Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 25
“Introdución da perspectiva de xénero en todas as políticas públicas como elemento transversal, promovendo a erradicación de calquera forma de discriminación ou fenda por razón de xénero en calquera ámbito ou servizo público.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Garantir por lei que os novos recursos impulsados ao abeiro do Pacto do Estado ou da Lei Orgánica 10/2022 de garantía integral da libertade sexual, sexan públicos e de xestión directa e reclamar en Galiza a integración dos centros de crise privatizados no sistema público e a adaptación á nosa estrutura territorial e poboacional. Introdución da perspectiva de xénero en todas as políticas públicas como elemento transversal, promovendo a erradicación de calquera forma de discriminación ou fenda por razón de xénero en calquera ámbito ou servizo público. Reforzar a participación das mulleres na vida pública e institucional modificando a Lei de paridade, Lei Orgánica 2/2024, para permitir a presenza de correlativa de máis mulleres nas listas electorais. Introducir o termo feminicidio na lexislación española e impulsar un Estatuto de Vítima de Feminicidio para unha abordaxe integral da violencia machista. Mellorar o sistema de protección das mulleres en situación de violencia machista a través, entre outras, das seguintes medidas: Garantir a xestión pública e directa dos mecanismos de control telemático para a protección de vítimas de violencia machista e realizar as melloras oportunas para rematar cos problemas de cobertura e revitimización existentes no noso país. Xeneralizar a elaboración de informes forenses de valoración de risco complementarios aos policiais, así como revisar periodicamente o sistema VioGén para mellorar o seu grao de eficiencia e eficacia así como estender os mecanismos de xeolocalización do agresor a partir daqueles casos con valoración de risco medio. Destinar fondos estatais para incrementar e reforzar os servizos do Imelga. Avanzar no recoñecemento da violencia vicaria e na protección ás e aos menores desenvolvendo de forma efectiva medidas que eviten os subterfuxios que acaban permitindo visitas dos maltratadores. Así mesmo, avanzar na toma de medidas cautelares ante posíbeis situacións de risco das e dos menores ante a sospeita de exercicio de violencia por parte de adultos referentes, singularmente no ámbito educativo e do tempo libre. En todos estes ámbitos deberá garantirse a escoita, privacidade, seguridade e apoio psicolóxico ás e aos menores. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 25
Señalar un error