Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 37
“Aumentar o financiamento da sanidade pública, até como mínimo a media de investimento por habitante da UE, co incremento do valor dos parámetros de dispersión e envellecemento da poboación, asegurando maior racionalidade no gasto farmacéutico e garantindo a participación galega na fixación do prezo dos medicamentos.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Tanto o Goberno español como o galego poñen todo o empeño, non en solucionar os problemas, senón en controlar a realidade a través do relato, para materializaren o seu plan clarísimo de empuxarnos cara á sanidade privada. A situación actual non é froito da casualidade, ou dunha situación sobrevida; máis ao contrario, é o resultado dunha voadura programada, que levan materializando desde hai tempo, nun obxectivo claro de mercantilizar a sanidade, converténdoa en nicho de negocio, coa consecuente perda do dereito á universalidade sanitaria, a introdución de novos copagamentos para toda a poboación, a redución de prestacións, a redución de persoal, o incremento substancial das privatizacións, a redución orzamentaria... O BNG aspira a que Galiza asuma a plena capacidade para rexer o seu sistema sanitario, sen interferencias de ningún tipo. En todo o caso, mentres o Estado continúe reservando para si a potestade da lexislación básica e manteña un modelo de financiamento que nos prexudica e que afecta tamén o funcionamento dos servizos públicos, defenderemos: Aumentar o financiamento da sanidade pública, até como mínimo a media de investimento por habitante da UE, co incremento do valor dos parámetros de dispersión e envellecemento da poboación, asegurando maior racionalidade no gasto farmacéutico e garantindo a participación galega na fixación do prezo dos medicamentos. Garantir o carácter público da sanidade e reducir as súas posibilidades de privatización, mediante unha modificación da Lei 15/97, sobre habilitación de novas formas de xestión do Sistema de Saúde, que asegure que a titularidade, o financiamento, a xestión e a provisión de servizos sanitarios se fará con entidades exclusivamente públicas. Garantir o dereito á asistencia sanitaria con carácter universal, cunha nova Lei de universalización, sen aberturas interpretativas que ampararen a exclusión, orientada no fondo e na forma á cobertura sanitaria pública, con garantías, e de calidade para todas as persoas. Ampliar a Carteira de Servizos comúns do sistema público de saúde, coa transferencia económica precisa ás CC.AA., que permita prestacións como o acceso ás prestacións ortoprotésicas ou a rehabilitación a doentes con déficit funcional recuperábel para todas as persoas que as precisen, con financiamento 100% público; así como as prestacións sanitarias actualmente fora da atención primaria, ou só parcialmente financiadas como asistencia odontolóxica, DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 37
Señalar un error