Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 45
“Prohibir a contratación e a recepción de axudas públicas ás empresas que posúen, directa ou indirectamente, sociedades domiciliadas en paraísos fiscais sen actividade económica real xustificativa.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Promover a eficacia das actuacións de prevención e loita contra a fraude e a evasión fiscal con dotación de medios e recursos suficientes, para conseguir una maior equidade e xustiza social na repartición das cargas tributarias. Prohibir a contratación e a recepción de axudas públicas ás empresas que posúen, directa ou indirectamente, sociedades domiciliadas en paraísos fiscais sen actividade económica real xustificativa. Estabelecer un sistema de fiscalidade ambiental nos ámbitos da enerxía, o transporte, a contaminación e os recursos naturais, cuxa finalidade, máis que recadatoria, sexa a modificación de condutas que inciden negativamente sobre o medio. Reclamar, como vimos facendo, que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de políticas públicas para a mellor atención das necesidades da veciñanza dos nosos concellos, co seu desbloqueo definitivo. Seguiremos a reclamar que se permita a utilización incondicional dos remanentes municipais para o despregamento de políticas públicas para a mellor atención das necesidades da veciñanza dos nosos concellos, co seu desbloqueo definitivo. 4.2. SECTOR INDUSTRIAL O noso sector industrial está a atravesar unha grave crise que se manifesta na descapitalición, na deslocalización e na regresión social, ocupando un papel subordinado na especialización produtiva. Ademais, estase a dar un predominio do extrativismo sobre a industria de transformación. O BNG defende un planeamento autocentrado que artelle un ecosistema industrial propio, capaz de reducir a nosa dependencia funcional, compatíbel co alto grao de apertura externa da nosa economía e competitivo para completar en Galiza os ciclos produtivos e de adaptarse ás novas revolucións tecnolóxicas. En concreto, o BNG defende: O saneamento dos sectores industriais en crise e unha política real de reindustrialización baseada no impulso á industria A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 45
Señalar un error