Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 22
“Recoñecer e dignificar o traballo de coidados, maioritariamente realizado por mulleres inmigrantes.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
2.5. ACOLLIDA, INCLUSIÓN E DEREITOS DAS PERSOAS INMIGRANTES Nas últimas décadas a situación migratoria mudou de forma acelerada de xeito que hoxe Galiza é tanto un país emigrante, do que se segue expulsando poboación (especialmente moza), como máis recentemente un país receptor de inmigración. Esta mudanza non é un fenómeno excepcional nin transitorio, senón unha realidade estrutural que ten efectos concretos no tecido social e económico, sobre todo nos sectores máis precarizados do mercado de traballo, desempeñados cada vez máis por persoas inmigrantes –sobre todo mulleres–, a miúdo en condicións de irregularidade e vulnerabilidade. Fronte aos discursos discriminatorios, xenófobos ou racistas, o BNG defende unha Galiza inclusiva, entendida como unha patria colectiva a defender, construír e gozar entre todas e todos mediante a participación activa na vida social, económica, cultural e política. A nación inclusiva que defendemos non se constrúe sobre vínculos étnicos, senón sobre a participación democrática, o acceso a dereitos e a contribución á vida colectiva. Iso require combater o racismo institucional e a xenofobia e construír activamente unha Galiza inclusiva dotada dos instrumentos legais e institucionais necesarios. A irregularidade administrativa é funcionalmente útil para un mercado laboral que se beneficia da man de obra sen protección legal nin capacidade de negociación. Defender os dereitos laborais das persoas migrantes é defender as condicións de traballo do conxunto da clase traballadora galega. En base a isto, propomos: Reforzar os mecanismos de inspección laboral e combater a explotación. Promover a regularización administrativa como vía para eliminar a irregularidade como ferramenta de explotación. Apoiar a afiliación sindical e a organización colectiva. Axilizar a homologación e o recoñecemento de titulacións obtidas no estranxeiro e estabelecer sistemas de acreditación de competencias profesionais. Tamén para a poboación emigrante retornada. Recoñecer e dignificar o traballo de coidados, maioritariamente realizado por mulleres inmigrantes. A garantía ao acceso á lingua galega debe ser parte integral do proceso de acollida desde o primeiro momento. Aprender galego DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 22
Señalar un error