Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 26
“Oposición firme e contundente ante calquera intento de legalización, regulamentación e banalización dos ventres de alugueiro por se trataren dunha forma de explotación dos corpos das mulleres, así como de mercantilización de seres humanos (mulleres e crianzas). Impulsar as mudanzas legais necesarias para impedir esta práctica a través de terceiros países.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Impulsar medidas concretas e específicas dirixidas á formación obrigatoria de todos os axentes, organismos e institucións implicados, directa ou indirectamente, coa prevención e intervención fronte á violencia machista, comezando polas forzas e corpos de seguridade e a Xustiza. Dotación suficiente de prazas xudiciais e de financiamento para medios materiais e humanos nas seccións de violencia sobre a muller dos tribunais de instancia, e reorganización da comarcalización das seccións de Ourense e Santiago de Compostela, sen estendela a Lugo e Pontevedra, para corrixir os desequilibrios territoriais e as dificultades que supón para as vítimas os desprazamentos. Impulso das mudanzas legais oportunas para combater calquera forma de violencia machista no ámbito dixital e garantir a debida persecución destes delitos cando se cometan a través da rede e/ou a través do uso de tecnoloxías e plataformas dixitais (incluída a Intelixencia Artificial). Oposición firme e contundente ante calquera intento de legalización, regulamentación e banalización dos ventres de alugueiro por se trataren dunha forma de explotación dos corpos das mulleres, así como de mercantilización de seres humanos (mulleres e crianzas). Impulsar as mudanzas legais necesarias para impedir esta práctica a través de terceiros países. Desbloquear a lexislación específica contra a trata, a explotación de seres humanos e impulsar medidas integrais para a protección das vítimas cun enfoque de dereitos, sen ningún tipo de discriminación con base á súa nacionalidade. Impulsar medidas estratéxicas conducentes á abolición da prostitución desde unha perspectiva que puna e persiga o proxeneta e prostituidor, ficando as mulleres prostituídas libres de calquera criminalización, estigmatización ou aproximación moralista. Desde o respecto ao dereito de autodeterminación das mulleres e á súa libre elección e mais desde o dereito á vida sen ningunha forma de violencia nin discriminación, impulsaranse medidas conducentes a: Ofrecemento dunha rede de cobertura que garanta a liberdade para deixar a prostitución a todas as mulleres que así o queiran cubrindo as súas necesidades persoais básicas (ingresos, aloxamento, emprego, regularización administrativa…). Persecución intensa e efectiva da prostitución forzada, con coordinación eficaz dos distintos organismos, corpos e DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 26
Señalar un error