (coa mellora substancial do Tren Celta, Vigo-Porto), como na articulación dun sistema de proximidade transfronteiriza, así como en garantir a posta en marcha da conexión de alta velocidade Vigo-Porto no horizonte do 2030-2032. 5.2. INFRAESTRUTURAS VIARIAS Tamén nas estradas que son titularidade do Estado en Galiza podemos falar de atraso histórico nos
investimentos, polo que precisan de atención urxente para garantiren unha adecuada conexión entre as principais vilas e cidades galegas, sendo necesarias actuacións integrais que faciliten a inserción destas vías nas tramas urbanas e que vaian destinadas á mellora da seguridade viaria. Porén, o BNG seguirá a defender que se transfiran a Galiza as estradas pertencentes á Rede de Estradas do Estado que transcorren integramente por territorio galego, o que permitirá artellar desde o Goberno galego unha política integral de transportes, así como tamén as transferencias en materias de ordenación de tráfico e seguridade viaria: AP-9 galega, pública e libre de peaxes. Logo da aprobación da transferencia da autoestrada, o BNG reclamará a anulación da prórroga concedida no ano 2000 polo goberno do PP para lograr a gratuidade da principal vía de comunicación do Eixo Atlántico. Transferir a Galiza
e liberalizar a AP-53 para conseguir que esta autoestrada quede finalmente libre de peaxes. Finalizar e poñer en funcionamento o último tramo pendente da A-54, Arzúa–Melide, que acumula anos de atraso e que é fundamental para completar a conexión por autovía entre Santiago de Compostela e Lugo, aberta e aínda incompleta tras a posta en servizo do tramo Melide–Palas de Rei. INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL · 62
Página 63 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialLicitar de inmediato as obras da A-74 na Mariña, única infraestrutura viaria alternativa á N-642 na comarca e que leva anos en proxecto e sen execución, tras a aprobación definitiva do proxecto de trazado do primeiro tramo. Executar os tramos pendentes en Galiza da A-76, que permitirán conectar máis axilmente as comarcas do sur de Lugo e a cidade de Ourense entre si e facilitar a saída cara á comarca do Bierzo, e que permanecen paralizadas no territorio lucense. Mellorar as infraestruturas viarias para garantir maior seguranza e reducir o número de accidentes. Especial atención, pola súa vulnerabilidade, deben ter as motocicletas e as bicicletas, particularmente no que atinxe aos sistemas de protección (espazos delimitados, gardarraís seguros, pintura antiderrapante...). O obxectivo da circulación con seguranza debe ser abordado tamén no ámbito da formación e da regulación do tránsito.
Transferir a Galiza as competencias en ordenación de tráfico e seguridade viaria, atendendo á necesidade deseñar e poñer en práctica accións para mellorar a seguridade e a xestión do conxunto da rede de estradas existentes no país. Dar continuidade ao proxecto de construcción da A56 entre Lugo e Ourense. 5.3. PORTOS E AEROPORTOS Reclamar a transferencia a Galiza da competencia sobre os aeroportos galegos, para a súa xestión integral co fin de artellar un sistema aeroportuario integral galego, baseado na especialización, na creación de sinerxías e na complementariedade dos tres aeroportos, así como demandar a mellora e a modernización das súas instalacións. Ademais disto reverter e asegurar o control e a xestión pública das torres de control para garantir a seguridade aérea. Instar a transferir ao Goberno galego os portos de interese xeral en Galiza, como son os de Vigo, Marín,
Vilagarcía de Arousa, A Coruña e Ferrol-San Cibrao. Neste último é preciso así mesmo lograr a liberalización do porto de Morás e abrilo ao tráfico e ao transporte de mercadorías. Dotar os distintos portos galegos dunha intermodalidade real e de conexión de transporte ferroviario e de autoestradas viarias para lograr un transporte de mercadorías moderno, acelerando INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL · 63
Página 64 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialactuacións como a renovación do acceso ferroviario ao porto de Ferrol e a conexión do porto de Langosteira. Demandar a incorporación dos portos galegos de interese estatal actualmente excluídos da Rede Básica Transeuropea de Transporte. INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL · 64
Página 65 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial6. FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA O sistema económico capitalista baseado na acumulación, no incremento exponencial do consumo e na extracción masiva de recursos naturais contribuíu decisivamente á aceleración e agravamento dos procesos de degradación ambiental: perda de biodiversidade, deterioro dos ecosistemas e das paisaxes, proliferación de especies invasoras, contaminación do solo, do ar e das augas, etc. Xunto con estes procesos, a cara máis visíbel da crise ecolóxica é a mudanza do clima, que deriva en emerxencia pola proliferación de fenómenos meteorolóxicos extremos (incremento das temperaturas medias, ondas de calor recorrentes, episodios de seca continuada, sucesión de temporais e chuvias torrenciais…) e as súas consecuencias devastadoras para a saúde, a vida, os ecosistemas, as infraestruturas, as emerxencias ou as actividades económicas. A recorrencia e
intensidade dos grandes incendios forestais constitúe a manifestación máis evidente dos riscos extraordinarios para a poboación, os núcleos habitados, a biodiversidade ou a economía. Desde o BNG rexeitamos e combatemos estes sistema que pon en risco a vida das persoas e ameaza o futuro do planeta. Asumimos que estamos diante dun reto de máxima relevancia ao que temos que dar unha resposta acaida como sociedade e como país. Unha resposta que poña o foco nas causas estruturais desta crise, que sinale e combata a quen pretende incrementar os lucros a costa da emerxencia e que propoña unha alternativa -sustentábel e autocentrada- ao espolio colonial dos nosos recursos e da nosa riqueza. Por iso, o BNG aposta por unha Galiza con plena capacidade para decidir en materia ambiental, que poida aplicar políticas avanzadas e transformadoras neste ámbito. Defenderemos en todos os ámbitos, e
nomeadamente nas Cortes, a superación dun modelo dependente e extractivo que converteu a Galiza en fornecedora de materias primas e enerxía, con altísimos custos sociais e ambientais. Asemade, combaterá un sistema económico e social baseado no espolio dos recursos naturais, no hiperconsumismo, na cultura de “usar e descartar”, no descontrol e dispendio de recursos como a auga ou a enerxía, e na xeración excesiva de residuos. FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA · 65
Página 66 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialTomaremos parte activa na defensa de medidas de resposta á emerxencia ambiental e á crise climática, á perda de biodiversidade, á degradación e á fragmentación de hábitats, ao risco de grandes incendios, á contaminación do ar, dos solos e do medio urbano ou aos problemas derivados da escaseza de auga, tanto para o consumo humano como para as actividades económicas. Como criterios xerais, defenderemos a aplicación rigorosa do principio de precaución en todas aquelas actuacións que poidan xerar danos no medio e perdas de biodiversidade, a prevención contra o cambio climático, a xestión circular e de proximidade, a corresponsabilidade e a obriga de internalizar os custos ambientais nas actividades contaminantes. En consecuencia, defenderemos as seguintes liñas de actuación: 1) En materia competencial: Somos conscientes de que no actual escenario político o Estado mantén o control de
