Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 36
“Regular a avaliación propia do persoal docente e investigador a través dunha ACSUG reforzada e coordinada co resto de axencias autonómicas e coa ANECA, regular a ordenación dos corpos docentes universitarios e do persoal docente e investigador laboral, desde as figuras de acceso ás permanentes, eliminando a precariedade e regulando unha carreira profesional, investigadora e académica nas universidades públicas galegas.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Regular a avaliación propia do persoal docente e investigador a través dunha ACSUG reforzada e coordinada co resto de axencias autonómicas e coa ANECA, regular a ordenación dos corpos docentes universitarios e do persoal docente e investigador laboral, desde as figuras de acceso ás permanentes, eliminando a precariedade e regulando unha carreira profesional, investigadora e académica nas universidades públicas galegas. Incrementar o financiamento das universidade públicas, tomando como referencia o 1,5% do PIB, para evitar que continúen co camiño de privatización encuberta, e favorecer a participación dos proxectos de investigación universitaria nos programas de I+D+I. Transferir a Galiza as competencias e medios materiais da Universidade a Distancia (UNED), da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións Científicas. Transferir a competencia da xestión e da concesión de bolsas e axudas ao estudo universitario, superando o actual modelo de repartimento e garantindo o acceso universal á ensinanza superior. Mellorar a acción protectora do seguro escolar e transferilo á Xunta de Galiza. Eliminación da taxa de reposición. Programas específicos para garantir o relevo xeracional evitando o envellecemento do cadro de persoal. Programas específicos de financiamento de vivenda para o estudantado, en especial a través de residencias públicas universitarias. Programas específicos de financiamento de transporte universitario. 3.2. SANIDADE A situación da sanidade pública é un dos primeiros temas de preocupación para a poboación galega; algo máis que xustificado, xa que o seu deterioro non fai máis que aumentar. A situación non pode máis que cualificarse de alarma sanitaria, na que as persoas máis vulnerábeis son as máis afectadas. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 36
Señalar un error