Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 24
“Incrementar a transferencia dos fondos económicos a Galiza destinados ao cumprimento do Pacto de Estado no ámbito das súas competencias. Para tal fin, exixiremos a revisión dos criterios de repartición dos recursos económicos dirixidos á Administración Local e galega para que teñan en conta a realidade específica do noso país (dispersión poboacional, alto número de núcleos de poboación e o avellentamento, entre outros) así como os recursos existentes.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
2.6. POLÍTICAS FEMINISTAS PARA AVANZAR NOS DEREITOS DAS MULLERES Ante o rearme do machismo que experimenta o mundo e o noso contexto máis próximo, a mellor resposta é impulsar novos avances contra cada unha das discriminacións que sufrimos por causa do patriarcado e moi especialmente ante o problema máis importante da vida das mulleres: a violencia machista. Para iso, é fundamental reforzar a resposta desde o sistema público blindando e ampliando os seus servizos e avanzar na lexislación de dereitos para garantir o dereito humano e fundamental das mulleres a vivir unha vida libre de violencias no ámbito público e no privado. Coa loita e organización do movemento feminista, tamén do galego, fomos conquistando dereitos e espazos que nos foran negados. Porén, fica moito camiño por percorrer para acabar coas fendas e coas discriminacións que sufrimos as mulleres. Para iso é fundamental intervir en ámbitos que aínda dependen do Estado como o xudicial ou o laboral e, por iso, en canto Galiza non poida decidir por si propia, defenderemos políticas feministas para seguir conquistando dereitos. 2.6.1. VIDAS LIBRES DE VIOLENCIA MACHISTA: Cumprir as obrigas internacionais en materia de prevención e loita contra todas as formas de violencia machista, nomeadamente do Convenio de Istambul corrixindo os problemas sinalados nos Informes Grevio e, singularmente, realizar unha reforma lexislativa integral que garanta a cobertura de todos os tipos de violencias contra as mulleres na lei orgánica correspondente e que outorgue rango de lei efectivo á violencia vicaria. Impulsar e executar as medidas do Pacto de Estado contra a violencia machista que dependen do goberno do Estado e seguen sen se desenvolver. Incrementar a transferencia dos fondos económicos a Galiza destinados ao cumprimento do Pacto de Estado no ámbito das súas competencias. Para tal fin, exixiremos a revisión dos criterios de repartición dos recursos económicos dirixidos á Administración Local e galega para que teñan en conta a realidade específica do noso país (dispersión poboacional, alto número de núcleos de poboación e o avellentamento, entre outros) así como os recursos existentes. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 24
Señalar un error