decisións políticas e normas legais que afectan de maneira moi directa o medio. Por iso defenderemos: O traspaso a Galiza de todas as competencias en materia de ambiente; nomeadamente as seguintes: Costas, Salvamento Marítimo e loita contra a contaminación, servizos de meteoroloxía, centros de investigación, portos de interese xeral e bacías hidrográficas. A desafección do uso militar de espazos costeiros, castelos e da illa de Tambo, e transferencia da súa titularidade a Galiza. A reforma de normas que invaden competencias de noso como son a Lei de costas, a Lei de cambio climático, a Lei de avaliación ambiental, Lei de patrimonio natural e a Lei de parques nacionais. 2) En materia de tramitación ambiental de plans e proxectos, traballaremos para garantir a participación social, a información pública e o procedemento de avaliación ambiental, nomeadamente na tramitación de proxectos
industriais de implantación de enerxías renovábeis e nos proxectos de explotación de recursos minerais. FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA · 66
Página 67 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial3) En materia de patrimonio natural e biodiversidade: Garantir a aplicación dos acordos internacionais, o Convenio sobre Diversidade Biolóxica e os acordos da COP 15, Marco Mundial de Biodiversidade Kunming-Montreal, adoptado en 2022 para deter e reverter a perda de biodiversidade para 2030, que se concretan nas seguintes metas logo da revisión levada a cabo na COP 17 (2026) Conservar polo menos o 30% das zonas terrestres, mariñas e costeiras. Restaurar polo menos o 20% dos ecosistemas degradados. Reducir á metade a introdución de especies exóticas invasoras. Reducir á metade a perda de nutrientes e en dous terzos os produtos químicos e praguicidas. Transferir a Galiza dos recursos financeiros destinados á protección da biodiversidade, especies ameazadas, espazos naturais e rexeneración de espazos degradados. Desenvolver plans de protección e preservación das especies mariñas protexidas,
procurando a súa compatibilidade coas actividades económicas e sociais tradicionais. Limitar e controlar estritamente a importación de especies foráneas, sementes de moluscos etc., para a repoboación, e potenciación dos ciclos pechados para a produción de especies autóctonas e a repoboación como método de recuperación de recursos. Poñer en marcha de xeito efectivo dunha rede de alerta temperá ante especies invasoras. Desenvolver labores de seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas, así como medidas paliativas, en consonancia coa lexislación vixente e coas directivas europeas. 4) En materia de ordenación, xestión e protección do litoral e do medio mariño: En tanto que Galiza non teña competencias plenas sobre a ordenación e xestión do dominio público marítimo terrestre (DPMT), impulso das reformas legais (lei e regulamento xeral de costas, lei de cambio climático) que teñan en conta as FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA · 67
Página 68 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialcaracterísticas diferenciais da costa galega, as actividades tradicionais e sustentábeis do complexo mar industria e a incidencia do cambio climático. Revisión do deslinde do DPMT para o recoñecemento dos asentamentos urbanos tradicionais. Recoñecer a titularidade do monte comunal dentro da zona de dominio público marítimo terrestre e do deslinde de costas, sometida, en todo caso, aos límites de uso e autorizacións que correspondan ás súas características específicas. Poñer en marcha de medidas estabelecidas na Estratexia do Medio Mariño, co fin de avanzar na recuperación do estado do medio, así como da conservación das especies e dos recursos naturais. Impulsar o saneamento integral real a través de redes separativas e enerxeticamente eficientes de saneamento e da rexeneración das rías galegas, transferindo a Galiza os recursos necesarios, así como a capacidade para a planificación,
deseño, aprobación e a execución das infraestruturas hidráulicas que actualmente ten atribuídas o Goberno central. Crear unha rede equipada de bases de loita contra a contaminación do medio mariño ao longo de todo o corredor marítimo fronte á costa galega. Revisar e derrogar a prórroga concedida a ENCE na ría de Pontevedra por contravir a normativa de Costas, a directiva europea de servizos e o Plan de Ordenación do Litoral (POL), e impulso da rexeneración da ría de Pontevedra e do dominio público marítimo terrestre. Recuperar e rexenerar os terreos en dominio público marítimo terrestre ocupados pola Xunta e o Estado no ENIL da Xunqueira do Alba (Pontevedra). Demandar un programa permanente de inspección e seguimento do estado e seguridade do vertedoiro de 140.000 toneladas de residuos nucleares na Foxa Atlántica, a 600 km da costa galega. 5) En relación co monte e coa política forestal:
Recoñecer xuridicamente a propiedade comunal do monte, mediante a modificación do Código Civil, co obxectivo de que se recoñeza de maneira expresa a propiedade de carácter colectivo ou comunitario como unha realidade xurídica diferente da titularidade pública e da privada. Este FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA · 68
Página 69 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialrecoñecemento ten unha importancia capital en Galiza posto que os montes veciñais en mancomún supoñen a cuarta parte do territorio (case 700.000 hectáreas), constitúen un sinal de identidade territorial e sociocultural e son ademais un motor de desenvolvemento económico e produtivo. Aprobar medidas fiscais que incentiven o uso e aproveitamento multifuncional do monte por parte de agrupacións de propietarios particulares e comunidades de montes. Transformar o modelo de mercantilización da captura de CO2 (sistema de compra de créditos de carbono por parte de empresas contaminantes) cara a sistemas de compensación pola prestación de servizos ecosistémicos (preservación de ecosistemas de alto interese, prevención do cambio climático, conservación e protección dos recursos hídricos, conservación do bosques maduros, prevención da erosión, da degradación e da artificialización de solos,
incremento da superficie agraria útil e da produción sustentábel de alimentos, usos socioculturais e de lecer…). Considerar as diferentes variedades de eucalipto como especie exótica invasora e inclusión no correspondente catálogo, coa conseguinte limitación do seu cultivo para garantir a protección do solo e das reservas de auga, a conservación da biodiversidade e a protección fronte aos incendios forestais. Aprobar medidas encamiñadas a frear a acaparación de terras, nomeadamente de terreos de monte, para a implantación de macroproxectos forestais, enerxéticos e mineiros de carácter extractivo e depredador. 6) En materia de residuos e contaminación dos solos: Impulsar políticas de redución, recuperación e reciclaxe de residuos e priorización da compostaxe dos biorresiduos (primando os tratamentos de proximidade) coa correspondente transferencia de recursos ás entidades locais.
