Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 17
“Prestación contributiva: Elevar a súa contía ao 75% da base reguladora os primeiros 180 días e 65% despois, non podendo ser nunca inferior ao SMI.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Ampliación do recoñecemento legal de enfermidades profesionais. Derrogar o IPREM (DL 3/2004), recuperando o SMI como único indicador de renda. Prohibir as duplas escalas salariais e categorías de entrada, Realizar auditorías retributivas e plans de igualdade de obrigado cumprimento, con reforzo da Inspección de Traballo. Limitar a duración máxima dos períodos de proba a 15 días e esixir causa motivada para a súa non superación. Limitar a modalidade de contratación fixo-discontinúa: chamamentos cun máximo de 2–3 meses de intervalo, preaviso mínimo de 15 días, indemnización de 45 días/ano por fin de chamamento; prohibición desta modalidade nas ETT e en xornada parcial. Limitar a contratación a tempo parcial esixindo unha xornada mínima de 20 horas semanais, limitación do 15% do cadro de persoal a tempo parcial por empresa, restrición das horas complementarias (só indefinidos, non obrigatorias). Garantir unha retribución do 100% do convenio os contratos formativos con duración inferior ao ano, prohibición en ERTE. Estabelecer a subrogación obrigatoria na sucesión empresarial e na contratación pública. Eliminar as modificacións substanciais en salario e redución de xornada, así como limitar os descolgues e a distribución irregular da xornada. Restrinxir a aplicación de ERTE, evitando o seu carácter permanente e que se combinen con outras medidas de recorte laboral. Estabelecer o rexistro dixital, transparente e con trazabilidade verificábel da xornada laboral e limitación da distribución irregular. Aplicar medidas de control reforzado para os réximes de teletraballo, cun marco claro e limitacións á súa aplicación. Elevar a protección por desemprego: Prestación contributiva: Elevar a súa contía ao 75% da base reguladora os primeiros 180 días e 65% despois, non podendo ser nunca inferior ao SMI. Subsidio por desemprego non inferior ao SMI en toda a súa duración. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 17
Señalar un error