Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 28
“Impulsar medidas de garantía de abastecemento de medicación esencial para o tratamento das mulleres, como no ámbito da menopausa, para evitar novas crises na súa cobertura.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
maiores e dependentes así como no ámbito do traballo no fogar. Impulsar programas de investigación específicos sobre a saúde da muller superadores dos nesgos patriarcais. Impulsar medidas de garantía de abastecemento de medicación esencial para o tratamento das mulleres, como no ámbito da menopausa, para evitar novas crises na súa cobertura. 2.7. A DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSOAS LGBT O BNG leva décadas apostando polos dereitos do colectivo LGBT nun compromiso que se mantén firme até a actualidade. Logo dos avances lexislativos producidos neste ámbito co goberno de coalición, aprobados co apoio do BNG e doutras forzas soberanistas, a folla de ruta pasa por consolidar e ampliar o acadado. E é que, malia todo, fica moito camiño por percorrer. As persoas que conforman o colectivo LGBT seguen a padecer discriminación e violencia sistémicas, así como a negación dos seus dereitos cívicos (acoso, agresións, unha taxa de suicidio máis elevada...). As persoas non binarias, as persoas trans migrantes e as persoas trans menores de idade fican invisibilizadas e sen recoñecemento axeitado, mesmo despois dos avances normativos recentes. De maneira específica, no tocante ás persoas trans, a despatoloxización legal precisa de ser acompañada dunha “despatoloxización social”, con medidas formativas que faciliten o trato coa Administración ou co sistema sanitario, garantindo os seus dereitos fronte ás violencias e discriminacións. Do mesmo xeito, cómpre avanzar na equiparación de dereitos a nivel laboral e no relativo ás persoas migrantes e solicitantes de asilo. Neste senso, e desde o noso compromiso coa loita contra a discriminación e a LGBTfobia, o BNG propón as seguintes medidas: DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 28
Señalar un error