Impulsar a implantación do sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR) para os envases, superando os atrancos e o boicot por parte de entidades de xestión. Desenvolver plans de recuperación de solos contaminados. Vixiar exhaustivamente e estabelecer sancións a toda empresa que utilice residuos en novos produtos, nomeadamente asfálticos, que non conten con garantías ambientais, que non se sometan a procesos regulados de inertización. FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA · 69
Página 70 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialAplicar medidas de medidas de redución do tránsito motorizado e de fomento da mobilidade amábel (modelo Pontevedra) fronte a restricións relacionadas co tipo e coa antigüidade dos vehículos, que xeran discriminacións de acceso por nivel de renda. Artellar medidas económicas que permitan aos concellos dar cumprimento á Orde ministerial do 7 de Decembro de 2001, pola que se modifica o anexo I do Real Decreto 1406/1989, de 10 de Novembro, sobre limitacións e comercialización de certas sustancias perigosas, nomeadamente o abesto. Reformar a normativa básica que regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición (Real Decreto 105/2008), e a que regula a xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (Real Decreto 975/2009) para evitar a utilización de inertes mesturados e outros materiais
potencialmente contaminantes na “restauración” de canteiras, que na práctica se converten en enormes vertedoiros encubertos. FRONTE Á CRISE AMBIENTAL E A EMERXENCIA CLIMÁTICA · 70
Página 71 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial7. LINGUA E CULTURA A plena normalización da nosa lingua é un obxectivo prioritario e que debe ser asumido como tal por todas as Administracións públicas e polo conxunto da nosa sociedade. Porén, a Administración do Estado é unha fonte permanente de trabas e de obstáculos para o uso do galego con normalidade e para o respecto dos dereitos lingüísticos de galegas e dos galegos. Nese sentido, en canto Galiza non tiver a plena capacidade de decidir sobre a política lingüística necesaria para garantir a normalización, o BNG traballará por: Impulsar un plan estatal de apoio aos medios de comunicación en linguas minoradas. Garantir a presenza regular da lingua e das producións culturais galegas na RTVE, tanto nas desconexións para Galiza como na programación para todo o Estado. Incrementar as horas de desconexión territorial en galego na TVE, no horizonte de crear un novo canal de TV en
galego. Recuperar a Radio4, emisora da RNE en galego. Incluír o galego como opción na programación do ClanTV. Garantir e incrementar a liña de axudas dirixida especificamente a longametraxes, curtametraxes e producións audiovisuais en galego por parte do Ministerio de Cultura. Reformar a Lei do audiovisual para garantir a plena igualdade de todas as linguas oficiais do Estado. Exixir ás plataformas a dispoñibilidade das producións do seu catálogo con dobraxe e lexendaxe en galego, especialmente nos contidos dirixidos ao público infantil, ademais de mellorar a definición e regulación das produtoras independentes e a promoción e normalización da lingua galega no mundo audiovisual. Impulsar os convenios para o ensino do galego como segundo idioma na educación secundaria e nas Escolas Oficiais de Idiomas noutros territorios do Estado. De forma especial, garantir a sinatura de convenios para
ensino do galego en toda a etapa educativa nos territorios galegofalantes de comunidades limítrofes. Aumentar o cofinanciamento das institucións lingüísticas e culturais do noso país. LINGUA E CULTURA · 71
Página 72 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialGarantir unha liña de axudas específica para a creación literaria en galego, eliminando o requisito de ter que entregar traducidas esas obras ao español. Demandar a catalogación e dixitalización do patrimonio documental galego depositado en arquivos institucionais de fóra de Galiza para favorecer o coñecemento, a divulgación e a investigación. Impulsar o coñecemento, a divulgación e a convivencia das diferentes expresións culturais en galego, en pé de igualdade coas restantes do Estado, e contribuír ao posicionamento a nivel internacional. Asegurar a plena normalización do uso da lingua galega por parte da Administración central, encomezando polo coñecemento do galego entre o funcionariado para así garantir os dereitos lingüísticos na relación entre esta e as empresas que traballan para ela. Garantir o estrito respecto da nosa toponimia por parte de todos os organismos da administración
do Estado, así como exixir o respecto pola legalidade por parte das apps de xeolocalización que seguen a utilizar nomenclatura deturpada. Realizar as mudanzas legais precisas para oficializar na súa orixinalidade galega a toponimia marítima na costa galega: nomes de distritos e provincias marítimas, matriculación de embarcacións e cartografía marítima e cartas náuticas, avisos a navegantes, e denominación dos accidentes xeográficos (nomes das rías, illas, puntas, cantís, etc.). Impulsar as modificacións legais para que, de acordo con todas as ferramentas tecnolóxicas hoxe dispoñíbeis, a documentación en galego sexa aceptada como oficial para calquera xestión coa Administración Xeral do Estado. Cumprir coa oficialidade do galego na Administración de Xustiza, no horizonte de promovelo a lingua preferente nas resolucións, comunicacións e notificacións de oficio dos órganos administrativos.
