Empleo

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 16

“Actualización lexislativa en acoso, riscos psicosociais e trastornos músculo-esqueléticos.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 16)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

complementos salariais. Aprobar a descentralización do SMI para que en Galiza teñamos competencia para mellorar o estatal. Redefinir as causas económicas/organizativas do despedimento obxectivo (última ratio) e período de consultas mínimo dun mes con informe vinculante da Inspección. Dar opción da persoa traballadora entre readmisión e indemnización nos despedimentos. Desenvolver un Marco Galego de Relacións Laborais, é dicir, ter como obxectivo convenios de ámbito galego, mais tamén que, en todo caso, os convenios de nivel superior ao de empresa teñan prevalencia sobre os de rango inferior e tamén sobre os estatais. Igualmente, os acordos sobre materias concretas ou acordos de estrutura a nivel de Galiza deben prevalecer sobre aqueles de ámbito estatal de semellantes características. Eliminar as Empresas de Traballo Temporal (ETT) e as axencias privadas de colocación, a subcontratación en cadea, as falsas/os autónomas/os e asegurar a igualdade de condicións laborais e retributivas nos Centros Especiais de Emprego. Reforzar o Servizo Público de Emprego (SEPE) e garantir a cobertura de todas as persoas sen ocupación. Impulsar un plan de acción contra a sinistralidade laboral que abranga: A promoción do emprego estábel naqueles sectores con maiores taxas de sinistralidade. Un maior control e fiscalización das empresas e sectores que acumulan un elevado número de accidentes no traballo. Redución obrigatoria da xornada laboral nas actividades máis perigosas, entre outras medidas. Actualización lexislativa en acoso, riscos psicosociais e trastornos músculo-esqueléticos. Mecanismos de paralización da actividade ante risco grave e inminente. Protección na maternidade/lactación con risco. Reforzo da vixilancia e protección onde haxa subcontratación ou descentralización produtiva. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 16

Señalar un error