Educación

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 34

“Superar o actual marco lexislativo, recollido nos artigos 3 e 27 da Constitución. Dotármonos do poder político necesario para podermos decidir sobre a ordenación e sobre a planificación dun sistema educativo galego, inserido na nosa realidade social, económica, cultural e lingüística, en función das nosas necesidades e carencias e ao servizo da transformación e do desenvolvemento de Galiza.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 34)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

que impiden conformar un sistema educativo propiamente galego. A reforma da LOMCE coa aplicación da LOMLOE é exemplo de que a alternancia no goberno estatal pode introducir mudanzas, mais o control do sistema educativo é un elemento consubstancial coa visión centralista e unitaria do Estado; unha visión que só o soberanismo puxo e pon en cuestión. Entre tanto o Estado mantiver as competencias básicas en educación, propomos: Superar o actual marco lexislativo, recollido nos artigos 3 e 27 da Constitución. Dotármonos do poder político necesario para podermos decidir sobre a ordenación e sobre a planificación dun sistema educativo galego, inserido na nosa realidade social, económica, cultural e lingüística, en función das nosas necesidades e carencias e ao servizo da transformación e do desenvolvemento de Galiza. Estabelecer un marco educativo novo que supere as limitacións competenciais aplicadas por unha visión unitaria do Estado e do sistema educativo, tanto no ensino non-universitario (LOMLOE, LOFP) como no universitario (LOSU) e que, por tanto, parta da configuración plurinacional e plurilingüe do Estado; que Galiza poida organizar e ordenar o sistema educativo mediante unha Lei galega de educación que regule o noso sistema educativo até o Bacharelato, unha Lei galega de formación profesional, unha Lei de ensinanzas artísticas superiores que permita que os centros que imparten estas ensinanzas poidan adscribirse á universidade e unha Lei do Sistema Universitario Galego. Promover un modelo educativo fundamentado no dereito universal á educación para os galegos e galegas de 0 a 18 anos e obrigatoria de 3 a 18 anos, sustentado nunha única rede de ensino, a pública, con servizos complementarios, con libros de texto, material escolar e actividades extraescolares gratuítas. Un ensino público, galego, laico, coeducativo, gratuíto e democrático. Transferir ao Goberno galego todas as competencias pendentes, garantindo a plena capacidade para deseñar e desenvolver un modelo educativo propio. Traspaso de todos os programas educativos e dos centros educativos e formativos situados en Galiza adscritos á Administración central e de todas as competencias para poder elaborar os plans de estudo e os deseños curriculares en todas as etapas educativas, así como a política de bolsas de estudo para ensino non-universitario; organizar todas as ensinanzas e estabelecer DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 34

Señalar un error