Empleo

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 18

“Suprimir por lei a taxa de reposición; taxa de interinidade máxima do 5%; procesos selectivos executábeis en 12 meses.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 18)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Fixos-descontinuos: subsidio sen tempo mínimo de cotización previa e duración mínima de 6 meses. Revisión das táboas de cotización por desemprego para penalizar a contratación precaria e favorecer a indefinida a tempo completo. Aposta polo emprego público fronte a privatización: Garantir a revalorización salarial anual das empregadas e empregados do sector público. Suprimir por lei a taxa de reposición; taxa de interinidade máxima do 5%; procesos selectivos executábeis en 12 meses. Promover que a prestación dos servizos públicos se realice con persoal público (funcionario, laboral ou de empresa pública), restrinxindo as privatizacións e facilitando a internalización dos xa privatizados. 2.3. NA DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS O Bloque Nacionalista Galego defende o traspaso a Galiza das competencias correspondentes ao réxime da Seguridade Social para garantir unhas pensións dignas para toda a poboación en idade de xubilación. Entre tanto isto non acontece, traballamos para asegurar o sistema público de pensións e mellorar as condicións e a calidade de vida das e dos pensionistas presentes e futuros. Debemos ter en conta que as pensionistas e os pensionistas galegos continúan a percibir as segundas pensións máis baixas do Estado –só por detrás de Extremadura-- e que as reformas aprobadas polos sucesivos gobernos españois nos anos 2011, 2013, 2021 e 2023, poñen en cuestión a viabilidade do sistema público co obxectivo único de promover e favorecer os fondos privados de pensións. Diante desta situación, o BNG defende: Derrogación das reformas das pensións aprobadas en 2011, 2013, 2021 e 2023. Incremento das pensións mínimas até situalas como mínimo na mesma contía que o Salario Mínimo Interprofesional (60 % do salario medio, conforme ás cifras do EUROSTAT). Revalorización anual das pensións conforme ao IPC real. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 18

Señalar un error