Impulsaranse plans piloto, formación e incentivos profesionais para garantir a oficialidade real do galego. Garantir a dispoñibilidade plena do galego en toda a Administración Xeral do Estado e nas súas plataformas dixitais, habilitando a opción de galego en todas as tramitacións telemáticas, formularios, notificacións e canles de atención de todos os organismos estatais, en igualdade real de condicións co castelán, tanto na web como nas aplicación móbeis e nos sistemas de identificación e sinatura dixitais. LINGUA E CULTURA · 72
Página 73 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialGarantir que todos os sistemas de IA, atención automatizada e administración dixital do Estado funcionen plenamente en galego (chatbots, asistentes virtuais, formularios intelixentes etc). Promover liñas específicas de financiamento para garantir actualización en galego de tecnoloxías da fala, modelos de lingua, ferramentas educativas dixitais etc. Garantir o dereito a estudar e realizar os exames da UNED en galego. Incluír o galego como materia optativa na rede de centros da Acción Educativa Exterior. Garantir o dereito a acceder á documentación e trámites administrativos en galego nos consulados españois no estranxeiro. Ingreso da Galiza como Membro asociado da UNESCO e da OMT, alén de ser parte tamén noutras organizacións internacionais que traballan no ámbito histórico, lingüístico e cultural. Oficialidade plena do galego na Unión Europea. Desde o Instituto Cervantes: Garantir unha
oferta regular e non puntual de cursos de galego (presenciais e en liña) en centros estratéxicos e por faixas horarias accesíbeis. Impulsar módulos formativos sobre a diversidade de linguas do Estado español. Desenvolver unha liña anual e regular de actividades culturais en galego (literatura, cinema, música, ciencia etc). Reforzar os fondos bibliográficos e dixitais en galego en todas as bibliotecas do Instituto Cervantes. Nas relacións coa Lusofonía: Recoñecer e impulsar o papel de Galiza como ponte natural co espazo lusófono, promovendo políticas de cooperación cultural, educativa, comunicativa e económica cos países de lingua portuguesa, aproveitando o potencial do galego como valor estratéxico internacional. Débense remover as trabas e garantir os instrumentos precisos para facer efectiva esa cooperación. Exixir o cumprimento dos acordos parlamentares para a recepción dos medios públicos audiovisuais de Portugal en LINGUA E CULTURA · 73
Página 74 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialGaliza, no cadro da cooperación cos países da Lusofonía para as relacións reciprocamente beneficiosas entre as nosas culturas. Garantir a presenza de Galiza na participación do Estado español na CPLP, incorporando ás delegacións e grupos de traballo persoas expertas galegas, e desenvolvendo unha axenda estábel orientada á promoción do galego e á cooperación con Portugal, Brasil, os PALOP e demais territorios da CPLP. Explorar e promover, en diálogo coa CPLP e cos Estados membros, as vías para unha presenza directa de Galiza, e instar o Estado español a non bloquear e apoiar esa presenza. LINGUA E CULTURA · 74
Página 75 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial8. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANTIDOS A soberanía dixital é clave para a democracia, unha economía propia e a continuidade cultural de Galiza. Fronte ao control corporativo, cómpre un modelo que xestione os datos para o ben común, aplique garantías democráticas á IA e poña as infraestruturas ao servizo do desenvolvemento social, industrial e ambiental da nosa terra. Por iso, o BNG defenderá no Congreso unha política soberanista que democratice a tecnoloxía con infraestruturas públicas, protexa a cidadanía dos algoritmos e garanta o galego no ecosistema dixital. Reivindicamos o dereito a deseñar un sistema propio baseado na tecnodiversidade. Mentres Galiza non poida decidir plenamente sobre a súa esfera dixital, impulsaremos no Estado as seguintes medidas: 8.1 Soberanía dixital, competencias e desenvolvemento dun ecosistema galego de
intelixencia artificial Transferencia de competencias e recursos. Reclamar a transferencia das competencias exclusivas do Estado en telecomunicacións, espazo audiovisual, infraestruturas dixitais, ciberseguridade e certificación da identidade, xunto cos correspondentes fondos e medios. Dereito á soberanía dixital. Impulsar no Congreso o recoñecemento do dereito dos pobos a determinaren a súa esfera dixital e a garantiren a representación das súas diferenzas culturais e produtivas como un dereito humano e colectivo básico. Financiamento dun ecosistema público galego de IA. Reclamar do Estado os recursos necesarios para desenvolver un ecosistema galego de intelixencia artificial orientado á tecnodiversidade e aos grandes retos económicos, sociais, culturais e ambientais do noso país. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 75
Página 76 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialIA distribuída e modelos especializados. Redirixir os fondos públicos de innovación cara á intelixencia artificial distribuída e a modelos de linguaxe pequenos e especializados, executábeis en infraestruturas locais de baixo consumo enerxético e con aprendizaxe federada que preserve a privacidade. Tecnoloxía adaptada á realidade produtiva. Fomentar sistemas deseñados para o traballo común entre persoas e a IA que aumenten a produtividade da pequena e mediana produción e da economía dos coidados, rexeitando a substitución de actividades humanas e excluíndo os usos militares e armados. Fortalecemento da investigación e innovación. Garantir financiamento estrutural estábel para o ecosistema galego de pequenas e medianas empresas tecnolóxicas e para os grupos de investigación punteiros en tecnoloxías cuánticas, biotecnoloxía, saúde e sector espacial. 8.2. Dereitos civís, garantías
democráticas e control público dos algoritmos A implantación da intelixencia artificial non pode soster decisións automáticas opacas nin reducir as garantías democráticas. A cidadanía debe coñecer cando intervén un algoritmo e dispoñer de mecanismos para comprender, revisar e impugnar as decisións que afectan os seus dereitos. Lei de transparencia algorítmica e supervisión humana. Promover un marco regulatorio estatal que garanta o dereito a recibir información inmediata, comprensíbel e sobre os criterios aplicados cando unha decisión relevante sexa adoptada total ou parcialmente por sistemas automatizados nas administracións públicas ou grandes empresas de servizos esenciais (banca, seguros e telecomunicacións). Dereito de veto algorítmico. Prohibir que as resolucións administrativas ou económicas críticas se executen sen unha revisión final, vinculante e asumida por persoal técnico ou
funcionario competente, evitando que unha máquina substitúa a responsabilidade humana. Auditorías públicas antisesgo. Crear mecanismos públicos de inspección e auditoría dos algoritmos de interese xeral para detectar e corrixir nesgos de xénero, clase, orixe ou territorialidade que provoquen discriminacións. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 76
