Igualdad

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 21

“Elevar, con carácter global, o investimento en materia de protección social até o situar, como mínimo, no gasto medio do conxunto da Unión Europea, asegurando o carácter público dos servizos sociais básicos, tanto na súa titularidade como na xestión e financiamento.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 21)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

O risco de pobreza e exclusión social (AROPE) infantil e xuvenil aumentou, sendo o grupo de 18 a 29 anos o que máis incrementa a súa taxa (8,8 puntos ata o 27,6%). A taxa de pobreza aumenta e pasa do 14,2% en 2024 ao 16% en 2025, é dicir, máis de 434.000 persoas, das cales o 16,2%, 228.000 son mulleres e o 15,8%, 206.000 son homes. En canto á poboación pensionista, 361.800 galegas e galegos están por debaixo do limiar da pobreza (873€ ao mes en 14 pagas), o 45,9% do total, é dicir, 11 puntos máis que a nivel estatal (34,9%). Diante desta situación, desde o BNG comprometémonos a: Reclamar a transferencia a Galiza do Ingreso Mínimo Vital (IMV) para garantir unha xestión máis áxil e acaída á realidade galega, permitindo a creación dunha verdadeira Renda Galega de Inclusión Social e Laboral nunha contía non inferior ao SMI. Aplicar un programa específico de loita contra a pobreza e contra a exclusión social. Elevar, con carácter global, o investimento en materia de protección social até o situar, como mínimo, no gasto medio do conxunto da Unión Europea, asegurando o carácter público dos servizos sociais básicos, tanto na súa titularidade como na xestión e financiamento. Regular legalmente os prezos dos produtos básicos de alimentación, garantindo simultaneamente prezos accesíbeis para a maioría social e retribucións xustas para quen os produce. Aplicación de medidas contundentes contra a especulación nos mercados de alimentos e enerxía, así como contra os beneficios extraordinarios das grandes empresas de distribución e comercio de alimentación. Facilitar o acceso a contas bancarias de pago básicas e gratuítas para todas as persoas en situación de vulnerabilidade social e mellorar as súas condicións de uso. Estabelecer con carácter urxente un prezo máximo legal para a gasolina e o diésel —tomando como referencia o prezo medio das gasolineiras o 24 de febreiro de 2022— que se manterá vixente ata a estabilización dos prezos e a aprobación dunha solución fiscal xusta. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 21

Señalar un error