Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 23
“Demandamos tamén que un acreditado coñecemento da lingua e cultura galegas sexa admitido como criterio para acceder á nacionalidade española, con independencia do coñecemento do español, ao demostrar unha integración na sociedade galega e unha vontade clara de pertencer a ela.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
é un dereito e unha ferramenta de participación plena na vida social, cultural e democrática do país e fomenta a identificación con Galiza e o seu pobo. Demandamos tamén que un acreditado coñecemento da lingua e cultura galegas sexa admitido como criterio para acceder á nacionalidade española, con independencia do coñecemento do español, ao demostrar unha integración na sociedade galega e unha vontade clara de pertencer a ela. Nos últimos anos vemos con enorme preocupación o avance de discursos de odio aberta e desacomplexadamente racistas e xenófobos que poñen en cuestión e ameazan os dereitos máis básicos e fundamentais das persoas inmigrantes e do conxunto da sociedade. Para unha forza política como o BNG, construír sociedades inclusivas, orgullosas da súa diversidade e nas que os dereitos humanos de todas as persoas sexan garantidos é unha obriga; porén, na actualidade isto non é así. Moitas persoas son vítimas de comportamentos e actitudes discriminatorias, racistas e xenófobas que proceden do ámbito privado mais tamén do público. Desde o Bloque Nacionalista Galego asumimos o compromiso de: Impulsar as reformas lexislativas necesarias para garantir os dereitos da poboación inmigrante (vivenda, traballo, atención sanitaria, educación...) así como favorecer e facilitar os procesos de regularización administrativa. Garantir o cumprimento do dereito internacional en materia de protección da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo. Reclamar a dotación dos recursos humanos e materiais necesarios ás oficinas de estranxeiría para garantir a debida atención, no tempo e na forma, da poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo. Defender a erradicación de calquera forma de discriminación e actitude racista nas administracións públicas. Demandar o peche dos Centros de Internamento para Estranxeiros (CIEs) no Estado español e o fin das deportacións en quente, garantindo o respecto escrupuloso dos dereitos humanos para a poboación inmigrante, refuxiada e/ou solicitante de asilo. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 23
Señalar un error