Impuestos

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 13

“Eliminar as deducións no IRPF para propietarios que aluguen por riba do prezo de referencia.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 13)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

polas CCAA mediante criterios de concorrencia competitiva, tales como parámetros de renda e patrimonio. Modificar as axudas do Plan estatal de vivenda destinadas á rehabilitación, accesibilidade e renovación urbana e rural para que se condicionen á duración dos contratos vixentes e futuros das vivendas ou edificios subvencionados ou ben ao control de rendas durante un período de tempo determinado, co fin de evitar que as melloras, en ámbitos con forte presión especulativa, deriven en finalización de contratos ou subas abusivas. Estabelecer mecanismos eficaces que garantan o acceso das persoas vulnerábeis ás axudas para a mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade. Reformular a fiscalidade sobre a vivenda para frear o seu uso especulativo con accións como: Eliminar as deducións no IRPF para propietarios que aluguen por riba do prezo de referencia. Aplicar recargos no Imposto de Sociedades a fondos e SOCIMIs que incumpran a función social da vivenda. Estabelecer medidas fiscais proporcionadas para mobilizar vivendas baleiras, combater os usos especulativos e favorecer o alugueiro habitual a prezos accesíbeis. Transferir gratuitamente os solos e vivendas da Sareb ao IGVS para a súa incorporación ao parque público de vivenda en alugueiro. Evitar a degradación, o alleamento e a privatización do patrimonio público do solo e da vivenda, nomeadamente de entidades estatais como ADIF, INVIED ou Portos do Estado, procurando o seu uso como vivendas e espazos públicos e a cesión ás CCAA. Actualizar o CTE para incrementar as esixencias en materia de eficiencia enerxética dos edificios e adecualo á solucións emerxentes como a construción industrializada en madeira. Estabelecer un programa específico e con recursos suficientes para a mellora da eficiencia enerxética de edificios públicos. Impulsar o PERTE de Industrialización da Construción priorizando a especialización por segmentos adaptada á realidade produtiva de cada territorio. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 13

Señalar un error