Otras propuestas

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 31

“Recoñecer o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria centrado no espolio e nas vítimas do franquismo.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 31)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Redución do importe das sancións previstas para as infraccións de seguridade cidadá na Lei contra a Violencia no Deporte. Transferencia a Galiza das competencias en materia de Institucións Penitenciarias co obxectivo de avanzar cara á unha lexislación penitenciaria actualizada e máis garantista e respectuosa cos dereitos fundamentais da poboación reclusa, reducindo as sancións por illamento, reforzando o papel das xuntas de tratamento e recoñecendo dereitos de sindicación ás persoas presas que traballen, entre outras medidas. 2.8.2. MEMORIA DEMOCRÁTICA Derrogar a Lei de Amnistía de 1977, que segue a impedir as reivindicacións e o amparo xudicial das vítimas de crimes contra a súa vida e dignidade cometidos durante o réxime franquista, así como o recoñecemento da imprescritibilidade dos delitos de xenocidio e lesa humanidade e do principio de legalidade internacional. Recoñecer o Pazo de Meirás como Lugar de Memoria centrado no espolio e nas vítimas do franquismo. Após a sentenza que avanzou na devolución ao pobo galego do Pazo de Meirás, o BNG comprométese a traballar para que sexa cedido a Galiza garantindo que a titularidade e uso públicos respecten a súa verdadeira historia, reclamando que o espazo se centre na lembranza dos abusos e do espolio dos bens dos galegos e galegas polo ditador Franco e a súa familia e o recoñecemento das vítimas, así como a permitir a participación das entidades memorialistas na súa xestión. Ademais, o BNG seguirá a loitar pola recuperación dos demais bens espoliados polo ditador Francisco Franco e pola súa familia (Casa das Cunchas, Casa Cornide...). Revisar o acordo polo que se declara as illas de San Simón e San Antón como lugar de memoria democrática, de modo que de garanta a centralidade do seu significado como espazo de represión e resistencia e se impidan os usos que resulten ofensivos para as vítimas, as familias e a sociedade no seu conxunto. Modificar a Lei de Memoria co obxectivo de rachar coa impunidade do franquismo e que garanta a tutela xudicial efectiva das vítimas e das súas familias. Garantir a retirada efectiva da simboloxía, a prohibición de actos públicos de exaltación franquista e avances reais en medidas en DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 31

Señalar un error