Energía

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 54

“Impulsar unha tarifa eléctrica galega que considere, a través de redución nas peaxes do transporte, o papel de Galiza de nación excedentaria na produción eléctrica, compensando o impacto ambiental e social derivado da súa produción.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 54)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

control público da enerxía, á consideración do acceso á enerxía como un ben público e esencial e cuxa implantación pivote en función do desenvolvemento social e económico das zonas produtoras. Impulsar unha tarifa eléctrica galega que considere, a través de redución nas peaxes do transporte, o papel de Galiza de nación excedentaria na produción eléctrica, compensando o impacto ambiental e social derivado da súa produción. Modificar a estrutura do sistema eléctrico, reformando a configuración da factura enerxética para pór fin á especulación das grandes eléctricas e garantindo que a súa retribución se estipule con base aos custos recoñecidos de produción. Transferir as competencias en materia enerxética, de maneira que se corrixa a anomalía democrática de que, malia estar especializada na produción, Galiza teña impedimentos para deseñar o seu propio modelo enerxético e de descarbonización de maneira acorde ás súas necesidades enerxéticas, sociais, económicas e medioambientais, garantindo o control público galego deste sector estratéxico. Singularmente, cómpre: Transferir as competencias en materia enerxética (planificación, ordenación, redes de transporte e distribución, xestión oferta/demanda, impulso modelo descentralizado e de proximidade) e alcanzar o compromiso do Estado para que sexa preceptivo o acordo coas comunidades autónomas nos plans de ámbito estatal e nas negociacións de ámbito supraestatal. Reformar a Lei do sector eléctrico, de forma que Galiza poida decidir sobre as instalacións enerxéticas de máis de 50MW e desenvolver plenamente o artigo 27.13 do actual Estatuto de Autonomía. Retirar os POEM e declarar o litoral galego como espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños offshore, tanto en augas interiores como na plataforma continental, por se entenderen incompatíbeis esas instalacións coas actividades pesqueiras e marisqueiras, coa protección medio ambiental ou coa execución de competencias en salvamento marítimo, que se consideran preferentes do punto de vista dos intereses nacionais galegos, económicos, sociais e ambientais. Recuperar as garantías ambientais e a participación cidadá na implantación de proxectos eólicos, rectificando as medidas incorporadas no RDL 20/2022 que permiten ás grandes A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 54

Señalar un error