Economía

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 46

“Exixir o cumprimento dos compromisos e a continuidade da actividade e do emprego de ALCOA-San Cibrao, prevendo mesmo a intervención pública da factoría.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 46)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

auxiliar, na optimización dos custos loxísticos e no apoio aos sectores industriais emerxentes e a I+D+i, á que debería destinarse un incremento considerábel dos fondos e da porcentaxe do PIB. O Estado debe facilitar todos os medios económicos e normativos para que a Xunta de Galiza conte cos recursos necesarios para acometer un Plan de Industrialización que inclúa, entre os seus obxectivos, o reequilibrio territorial, e que atenda prioritariamente as comarcas en crise industrial, como son a de Ferrol e a de Vigo. A oposición á deslocalización e ao fechamento da actividade industrial, o estabelecemento da obriga de devolver as axudas públicas, as subvencións ou as bonificacións por aquelas empresas que deslocalizaron a súa produción. Promoción e fortalecemento da construción naval en Galiza, tanto no ámbito privado como no público, mediante a modernización tecnolóxica e a renovación dos cadros de persoal, co obxectivo de situar os estaleiros galegos como referentes no ámbito mundial, atendendo, nomeadamente, á recuperación da actividade nos estaleiros de Vigo e de Ferrol. Converter NAVANTIA-Ferrol nun complexo industrial integral con diversificación da súa actividade, que incorpore a construción naval civil, así como implantar un plan de investimentos para a renovación de infraestruturas e incorporar a Xunta de Galiza ao consello de administración de NAVANTIA como teñen en conta o propio Estatuto de Autonomía de Galiza e o artigo 4.1 da Lei de Fomento do Sector Naval de Galiza. Exixir o cumprimento dos compromisos e a continuidade da actividade e do emprego de ALCOA-San Cibrao, prevendo mesmo a intervención pública da factoría. Transferir á Xunta de Galiza a titularidade de todas as participacións do Estado en empresas radicadas ou con centros de traballo no noso País, de cara a súa incorporación nunha Corporación Industrial Pública Galega, cos correspondentes fondos. Estabelecer un marco de co-decisión e xestión descentralizada de todos os proxectos, programas, plans e instrumentos de financiamento en materia de política industrial e produtiva, para garantir a participación efectiva de Galiza no seu deseño e desenvolvemento no noso País. Reorientar os programas e plans estatais para que estes desistan de modelos de reconversión industrial, directa ou indirecta, apostando na blindade dos sectores e actividades estratéxicas, A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 46

Señalar un error