Empleo

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 15

“Recoñecer a participación institucional real das centrais sindicais coa condición legal de máis representativas fronte a exclusión práctica das non estatais.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 15)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

favoreza novos dereitos e regulacións que nos fortalezan como clase traballadora ante a nova situación de crise e as novas formas de explotación e precariedade. Con ese obxectivo, o BNG defende: Transferir a Galiza todas as competencias pendentes en xestión do traballo, emprego, formación e recoñecemento de prestacións. Recoñecer a participación institucional real das centrais sindicais coa condición legal de máis representativas fronte a exclusión práctica das non estatais. Adoptar medidas que garantan o exercicio pleno dos dereitos laborais e a liberdade sindical, penalizando de maneira contundente o acoso laboral e as medidas represivas por parte das empresas. Cumprir de maneira efectiva a Carta Social Europea como marco básico de dereitos. Derrogar integramente das contrarreformas laborais que consolidaron a mudanza aprobada en 2021 e impulsar unha modificación integral do Estatuto do Traballo para restituír, entre outros dereitos: Os 45 días de indemnización e un máximo de 42 mensualidades por despedimento improcedente. A autorización administrativa nos despedimentos colectivos. Os salarios de tramitación. Medidas que poñan control á subcontratación para a equiparación real de dereitos dos traballadores e traballadoras e para que haxa un fortalecemento da negociación colectiva. A prevalencia dos convenios sectoriais sobre o da empresa —non só nos salarios— así como a prevalencia dos convenios de ámbito provincial ou galego sobre os convenios de ámbito estatal. Promover a implantación da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución salarial, e avanzar no horizonte da xornada de 32 horas semanais en 4 xornadas. Incrementar o Salario Mínimo Interprofesional até o situar no 60 % do salario medio, tal e como fixa a Carta Social Europea conforme aos datos do EUROSTAT. Prohibir expresamente que o SMI sexa compensábel ou absorbíbel por outros DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 15

Señalar un error