Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 19
“Mellora a protección de seguridade social das persoas que traballan no sector marisqueiro na liña do aprobado por unanimidade no Consello Galego de Pesca no que ten que ver co cesamento de actividade, alén de ampliar os actuais coeficientes redutores da idade de xubilación.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Recuperación da xubilación ordinaria aos 65 anos e a parcial aos 61 anos. Evitar a discriminación fiscal das persoas emigradas retornadas. Recoñecer a xubilación voluntaria sen penalización, a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións. Eliminación das penalizacións por acceso anticipado á xubilación. Garantía de sostemento do sistema público de pensións a través da supresión do veto ao financiamento público, con cargo aos orzamentos e aos impostos que gravan a riqueza, eliminando o tope máximo ás bases de cotización, así como a revisión e redución das bonificacións e descontos nas cotizacións empresariais. Eliminación do Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI) e de calquera mecanismo de axuste semellante ao estilo do “factor de sustentabilidade", incluíndo tamén a supresión das competencias outorgadas á AIReF en relación á supervisión do sistema público de pensións. Derrogación das normas que fomentan os plans de pensións privados de emprego nos convenios colectivos e calquera forma de privatización ou xestión financeira privada das pensións públicas. Mudanza do período de cálculo da base reguladora, que deberá realizarse a partir dun período de 10 anos escollidos pola persoa beneficiaria. Fixación de coeficientes redutores da idade de xubilación para as traballadoras e traballadores nas profesións de maior penosidade, perigosidade e insalubridade. Mellora a protección de seguridade social das persoas que traballan no sector marisqueiro na liña do aprobado por unanimidade no Consello Galego de Pesca no que ten que ver co cesamento de actividade, alén de ampliar os actuais coeficientes redutores da idade de xubilación. Elevación das pensións non contributivas até o 75 % do limiar de pobreza dun fogar unipersoal, inmediatamente e sen agardar o prazo de 2027 estabelecido na reforma de 2023, actualizando anualmente a súa contía conforme ao IPC real. Incremento do complemento de fenda de xénero para as pensións de xubilación cunha suba anual, como mínimo, dez DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 19
Señalar un error