Transporte

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 9

“Traspaso das competencias en infraestruturas de transporte de interese xeral: portos de interese xeral, aeroportos e control de tráfico aéreo en Galiza, alén de estradas e camiños de ferro que discorren por territorio galego.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 9)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

discriminar os concellos galegos e atenda a realidade poboacional e xeográfica do noso País. Posta en marcha dunha Facenda Galega, como instrumento esencial do novo modelo de financiamento. En consonancia, capacidade plena de Galiza para implantar unha política fiscal propia, que responda a criterios de xustiza e redistribución social e que garanta que todas as empresas que operan no noso país paguen aquí os tributos que corresponder, de forma que permita facer uso pleno dos nosos recursos económicos para os colocar ao servizo do pobo galego. Transferencia das competencias en materia de relacións laborais, co obxectivo de que Galiza teña plena capacidade lexislativa e normativa para estabelecer un marco galego de relacións laborais visando blindar a negociación colectiva e garantir traballo digno e con dereitos para toda a poboación. Tamén para poder estabelecer unha renda social básica que permita desfrutar de condicións de vida dignas e participación social plena a toda a poboación galega, sen exclusións de ningún tipo. Transferencia das competencias en materia de Seguranza Social e pensións, co obxectivo de garantir un sistema sanitario e de atención social ben financiado e unhas pensións dignas para as persoas xubiladas. Traspaso das competencias en materia de seguranza pública, policía xudicial e fiscal, así como garda de tránsito, para o que será despregado o corpo da Policía Galega. Asunción por parte dos poderes públicos galegos de plena capacidade para exercer o control público dos nosos recursos, dos sectores estratéxicos da economía e, especialmente, da produción de enerxía. Isto é básico para poder estabelecer unha Tarifa eléctrica galega baseada nun modelo tarifario que abarate o prezo da electricidade e permita que este ben público reverta no desenvolvemento social e económico do país e na eliminación da exclusión enerxética. Traspaso das competencias en infraestruturas de transporte de interese xeral: portos de interese xeral, aeroportos e control de tráfico aéreo en Galiza, alén de estradas e camiños de ferro que discorren por territorio galego. Transferencia das competencias en materia de costas e do dominio público marítimo-terrestre, tanto as normativas en materia de protección do litoral como aquelas de intervención e xestión (autorizacións de instalacións na costa galega). Tamén se afrontará o traspaso das competencias sobre as MÁIS FORZA PARA GALIZA · 09

Señalar un error