Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 39
“Impulsar estudos para coñecer a actuación dos tratamentos en canto a eficacia e seguridade.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Actualizar as clasificacións das profesionais da sanidade pública para adaptalas aos criterios formativos, ás funcións e ás responsabilidades actuais. Crear un novo Estatuto Marco para o conxunto das/os profesionais da sanidade pública, que non signifique recentralización de competencias xa transferidas a Galiza. Reforzar os dereitos das traballadoras e traballadores da sanidade pública, o exercicio das súas competencias coas remuneracións acordes ás mesmas. Recuperar as retribucións íntegras das pagas extraordinarias íntegras para o persoal Estatutario. Impulsar de maneira decidida a investigación das denominadas enfermidades raras, garantindo o seu financiamento público de forma adecuada. Estabelecer as liñas prioritarias de investigación en saúde da muller, con financiamento suficiente, para avanzar no coñecemento das doenzas que lle afectan, revisar os padróns de síntomas e a evolución das enfermidades, así como: Estabelecer indicadores de xénero nos protocolos de autorización e validación de ensaios clínicos. Estabelecer liñas de investigación nas doenzas que afectan, ou teñen máis prevalencia, nas mulleres (endometriose, fibromialxia...). Garantir representación equitativa de mulleres e de homes nos ensaios clínicos. Impulsar estudos para coñecer a actuación dos tratamentos en canto a eficacia e seguridade. Transferir todo o coñecemento xerado á sociedade, á formación e ás e aos profesionais. Traspasar as competencias en materia de saúde penal á Xunta de Galiza para ser asumida polo Servizo Galego de Saúde, de conformidade co estabelecido na DA 6.ª da Lei de Cohesión do Sistema Nacional de Saúde 16/2003 de 28 de maio, de xeito que a atención a este colectivo se realice na rede sanitaria pública galega. Esta transferencia debe estar acompañada dos medios humanos, económicos, e materiais necesarios, atendendo á suficiencia dinámica para a prestación do correspondente servizo, así como da compensación da débeda contraída polo Ministerio de Interior co SERGAS. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 39
Señalar un error