Página 77 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialRexistro estatal de sistemas algorítmicos. Crear un rexistro público dos sistemas de IA empregados na adopción de decisións públicas e prohibir que a concesión ou denegación de prestacións sociais ou dereitos fundamentais dependa de automatismos sen intervención humana efectiva. Supervisión previa dos sistemas de risco sistémico. Obrigar a que os modelos de IA e redes sociais de risco sistémico se sometan á avaliación de organismos públicos independentes antes de saíren ao mercado. Reclamar financiamento para que as nacións do Estado conten con organismos propios de supervisión. Limitación da vixilancia biométrica. Estabelecer límites estritos ao recoñecemento facial e á vixilancia biométrica masiva en espazos públicos, vetando a policía preditiva e o uso da IA para substituír as decisións xudiciais. Prohibición de decisións letais automatizadas. Defender a prohibición internacional e
estatal do uso de IA para seleccionar obxectivos en conflitos armados; as máquinas non poden decidir sobre a vida e a morte das persoas. Protección dos neurodereitos. Impulsar lexislación que garanta a privacidade mental e a libre determinación da identidade fronte á manipulación ou ao rexistro neurocognitivo por parte de corporacións ou Estados. 8.3. Lingua galega, patrimonio cultural e intelixencia artificial soberana O galego debe estar presente en condicións de igualdade no desenvolvemento da intelixencia artificial e dos servizos dixitais para evitar que o noso futuro dependa de ferramentas privadas que o marxen ou reproduzan nesgos alleos á nosa realidade cultural. Financiamento das tecnoloxías da lingua. Reclamar partidas orzamentarias estatais específicas e proporcionais para a rexeneración dixital do galego, incluíndo modelos de linguaxe de gran escala públicos, corpus
lingüísticos e ferramentas de procesamento de texto e voz. Plena dispoñibilidade do galego. Esixir ás plataformas dixitais a incorporación efectiva e de calidade do galego (en texto e voz) en sistemas operativos, aplicacións e modelos de IA, en igualdade co resto de linguas oficiais. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 77
Página 78 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialCooperación galego-portuguesa. Aproveitar o espazo lingüístico galego-portugués para compartir recursos tecnolóxicos e corpus. En cumprimento da Lei Paz-Andrade, garantir o acceso algorítmico por defecto aos contidos e medios de comunicación de Portugal e do Brasil, e viceversa. Dereito a modelos adaptados á nosa cultura. Promover o dereito dos pobos a exixiren versións dos grandes modelos de IA adaptadas á súa propia cultura, adestradas cos seus propios corpus e aliñadas cos seus consensos democráticos. Ciencia aberta e retorno social. Modificar a Lei da Ciencia para que o software, algoritmos, patentes e propiedade intelectual derivados de proxectos financiados con fondos públicos ou desenvolvidos nas universidades públicas galegas e empresas se liberen baixo licenzas abertas, evitando a súa captura por parte de monopolios privados. 8.4. Datos e coñecemento en man común Os datos
xerados colectivamente pola cidadanía, polas Pemes e polas comunidades constitúen unha fonte de valor económico e social que non pode quedar sometida en exclusiva aos intereses das corporacións transnacionais. Defendemos modelos que manteñan a propiedade, o control e o valor dos datos no territorio onde se producen. Desenvolvemento de cooperativas de datos. Impulsar no Estado a lexislación europea sobre goberno de datos —Regulamento (UE) 2022/868— mediante normativa e financiamento específicos para fórmulas de xestión colectiva. Datos colectivos como ben común. Promover unha xestión democrática da información xerada por comunidades e Pemes, co obxectivo de preservar os dereitos das comunidades produtoras e evitar a apropiación unilateral do seu valor por parte de terceiros. Acceso común ao coñecemento. Instar o Goberno do Estado a defender ante a Unión Europea e os organismos
internacionais a declaración do coñecemento xeral da humanidade como un ben en man común. Modelos de IA e coñecemento universal. Promover que os modelos de IA de risco sistémico adestrados con coñecemento de DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 78
Página 79 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialinterese común se poidan liberar de xeito seguro para o uso das distintas culturas, impedindo que a carreira pola hexemonía tecnolóxica bloquee o acceso compartido. Goberno democrático dos datos. Desenvolver instrumentos que garantan a participación das comunidades nas decisións sobre o uso e a reutilización dos datos colectivos, asegurando que os beneficios e o valor revertan no propio territorio. 8.5. Infraestruturas públicas, nube soberana e autonomía tecnolóxica A dependencia das multinacionais para almacenar e procesar información pública compromete a autonomía das administracións, encarece as licenzas e expón datos sensíbeis a marcos xurídicos estranxeiros. Galiza precisa infraestruturas públicas propias para decidir sobre a custodia e o tratamento da súa información estratéxica. Rede pública de almacenamento e computación. Impulsar unha lei de infraestruturas dixitais de
propiedade pública e crear unha rede estatal de almacenamento e computación como alternativa soberana ás nubes privadas transnacionais. Nube pública galega. Reclamar a transferencia directa de fondos europeos e estatais de dixitalización para que Galiza desenvolva a súa propia infraestrutura pública de servidores, adaptada ás necesidades das administracións, universidades, servizos públicos e do noso tecido produtivo. Custodia pública de datos estratéxicos. Garantir por lei que os datos sanitarios do SERGAS, educativos e expedientes administrativos se custodien e procesen baixo estrito control público, seguridade e protección de dereitos. Reforma da contratación pública. Modificar a Lei de Contratos do Sector Público e o Esquema Nacional de Seguridade para reducir a dependencia de software privativo extraeuropeo, favorecendo o código aberto, as nubes públicas certificadas e a capacidade
de auditoría. Protección fronte á lexislación extraterritorial. Avaliar e limitar os riscos de contratar provedores tecnolóxicos sometidos a leis de terceiros Estados —como a CLOUD Act estadounidense— que os obriguen a entregar información ao seu goberno, blindando a normativa europea de protección de datos. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 79
