Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 47
“A modificación da Lei da cadea alimentaria para que regule de xeito efectivo as relacións entre os elos da cadea, con transaccións comerciais transparentes e resultado de negociacións levadas a cabo en igualdade de condicións, garantindo que non se fan vendas por debaixo de custos de produción.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
nomeadamente industriais, e no desenvolvemento das potencialidades de Galiza no ámbito da innovación, a tecnoloxía e as comunicacións. 4.3. SECTORES PRIMARIOS O BNG defende a economía produtiva do noso país, por iso denunciamos o recorte orzamentario previsto pola UE e o Estado español no Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028-2034 que prevé investir un de cada tres euros a armas, é dicir, o 33%, mentres que só o 22% a políticas sociais e o 18% a agricultura e pesca. Isto supón multiplicar por dez o orzamento actual destinado ao gasto militar a conta de recortar drasticamente os Fondos de Cohesión (-34%), da PAC (-22%) e do FEMPA (-67%). 4.3.1. SECTOR AGROGANDEIRO Os resultados das políticas estatais e comunitarias no agro galego foron unha fonda transformación que non favoreceu ao noso país. Minguou a capacidade produtiva do sector primario que é a orixe da fixación da poboación e o emprego xerado no rural, que se baleira a grande velocidade mudando a estrutura demográfica galega. Non entanto, dende o BNG acreditamos no futuro do noso agro, tendo como orixe do seu crecemento o reforzo das nosas producións tanto alimentarias coma forestais, con modelos que respecten e aprecien aos produtores e fomenten a transformación do noso produto para xerar valor engadido en Galiza, cun apoio claro á industrialización e ao consumo de produtos do noso sector primario, tanto a través do impulso dun modelo de mercado e de compra pública de proximidade, cunha aposta decidida pola diferenciación e a calidade. O traballo do BNG terá como obxectivos: A modificación da Lei da cadea alimentaria para que regule de xeito efectivo as relacións entre os elos da cadea, con transaccións comerciais transparentes e resultado de negociacións levadas a cabo en igualdade de condicións, garantindo que non se fan vendas por debaixo de custos de produción. Para esta protección apoiaranse en datos derivados A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 47
Señalar un error