Organización territorial

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 8

“Un novo modelo de financiamento baseado no concerto económico e na bilateralidade co Estado. Trátase de que Galiza recade todos os impostos e teña capacidade para decidir como os inviste, na perspectiva de poder desenvolver políticas sociais, de desenvolvemento económico autocentrado e de blindaxe de servizos públicos universais e de calidade.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 8)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

1. MÁIS FORZA PARA GALIZA Galiza e o pobo galego precisan avanzar en dereitos nacionais e sociais, en desenvolvemento económico, en calidade de vida e benestar. Por iso o BNG non se resigna, non nos resignamos. O noso país precisa de máis peso político en Madrid, de máis capacidade de defender os seus intereses, que son os das clases populares galegas, de máis forza para se facer valer e respectar. E iso só o garante o BNG. Somos a forza do pobo galego, a voz dos intereses de Galiza e das maiorías sociais do noso país. Tamén a voz decididamente antifascista e de defensa das liberdades e da democracia fronte ás dereitas reaccionarias. A garantía de defensa de políticas de paz fronte ao belicismo e ao imperialismo. Representamos hoxe a esperanza de que outra Galiza e outro mundo son posíbeis. Este é o noso compromiso. É iso o que exixe do BNG o sentido de responsabilidade para co noso país, mais tamén a certeza de que é a mellor maneira de pór en evidencia diante do noso pobo as limitacións do punto de vista democrático do sistema político español e mesmo a súa incapacidade para aceptar, no mínimo que for, a pluralidade nacional, cultural, lingüística ou socio-económica. Por iso seguiremos a constatar que o Estado español é irreformábel na súa esencia, e que precisamos seguir a sumar forzas en favor da ruptura democrática. En todo o caso, estamos para reclamar con firmeza todo aquilo que ao pobo galego corresponder porque somos conscientes de que no actual contexto político e no período que se abre con estas eleccións, é preciso materializar propostas que vaian na dirección de estabelecer avances inmediatos. Por iso, no camiño de ir afondando na capacidade de decisión de Galiza, defendemos: Un novo modelo de financiamento baseado no concerto económico e na bilateralidade co Estado. Trátase de que Galiza recade todos os impostos e teña capacidade para decidir como os inviste, na perspectiva de poder desenvolver políticas sociais, de desenvolvemento económico autocentrado e de blindaxe de servizos públicos universais e de calidade. Impulsar, no inmediato, a revisión do modelo de financiamento local, reformando o sistema de Participación nos Ingresos do Estado para que deixe de penalizar e MÁIS FORZA PARA GALIZA · 08

Señalar un error