Organización territorial

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 42

“Supresión das deputacións provinciais, co traspaso de competencias e funcións a Galiza e aos concellos, evitando a creación de estruturas institucionais substitutivas.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 42)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

reformas que melloren a transparencia na contratación pública, como poden ser: Supresión das restricións de carácter normativo para a xestión pública directa de servizos públicos, respectando así a autonomía de cada institución. Modificación da normativa de contratación pública, implantando a transparencia na contratación negociada e directa, publicando nos perfís de contratación as licitacións negociadas. Fomento da participación das pequenas e medianas empresas na contratación pública, con todas as garantías legais de integridade e transparencia públicas, así como o impulso dun modelo de contratación pública que contribúa ao crecemento sustentábel e que integre unha perspectiva social e ambiental nos criterios de adxudicación, baseado tamén na equidade e na xustiza sociais, e tendente a fixar investimento produtivo estábel pensado para unha economía de pequena escala, como son as PEMES. 3.5. REESTRUTURACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ESTATAL NA GALIZA Reestruturación administrativa e adelgazamento do aparello do Estado. Supresión da administración periférica do Estado e tamén dos departamentos ministeriais con competencias transferidas. Supresión das deputacións provinciais, co traspaso de competencias e funcións a Galiza e aos concellos, evitando a creación de estruturas institucionais substitutivas. Transitoriamente, en tanto non se abordaren as anteditas reformas de maior alcance, derrogación da reforma local que limita a autonomía neste ámbito e a prestación de servizos públicos municipais. DEREITO A UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE · 42

Señalar un error