Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 29
“A concienciación e formación das e dos profesionais da sanidade a respecto das necesidades específicas de saúde sexual e reprodutiva das persoas LGBTI.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Envellecemento digno e sen LGBTfobia, con plans formativos específicos destinados aos profesionais do sector sociosanitario das residencias de terceira idade. Loita contra os delitos de odio, garantindo unha correcta estatística e a promoción de medidas encamiñadas a erradicaren a discriminación. Promoción de medidas positivas para a inclusión laboral e social das persoas trans. Apoio e acompañamento das persoas LGBT+ migrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo. A supresión de calquera tipo de subvención ou axuda pública e a imposición de sancións para organizacións que teñen como obxectivo a negación e a vulneración dos dereitos das persoas LGBT ou que se expresen neste sentido. A creación do servizo de igualdade de xénero e diversidade sexual a cargo dunha profesional con formación e dedicación específica en todos os centros de ensino. A inclusión de contidos transversais e específicos no ensino obrigatorio e universitario, co fin de garantir a formación de profesorado e alumnado. A concienciación e formación das e dos profesionais da sanidade a respecto das necesidades específicas de saúde sexual e reprodutiva das persoas LGBTI. Protección das persoas trans migrantes permitindo o recoñecemento legal da súa identidade na documentación. Protección das persoas trans menores de 12 anos, respectando o seu dereito á autodeterminación de xénero. Recoñecemento das persoas non binarias. 2.8. NA DEFENSA DA DEMOCRACIA E DAS LIBERDADES PÚBLICAS Máis unha vez, un dos obxectivos do Bloque Nacionalista Galego para a próxima lexislatura será a defensa dos dereitos e liberdades públicas, tanto individuais como colectivas. Neste sentido, traballaremos polo respecto á vontade democrática dos pobos, a comezar pola vontade do propio pobo galego, e dos seus dereitos e liberdades cívicas, así como de todas as cidadás e cidadáns do Estado, sen exclusión. Así mesmo, apoiaremos e promoveremos iniciativas de participación popular en asuntos DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 29
Señalar un error