Empleo

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 40

“Reclamar mellores condicións laborais para as traballadoras dos coidados, a comezar polas traballadoras do SAF e das residencias de maiores.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 40)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Elaborar o currículo profesional do persoal TCAE, acorde coa actividade laboral que desempeña, e outorgarlle o nivel 3 que lle corresponde de clasificación profesional, así como derrogar a disposición transitoria 3.ª do EBEP, aplicando o seu artigo 76. 3.3. PERSOAS MAIORES, PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIAE PERSOAS CON DISCAPACIDADE As competencias en materia de coidados e benestar son da Xunta de Galiza, porén, o Goberno español ten a obriga de financiar o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD). Neste senso, a reforma aprobada en 2026 das leis de dependencia e de discapacidade obriga –de maneira explícita-- a Administración Xeral do Estado a financiar o 50% do SAAD, algo que o nacionalismo galego vén reclamando historicamente. Fronte ao modelo do Partido Popular que privatiza e fai negocio coa vellez, desde o Bloque Nacionalista Galego defendemos que a atención ás persoas maiores, ás persoas dependentes e ás persoas con discapacidade constitúe un piar fundamental do estado do benestar polo que os seus dereitos deben estar garantidos a través dunha rede de servizos públicos fortes. Para tal fin, desde o BNG, comprometémonos a: Exixir o cumprimento por parte do Goberno español das súas obrigas en materia de financiamento do SAAD, así como reclamar o pagamento da débeda contraída con Galiza desde a aprobación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e que actualmente supera os 3.000 millóns de euros. Exixir que os fondos públicos destinados ao SAAD contribúen a blindar e fortalecer a rede pública de coidados (residencias, centros de día e de noite; o Servizo de Axuda no Fogar, centros de coidados intermedios...) e non a promover a privatización. Reclamar mellores condicións laborais para as traballadoras dos coidados, a comezar polas traballadoras do SAF e das residencias de maiores. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 40

Señalar un error