Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 20
“Modulación do sistema de cotización de acordo a un modelo de solidariedade e progresividade salarial.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
puntos por riba do IPC, até a súa completa extinción como figura diferenciada. Estabelecemento dun sistema xusto de cobertura das lagoas de cotización que compense as interrupcións das traxectorias laborais das mulleres, derivadas da precariedade, dos contratos parciais e da asunción dos coidados Incremento da progresividade do novo sistema de cotización das traballadoras e traballadores autónomos en función dos seus ingresos reais. Modulación do sistema de cotización de acordo a un modelo de solidariedade e progresividade salarial. Ampliación da cotización completa, ao 100%, nas reducións de xornada por coidados e ampliar, alén dos 3 anos, as excedencias por coidados computadas como cotizadas. Equiparación do persoal fixo-descontinuo a tempo completo para efectos de cotización e prestacións. Cotización plena do alumnado en prácticas, sen bonificacións ás empresas. Prohibición da xestión das continxencias comúns e profesionais polas mutuas, debendo pasar a unha xestión integramente pública. Derrogar as normas aprobadas polo Ministerio de Seguridade Social e do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que promoven a celebración de convenios de colaboración a subscribir entre as Consellarías de Sanidade das Comunidades Autónomas, as Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social e o INSS para fomentar a atención polas Mutuas dos procesos de IT derivados das patoloxías músculo-esqueléticas. Revisión dos criterios para as incapacidades permanentes facendo prevalecer a mellor atención das limitacións derivadas da situación clínica, das patoloxías e afectacións. 2.4. COMBATER A POBREZA E PROMOVER A INCLUSIÓN SOCIAL Segundo os datos máis recentes publicados pola Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galiza) no seu informe ‘ Estado da pobreza en Galiza 2026 ’, no 2025 unhas 600.000 persoas residentes en Galiza – o 22,1% da poboación, estaba en risco de pobreza e/ou exclusión social (AROPE), 91.000 persoas máis que no 2024. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 20
Señalar un error