Vivienda

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 14

“Promover as modificacións legais que faciliten a creación de empresas públicas, de ámbito autonómico, municipal ou supramunicipal para a promoción de vivenda pública e a xestión de programas de subarrendo e alugueiro social.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 14)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Permitir a creación de novos impostos ou taxas a nivel municipal destinadas a gravar as vivendas baleiras. Facilitar a portabilidade das hipotecas de tipo variábel a tipo fixo e endurecer o marco legal para evitar os abusos bancarios en relación ao financiamento da compra de vivenda para uso residencial. Promover o cooperativismo de propiedade e alugueiro, alargando as bonificacións fiscais e despregando liñas de financiamento sen xuros, que deberán ser vehiculados a través das CCAA. Adoptar as medidas necesarias para facilitar a aplicación por parte CCAA de mecanismos como o alugueiro forzoso, a expropiación temporal ou o estabelecemento de canon á vivenda desocupada (importe de como mínimo 10 euros por metro cadrado, incrementándose un 10% anual até o triplo do importe inicial) para as vivendas baleiras desde hai 5 ou máis anos e en mans de grandes propietarios. Promover as modificacións legais que faciliten a creación de empresas públicas, de ámbito autonómico, municipal ou supramunicipal para a promoción de vivenda pública e a xestión de programas de subarrendo e alugueiro social. Transferir á Xunta de Galiza os edificios propiedade do Ministerio de Defensa que se atopan sen uso na actualidade para incrementar o parque público de vivenda de uso residencial. 2.2. MÁIS DEREITOS PARA A CLASE TRABALLADORA Diante dos continuados recortes en dereitos e a non reversión das reformas aprobadas no 2012 polo PP, ten aumentado a precarización das condicións laborais e do empobrecemento salarial, que provocan que ter un emprego non garanta a subsistencia material e digna da clase traballadora. O Bloque Nacionalista Galego defende non só a reversión das políticas antisociais e antiobreiras aplicadas (ou mantidas) polos sucesivos gobernos españois, senón avanzar na mellora das condicións materiais de vida e de traballo da maioría social, garantido o dereito a vivir con dignidade dun emprego na nosa terra. Para o que promoveremos a urxente aprobación dunha nova lexislación laboral que restitúa todos os dereitos roubados e DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 14

Señalar un error