Página 80 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialLingua e cultura na contratación tecnolóxica. Esixir en cada contrato público de software a presenza adecuada do galego e da nosa cultura, garantindo financiamento para nubes públicas federadas que permitan compartir capacidades entre administracións sen perder identidade. Compra pública para a soberanía dixital. Orientar os investimentos cara a solucións que fortalezan as capacidades tecnolóxicas propias, favorezan a participación das Pemes locais e eviten dependencias estruturais dun oligopolio de provedores. 8.6. Redes sociais ao servizo das persoas e liberdade de elección dixital As plataformas dixitais non deben organizarse para maximizar o tempo de uso, captar datos de comportamento ou condicionar condutas. Fronte a un negocio baseado na explotación da atención, defendemos servizos dixitais transparentes, interoperábeis e sometidos a garantías democráticas. Limitación de
algoritmos manipulativos. Esixir ao Goberno do Estado un papel pioneiro na Unión Europea para limitar os algoritmos e os deseños que maximizan de forma deliberada o tempo de uso mediante condutas adictivas. Economía da intención. Favorecer a transición cara a un modelo dixital no que as persoas decidan libremente a información que reciben, evitando que os seus intereses sexan delegados en algoritmos comerciais. Interoperabilidade de redes sociais. Impor a interoperabilidade das redes sociais e servizos de mensaxería mediante protocolos abertos e federados, permitindo comunicarse con usuarios doutras plataformas e mudar de servizo sen cancelas tecnolóxicas. Alternativas abertas e descentralizadas. Favorecer o desenvolvemento de servizos dixitais abertos, federados e comunitarios para reducir a dependencia das grandes corporacións e potenciar a capacidade de decisión cidadá. Transparencia
e pluralismo. Reforzar as garantías e auditorías sobre o funcionamento dos sistemas de recomendación para coñecer os criterios que condicionan a visibilidade e a circulación dos contidos en Internet. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 80
Página 81 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial8.7. Fiscalidade e retorno social do valor dixital O modelo de negocio das multinacionais tecnolóxicas xera inxentes beneficios privados a partir de recursos e información que proceden do conxunto da sociedade. Cómpre estabelecer mecanismos fiscais e de control que garantan unha xusta redistribución de devandito valor e axuden a financiar as nosas propias infraestruturas públicas. Fiscalidade do capitalismo de vixilancia. Promover no marco estatal e europeo a tributación do negocio baseado na extracción masiva de datos, gravando esta actividade segundo o volume real de persoas usuarias en cada territorio. Retorno fiscal ás comunidades. Reclamar que a recadación derivada destes impostos tecnolóxicos se transfira ás comunidades para financiar infraestruturas dixitais públicas, servizos de interese xeral e espazos de datos en man común. Tributación efectiva contra a elusión. Defender
medidas estritas contra a enxeñaría fiscal e a concentración de beneficios das grandes plataformas, obrigándoas a contribuír de forma xusta aos servizos públicos dos territorios onde operan. Financiamento de capacidades propias. Vincular as políticas fiscais e de investimento público ao desenvolvemento dunha economía dixital soberana que apoie a innovación, o software libre e o tecido de pequenas e medianas empresas galegas. 8.8. Sustentabilidade ambiental e loita contra o extractivismo dixital A expansión das infraestruturas dixitais non pode xustificar a sobreexplotación dos recursos naturais nin o consumo insostíbel de auga e enerxía. A implantación de centros de datos e a extracción de minerais críticos deben estar subordinadas á planificación pública, á sustentabilidade e ao retorno social e industrial do noso país. Reforma da Lei de Telecomunicacións e do Sector Eléctrico. Impulsar
cambios normativos estatais para estabelecer límites estritos e vinculantes á implantación de macrocentros de datos privados, garantindo a súa compatibilidade coas necesidades do territorio. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 81
Página 82 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialAuditorías hídricas e ambientais. Condicionar calquera proxecto tecnolóxico a unha avaliación rigorosa que garanta que o seu consumo de auga non sature os acuíferos nin prexudique o abastecemento da poboación e dos ecosistemas. Enerxía renovábel e capacidade da rede. Esixir que estas grandes infraestruturas se abastezan ao 100% con enerxías renovábeis de nova xeración propias, impedindo que saturen a rede pública ou despracen outros usos prioritarios. Aproveitamento obrigatorio de calor residual. Promover o uso obrigatorio da calor xerada polos centros de datos para abastecer industrias, servizos públicos ou redes de calefacción locais, revertendo de xeito produtivo no territorio. Participación, canon e retorno territorial. Estabelecer plans industriais vinculantes e un canon específico por capacidade instalada que vaia destinado integramente a financiar a transición dixital e o
desenvolvemento local das comunidades afectadas. Fin dos enclaves extractivos dixitais. Opoñerse ao sovereignty washing de multinacionais que usan os recursos galegos sen xerar valor engadido real. Baixo estes criterios de control e sustentabilidade examinaranse proxectos como o centro de datos de Curtis vinculado a Microsoft. Minerais críticos e transformación industrial. Promover normativa para que os proxectos de minería estratéxica de transición dixital (como o litio ou o cobre) estean condicionados por lei á súa transformación industrial e á creación de valor tecnolóxico en Galiza. Cohesión contra os custos ambientais. Impor criterios de proximidade enerxética e compatibilidade ambiental para evitar un modelo asimétrico onde os custos ecolóxicos queden en Galiza mentres os beneficios económicos fuxen fóra. 8.9. Galiza como nodo de interconexión dixital atlántico Galiza dispón dunha
posición estratéxica na fachada atlántica ideal para coliderar un ecosistema dixital propio, cooperar co norte de Portugal e crear actividade tecnolóxica de alto valor. Esta oportunidade debe aproveitarse cun modelo de infraestruturas ao servizo do desenvolvemento económico do DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 82
Página 83 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialnoso país, rexeitando que sexamos unha mera zona de paso ou de consumo asimétrico de recursos. Amarre de cables submarinos internacionais. Impulsar desde o Estado a posición xeoestratéxica de Galiza como nodo de interconexión atlántico, promovendo activamente o amarre de cables submarinos internacionais na costa galega baixo estritos criterios de sustentabilidade ambiental. Corredor dixital atlántico. Promover un corredor de conectividade e alta tecnoloxía co norte de Portugal e a cornixa cantábrica que favoreza o intercambio científico, a cooperación en innovación e o pulo a un tecido de Pemes de alto valor engadido. Planificación territorial de infraestruturas. Reclamar que a lexislación estatal subordine os centros de datos á planificación e control das administracións territoriais competentes, garantindo que sirvan para potenciar os ecosistemas produtivos locais. Retorno industrial e
