Igualdad

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 24

“Cumprir as obrigas internacionais en materia de prevención e loita contra todas as formas de violencia machista, nomeadamente do Convenio de Istambul corrixindo os problemas sinalados nos Informes Grevio e, singularmente, realizar unha reforma lexislativa integral que garanta a cobertura de todos os tipos de violencias contra as mulleres na lei orgánica correspondente e que outorgue rango de lei efectivo á violencia vicaria.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 24)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

2.6. POLÍTICAS FEMINISTAS PARA AVANZAR NOS DEREITOS DAS MULLERES Ante o rearme do machismo que experimenta o mundo e o noso contexto máis próximo, a mellor resposta é impulsar novos avances contra cada unha das discriminacións que sufrimos por causa do patriarcado e moi especialmente ante o problema máis importante da vida das mulleres: a violencia machista. Para iso, é fundamental reforzar a resposta desde o sistema público blindando e ampliando os seus servizos e avanzar na lexislación de dereitos para garantir o dereito humano e fundamental das mulleres a vivir unha vida libre de violencias no ámbito público e no privado. Coa loita e organización do movemento feminista, tamén do galego, fomos conquistando dereitos e espazos que nos foran negados. Porén, fica moito camiño por percorrer para acabar coas fendas e coas discriminacións que sufrimos as mulleres. Para iso é fundamental intervir en ámbitos que aínda dependen do Estado como o xudicial ou o laboral e, por iso, en canto Galiza non poida decidir por si propia, defenderemos políticas feministas para seguir conquistando dereitos. 2.6.1. VIDAS LIBRES DE VIOLENCIA MACHISTA: Cumprir as obrigas internacionais en materia de prevención e loita contra todas as formas de violencia machista, nomeadamente do Convenio de Istambul corrixindo os problemas sinalados nos Informes Grevio e, singularmente, realizar unha reforma lexislativa integral que garanta a cobertura de todos os tipos de violencias contra as mulleres na lei orgánica correspondente e que outorgue rango de lei efectivo á violencia vicaria. Impulsar e executar as medidas do Pacto de Estado contra a violencia machista que dependen do goberno do Estado e seguen sen se desenvolver. Incrementar a transferencia dos fondos económicos a Galiza destinados ao cumprimento do Pacto de Estado no ámbito das súas competencias. Para tal fin, exixiremos a revisión dos criterios de repartición dos recursos económicos dirixidos á Administración Local e galega para que teñan en conta a realidade específica do noso país (dispersión poboacional, alto número de núcleos de poboación e o avellentamento, entre outros) así como os recursos existentes. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 24

Señalar un error