Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 46
“Promoción e fortalecemento da construción naval en Galiza, tanto no ámbito privado como no público, mediante a modernización tecnolóxica e a renovación dos cadros de persoal, co obxectivo de situar os estaleiros galegos como referentes no ámbito mundial, atendendo, nomeadamente, á recuperación da actividade nos estaleiros de Vigo e de Ferrol.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
auxiliar, na optimización dos custos loxísticos e no apoio aos sectores industriais emerxentes e a I+D+i, á que debería destinarse un incremento considerábel dos fondos e da porcentaxe do PIB. O Estado debe facilitar todos os medios económicos e normativos para que a Xunta de Galiza conte cos recursos necesarios para acometer un Plan de Industrialización que inclúa, entre os seus obxectivos, o reequilibrio territorial, e que atenda prioritariamente as comarcas en crise industrial, como son a de Ferrol e a de Vigo. A oposición á deslocalización e ao fechamento da actividade industrial, o estabelecemento da obriga de devolver as axudas públicas, as subvencións ou as bonificacións por aquelas empresas que deslocalizaron a súa produción. Promoción e fortalecemento da construción naval en Galiza, tanto no ámbito privado como no público, mediante a modernización tecnolóxica e a renovación dos cadros de persoal, co obxectivo de situar os estaleiros galegos como referentes no ámbito mundial, atendendo, nomeadamente, á recuperación da actividade nos estaleiros de Vigo e de Ferrol. Converter NAVANTIA-Ferrol nun complexo industrial integral con diversificación da súa actividade, que incorpore a construción naval civil, así como implantar un plan de investimentos para a renovación de infraestruturas e incorporar a Xunta de Galiza ao consello de administración de NAVANTIA como teñen en conta o propio Estatuto de Autonomía de Galiza e o artigo 4.1 da Lei de Fomento do Sector Naval de Galiza. Exixir o cumprimento dos compromisos e a continuidade da actividade e do emprego de ALCOA-San Cibrao, prevendo mesmo a intervención pública da factoría. Transferir á Xunta de Galiza a titularidade de todas as participacións do Estado en empresas radicadas ou con centros de traballo no noso País, de cara a súa incorporación nunha Corporación Industrial Pública Galega, cos correspondentes fondos. Estabelecer un marco de co-decisión e xestión descentralizada de todos os proxectos, programas, plans e instrumentos de financiamento en materia de política industrial e produtiva, para garantir a participación efectiva de Galiza no seu deseño e desenvolvemento no noso País. Reorientar os programas e plans estatais para que estes desistan de modelos de reconversión industrial, directa ou indirecta, apostando na blindade dos sectores e actividades estratéxicas, A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 46
Señalar un error