Organización territorial

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 32

“Reformar estruturalmente a normativa electoral: implantación do método proporcional directo (cota Hare); estabelecemento de Galiza como circunscrición electoral; eliminación das porcentaxes mínimas de 5% para conseguir representación; obrigatoriedade do voto secreto en cabina; prohibición de reparto de papeletas; garantía de igualdade entre partidos políticos respecto do acceso, da difusión e da presenza nos debates en campaña electoral en horario de máxima audiencia. Así mesmo, exixiremos que o exercicio de voto exterior se realice, ao igual que nas mesas do Estado, sempre en urna en lugares debidamente habilitados para garantir a identificación das persoas votantes e impedir a fraude. Exixiremos o cumprimento do estabelecido na disposición adicional sétima da Lei de pesca, introducida grazas a unha emenda do BNG, que exixe ao Goberno remitir ás Cortes unha proposta para garantir o voto telemático das e dos mariñeiros embarcados nas frotas de altura.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 32)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

materia educativa e de formación do profesorado en materia de memoria democrática. Derrogar a Lei de Segredos Oficiais e a Lei de Seguranza Nacional e así garantir a plena transparencia na actuación e gasto por parte das institucións militares ou dependentes das forzas e corpos de seguranza do Estado. 2.8.3. MÁIS CALIDADE DEMOCRÁTICA Impulsar e apoiar as reformas para lograr maior pluralidade informativa nos medios de comunicación de titularidade pública, especialmente durante as convocatorias de procesos electorais, pois garantindo a igualdade no acceso á información avanzamos en democracia. Impulsar a participación directa a través de consultas populares. Neste sentido, promoveremos e apoiaremos as mudanzas legais precisas que posibilitaren a convocatoria de referendos vinculantes en asuntos de interese, incluído o dereito de autodeterminación, así como a participación social na planificación e na xestión dos fondos públicos. Denunciar e revogar o Concordato coa Igrexa católica e, nomeadamente, os Acordos vixentes coa Santa Sé, para avanzar nun Estado verdadeiramente laico. Isto suporá a eliminación dos privilexios da Igrexa e a presenza da relixión nas institucións e servizos públicos. Reformar estruturalmente a normativa electoral: implantación do método proporcional directo (cota Hare); estabelecemento de Galiza como circunscrición electoral; eliminación das porcentaxes mínimas de 5% para conseguir representación; obrigatoriedade do voto secreto en cabina; prohibición de reparto de papeletas; garantía de igualdade entre partidos políticos respecto do acceso, da difusión e da presenza nos debates en campaña electoral en horario de máxima audiencia. Así mesmo, exixiremos que o exercicio de voto exterior se realice, ao igual que nas mesas do Estado, sempre en urna en lugares debidamente habilitados para garantir a identificación das persoas votantes e impedir a fraude. Exixiremos o cumprimento do estabelecido na disposición adicional sétima da Lei de pesca, introducida grazas a unha emenda do BNG, que exixe ao Goberno remitir ás Cortes unha proposta para garantir o voto telemático das e dos mariñeiros embarcados nas frotas de altura. DEREITO A UNHA VIDA DIGNA · 32

Señalar un error