Impuestos

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 44

“Estabelecer a rebaixa permanente do IVE de produtos de alimentación básica, produtos do mar, elementos de hixiene persoal e feminina, transporte público de pasaxeiros, investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovábeis no ámbito doméstico e nas pequenas e medianas empresas.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 44)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Estabelecer a súa progresividade en función da dimensión da empresa. Aplicar deducións inversamente proporcionais aos tipos de gravame soportados. Aplicar un incremento da porcentaxe de redución da base impoñíbel do IS do 10 % ao 25 %, pola denominada reserva de capitalización ás entidades de reducida dimensión ou PEMES, premiando a non-distribución dos beneficios, para que as empresas se capitalicen cos seus propios beneficios en lugar de recorreren ao financiamento externo, reducindo a súa débeda. Estabelecer deducións adicionais para empresas cuxa actividade complemente ciclos produtivos inseridos nos sectores estratéxicos galegos. En relación co Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), por se tratar dun imposto indirecto que deben pagar as persoas con independencia do seu nivel de renda, e que supón unha traba no acceso a bens básicos no caso das rendas máis baixas e das clases populares, defendemos: Reducir a imposición do IVE de bens e servizos esenciais, así como os bens de carácter cultural, para que tributen no tramo superreducido. Estabelecer a rebaixa permanente do IVE de produtos de alimentación básica, produtos do mar, elementos de hixiene persoal e feminina, transporte público de pasaxeiros, investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovábeis no ámbito doméstico e nas pequenas e medianas empresas. Rebaixar de novo o IVE aplicado á electricidade, gas, biomasa para quecemento e madeira para leña, e do resto de subministracións básicas ao 5% e estabelecer a súa permanencia. Estabelecer a permanencia incondicionada da redución da taxa impositiva do Imposto Especial sobre a Electricidade (IEE) do 5,1 % ao 0,5 %. Blindar a permanencia dos impostos específicos aos beneficios da banca, das grandes enerxéticas e ás grandes fortunas, reducir os límites de exención, aumentar a súa progresividade e traspasar a súa xestión á Galiza. Así mesmo, consideramos preciso introducir propostas novas no ámbito fiscal que acheguen xustiza social e de respecto polo patrimonio público, como por exemplo: A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 44

Señalar un error