valor engadido. Orientar todas as novas redes e infraestruturas atlánticas cara á creación de actividade industrial real, o fortalecemento da investigación pública e a innovación, asegurando que a nosa xeografía se traduza en capacidade efectiva de decisión. DEMOCRACIA E SOBERANÍA DIXITAL: INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS PROPIAS E DEREITOS GARANT… · 83
Página 84 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial9. POLÍTICAS PARA A MOCIDADE O contexto político, económico e social de 2026, marcado pola precariedade, as dificultades de acceso á vivenda, a emigración forzosa e a escalada bélica internacional impulsada por intereses imperialistas, evidencia a necesidade dunha alternativa desde unha perspectiva nacionalista. Nunha Galiza sometida á dependencia e á subordinación colonial do Estado español, a mocidade sofre as consecuencias dun modelo que limita as súas oportunidades e compromete o seu futuro. Consecuencia disto a mocidade do noso país padece de salarios máis baixos, precariedade, desemprego, a imposibilidade de acceder a unha viveda digna e o empobrecemento xeralizado da poboación que lle afecta de maneira especial. Fronte a esta realidade, defendemos a soberanía nacional como ferramenta para garantir os dereitos da mocidade. Queremos construír unha Galiza máis xusta e igualitaria, na
que poidamos xestionar todalas políticas públicas do noso país tendo en conta as problemáticas concretas da nosa mocidade, que requiren de solucións específicas, como forma de asegurar un futuro onde poder vivir, traballar e desenvolver o noso proxecto de vida na nosa terra. Propomos: Deseñar políticas de fomento do emprego xuvenil coa finalidade de crear emprego estábel e unhas condicións laborais dignas, tendo como obxectivo prioritario a igualdade de condicións e oportunidades das mozas e dos mozos galegos. Fomentar axudas directas para a incorporación da mocidade no sector primario e medidas complementarias para as que continúan a súa actividade, así como un apoio eficaz e un reforzo nas axudas e no asesoramento para tomar a remuda nas explotacións. Garantir o respecto aos tempos de descanso, evitando comunicacións e esixencias laborais fóra da xornada de traballo. Promover o emprego
xuvenil vinculado á transición enerxética xusta, á conservacación ambiental e á recuperación dos POLÍTICAS PARA A MOCIDADE · 84
Página 85 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialecosistemas, garantindo que Galiza poida decidir sobre os seus recursos naturais. Garantir o acceso da mocidade como un dos actores prioritarios ao parque de vivenda pública. Esixindo urxentemente ao Estado a transferencia de todos os activos da SAREB á Xunta de Galiza para destinalos á promoción de vivenda pública, sobre todo en réxime de aluguer, sendo a mocidade un dos actores de acceso prioritario a estas vivendas. Estabelecer medidas contra a discriminación de persoas novas no acceso á vivenda por non dispoñeren de avais familiares ou por ter contratos laborais temporais. Garantir oportunidades de emprego, vivenda e emprendemento no rural, mediante un programa de rehabilitación de vivendas baleiras, mellorando os servizos públicos, o transporte e a conectividade. Garantir que exista unha oferta real de contidos audiovisuais en lingua galega, tanto nas plataformas audivisuais, de
streaming, coma nos videoxogos; vixiando o crumprimento efectivo da Lei do Audiovisual. Transferencia plena das competencias de ensino á Galiza para poder contar cun ensino público e de calidade adaptado ás nosas características nacionais e en especial á realidade sociolaboral da mocidade galega. Transferencias das competencias das bolsas universitarias á Xunta de Galiza, superando o actual modelo de distribución entre a poboación e garantindo así o acceso á ensinanza superior. Supresión das taxas de reposición para garantir estabilidade ao novo profesorado investigador e asegurar a remuda xeracional. Reverter os aspectos lesivos mantidos ou introducidos pola nova lexislación en materia de ensino na LOMLOE, LOSU e Lei de FP. Garantir a remuneración das prácticas, asegurando que sexan unha experiencia formativa e de aprendizaxe para as estudantes e non unha substitución dun traballador ou
traballadora, evitando a precarización da mocidade no ámbito laboral. Equiparar os dereitos laborais e a remuneración dos contratos de formación como en calquera actividade laboral. POLÍTICAS PARA A MOCIDADE · 85
Página 86 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialDesenvolver un plan de choque para o retorno das persoas mozas emigradas, garantindo unha inserción laboral e un acceso á vivenda dignos. Recoñecer o dereito das mozas e dos mozos de 16 e 17 anos a poderen votar nas diferentes convocatorias electorais. Destinar 1 % dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) a políticas para a mocidade, transferindo os fondos ás comunidades autónomas para que estas poidan deseñar políticas adaptadas aos intereses da súa mocidade. Promover e elaboración dun plan de prevención e erradicación das violencias machistas e LGBTIfóbicas. Elaboración dun protocolo estatal para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e o ciberacoso. Impulso dun plan de prevención e actuación para a saúde mental dirixido á mocidade, destinando recursos económicos e materiais suficientes para o seu tratamento. Abolición permanente do servizo militar obrigatorio, rachar co
modelo de suspensión do servizo estabelecido no ano 2001 e eliminar da lexislación a posibilidade da súa restitución. Promover o transporte colectivo entre a mocidade menor de 30 anos a través de bonificacións nas viaxes en transporte por estrada e por ferrocarril. Mellorar e ampliar as infraestruturas ferroviarias galegas, dende as conexións entre cidades, vilas e comarca. Garantindo así o dereito real á mobilidade para a mocidade en toda Galiza, á vez que se impulsa a tranferencia plena destas competencias á Xunta de Galiza, a comezar pola creación do Galitren ou tren de proximidade na Galiza. Elaboración de plans de prevención e de choque para combater a ludomanía, así como a eliminación dos anuncios e das promocións do xogo en calquera ámbito (recreativo ou deportivo). Derrogación íntegra da Lei Mordaza por favorecer a discrecionalidade policial, a criminalización do dereito de
reunión e manifestación e afondar na indefensión das e dos cidadáns. Especialmente a supresión da desobediencia e resistencia á autoridade, que é considerada unha infracción grave, igual que a negativa a identificarse ou a falta de consideración a algún axente das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado. Debe tamén prohibirse o uso de pelotas de goma, as devolucións en quente e eliminarse o principio de POLÍTICAS PARA A MOCIDADE · 86
Página 87 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialpresunción de veracidade que se outorga ás declaracións (denuncias, actas ou atestados) das e dos axentes. POLÍTICAS PARA A MOCIDADE · 87
