Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 41
“Inhabilitación directa de cargos públicos e representativos que cometan fraude fiscal ou cando se detecten operacións económicas propias —ou en conivencia co seu contorno familiar e profesional— a través de paraísos fiscais, así como medidas de control exhaustivo das vías de evasión fiscal, evitando que o capital defraudado encontre refuxio en paraísos fiscais ou en contas noutros Estados.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Garantir a atención presencial sen cita previa e a existencia de intérpretes e/ou recursos adaptados en todas as oficinas da Administración Xeral do Estado, facilitando a accesibilidade aos servizos públicos. Impulsar un Plan de accesibilidade universal para suprimir as barreiras físicas, cognitivas e sensoriais nas institucións e servizos dependentes do Estado. Garantir o dereito da autonomía persoal das persoas con discapacidade a través de medidas como o desenvolvemento e financiamento da figura da asistencia persoal. Garantir os dereitos das familias con menores afectados por doenzas graves a través da blindaxe da prestación económica que perciben (CUME) garantindo que esta se vincula exclusivamente coa gravidade da enfermidade e coa necesidade acreditada de coidados directos, continuos e permanentes. Implantar un modelo de coidados das persoas maiores baseado nos estándares de dereitos do Consello de Europa, adaptando os servizos de autonomía e proximidade á distinta realidade plurinacional e territorial do Estado. 3.4 GARANTÍAS DE BO GOBERNO 3.4.1 O Bloque Nacionalista Galego apoiará e impulsará medidas que avancen na loita contra a corrupción, entre as que se inclúen: Inhabilitación directa de cargos públicos e representativos que cometan fraude fiscal ou cando se detecten operacións económicas propias —ou en conivencia co seu contorno familiar e profesional— a través de paraísos fiscais, así como medidas de control exhaustivo das vías de evasión fiscal, evitando que o capital defraudado encontre refuxio en paraísos fiscais ou en contas noutros Estados. Regulación estrita das portas xiratorias e das incompatibilidades; concretamente a supresión da posibilidade de acordar a compatibilidade profesional polas propias Cámaras daquelas persoas que ostentaren a condición de deputadas e senadoras. Para favorecer o incremento da democracia e o control público da acción política consideramos que cómpre impulsar DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 41
Señalar un error