Vivienda

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 12

“Facilitar a expropiación forzosa de vivendas de promoción públicas adquiridas por fondos de investimento.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 12)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

O incremento desorbitado dos prezos dos alugueiros, a proliferación descontrolada de vivendas de uso turístico, a demolición da política social de vivenda e a paralización –durante máis dunha década-- da construción de vivenda pública sitúanse entre as principais causas da emerxencia habitacional na que nos atopamos. Para protexer a función social da vivenda, combater a especulación e asegurar o dereito a unha vivenda digna e accesible para todas as persoas, desde o BNG defendemos: Topar por lei os prezos dos alugueiros e prohibir os desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade, así como decretar a suspensión automática e indefinida de calquera lanzamento sen alternativa habitacional Impulsar a protección e estabilidade das persoas arrendatarias ante as dinámicas especulativas, estabelecendo a renovación automática dos alugueiros, blindando por lei o carácter indefinido dos contratos de alugueiro e impulsando mecanismos e recursos para a persecución das prácticas de acoso, discriminación e abuso inmobiliario. Facilitar a expropiación forzosa de vivendas de promoción públicas adquiridas por fondos de investimento. Estabelecer mecanismos eficaces para frear a fuxida de vivenda habitual cara o alugueiro de tempada, por habitacións e de uso turístico. Destinar o 3% dos Orzamentos Xerais do Estado para financiar mediante o Plan estatal de vivenda a creación dun parque público de alugueiro permanente. Estender o requisito de cualificación permanente como vivenda protexida a aquelas vivendas adquiridas por entidades sen ánimo de lucro ou de lucro limitado especializadas en vivenda que recibisen financiación pública para tal fin. Incrementar as reservas mínimas de solo de vivenda protexida para actuacións de renovación e rexeneración urbanas impedindo a diminución do porcentaxe da reserva xeral de solo da edificabilidade residencial en solo urbano non consolidado e solo urbanizable destinado a vivenda protexida. Garantir legalmente o carácter permanentemente público das vivendas financiadas con recursos públicos e impedir a súa privatización. Modificar as liñas de axudas do Plan estatal de vivenda dirixidas ao fomento da rehabilitación para que se outorguen DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 12

Señalar un error