Página 88 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial10. DEPORTES Traspasar as competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas. Garantir a participación das seleccións galegas con pleno dereito, en todas as disciplinas, nas competicións deportivas internacionais oficiais. Acometer as accións necesarias para que as federacións galegas de cada disciplina deportiva sexan as últimas instancias organizativas de cada un dos deportes no noso país. Modificar as infraccións e sancións recollidas na Lei estatal do deporte, que actualmente están a penalizar condutas como a exhibición de faixas ou bandeiras e que atentan contra os dereitos fundamentais. Impulsar accións e políticas decididas para promover a igualdade no deporte e a participación das mulleres en todas as disciplinas deportivas, tanto no deporte base como no profesional. Impulsar accións que garantan o exercicio dos dereitos de
conciliación das mulleres deportistas cando son nais así como a loita contra calquera forma de discriminación que esixa ás mulleres deportistas escoller entre ser nais ou dar continuidade á súa carreira deportiva profesional. Achegar máis recursos económicos para impulsar instalacións deportivas accesíbeis, dirixidas especialmente a persoas con discapacidade e con mobilidade reducida. DEPORTES · 88
Página 89 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficial11. GALIZA POLA PAZ O BNG, como forza pacifista e antiimperialista, que aposta polo respecto á soberanía nacional dos pobos e pola resolución pacífica dos conflitos, rexeita de maneira rotunda a política de inxerencias que está a manter o Estado español nos conflitos internacionais, ao se revelar simplemente como un peón dos Estados Unidos e da OTAN, cuxo obxectivo é recuperar un enfrontamento entre bloques que lle permita demorar a súa perda da hexemonía mundial nos campos político e económico. A nosa loita política tamén traballa para mudar a globalización en favor dunha relación en pé de igualdade entre nacións, ademais de para converter o noso país nun actor que a nivel internacional axude a construír un modelo alternativo ao actual capitalismo transnacional cos demais pobos. Ao defendermos a soberanía do pobo galego, reivindicamos tamén a necesidade de recuperarmos o respecto polo
principio de soberanía e a non-inxerencia tamén para os demais. Avogamos, por tanto, en favor de que o Estado respecte os seus compromisos como signatario da Carta da ONU e dos pactos e acordos posteriores que recollen o dereito dos pobos á auto-determinación —comezando polas nacións que aínda facemos parte del— e se afaste das estratexias bélicas e intervencionistas. Nese sentido, condenamos todas as agresións e defendemos: O status internacional de neutralidade activa do Estado español, que incluirá: Saída da OTAN e defensa de disolución desa alianza militar imperialista. 1. Retirada inmediata dos milleiros de efectivos militares españois participantes en misións OTAN e USA, e en concreto nos países fronteirizos coa Federación Rusa. 2. Apoio ás iniciativas que busquen a paz no conflito ruso-ucraíno a través dunha saída diplomática e negociada a esta contenda, censando de inmediato o
envío de armamento español á Ucraína, que non fai máis que alongar o conflito e o sufrimento. Reforzar o envío de material humanitario. 3. Eliminación de calquera venda de armamento a estados con réximes ditatoriais e/ou que agridan militarmente 4. GALIZA POLA PAZ · 89
Página 90 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialoutros pobos. Reforzo do control parlamentar neste ámbito. Cancelación dos acordos bilaterais España-USA e instar á retirada dos efectivos militares no Estado español. 5. Rexeitamento ao incremento do gasto militar e ao acatamento das directrices OTAN e Estados Unidos neste ámbito. Redución progresiva das cantidades millonarias dilapidadas nesta materia, que ademais implican recortes en servizos públicos esenciais como a sanidade, o ensino e os servizos sociais. Opoñerse, no ámbito da UE, á militarización e ao desvío orzamentario de partidas sociais destinadas a fins militares e á industria bélica. Excluír da explotación nos plans de minaría, no ámbito das actuais competencias españolas en materia de lexislación básica sobre minaría e dos plans de exploración mineira, aquelas materias primas -litio, coltán, neodimo, berilio, etc- definidas como críticas e estratéxicas para uso militar
pola OTAN e a UE. Avanzar no proceso de desmilitarización de Galiza e devolución paulatina dos espazos (a comezar polos declarados de non interese militar) para uso civil e traspaso á Xunta. Defender unha nova arquitectura internacional igualitaria entre os pobos, non xerarquizada, que recoñeza o dereitos das nacións á súa libre determinación -a comezar pola nosa- e a se relacionaren en pé de igualdade, sen inxerencias nin agresións en coherencia coa nosa visión pacifista e antiimperialista. No inmediato: a) Anular o cambio de posición do goberno español a respecto do dereito á autodeterminación do pobo saharauí, condenando enerxicamente a ocupación marroquí do Sáhara Occidental, e instando a que o Estado español impulse un referendo de autodeterminación con garantías democráticas. b) Condenar enerxicamente o Estado de Israel pola ocupación e colonialismo nos territorios ocupados da
Palestina. Recoñecemento real e efectivo do Estado palestino. c) Chamar á fin das agresións imperialistas, particularmente no Oriente Medio e no Norte de África. d) Rexeitar a política de inxerencia dos Estados Unidos, que busca desestabilizar os gobernos progresistas de América Latina, e que mantén a agresión a Venezuela e o bloqueo a Cuba. GALIZA POLA PAZ · 90
Página 91 del PDF oficial
Ver esta página en el PDF oficialDefender unha política de paz opóndose ás medidas que buscan estender na sociedade o militarismo; e consecuentemente demandamos a abolición definitiva do Servizo Militar Obrigatorio (só en "suspensión" desde o ano 2001) por responder ás estratexias bélicas da OTAN e UE, e sendo o exército español unha ferramenta do réxime, ao servizo do centralismo españolizador e negador da realidade plurinacional do Estado. Oporse a calquera tipo de tratado comercial internacional que vulnere a soberanía dos pobos e os dereitos sociais, laborais, ambientais e os relativos a unha vida digna e saudábel. Combater as causas radicais das migracións en masa, en especial as políticas neocoloniais e imperialistas no continente africano ou no Oriente Medio, as guerras, o saqueo dos recursos naturais...; en definitiva, inxerencia externa. Defender no seo da Unión Europea unha política de migracións respectuosa
co dereito de asilo político, cos dereitos sociais e laborais e co desenvolvemento dos pobos. Renegociar os acordos Schengen en favor dunha acción decidida en prol de políticas novas de migracións internacionais e de desenvolvemento. Do mesmo xeito, oporse de pleno a calquera reforma regresiva en materia de dereitos e de liberdades individuais e civís coa desculpa de ameazas antiterroristas. GALIZA POLA PAZ · 91