Otras propuestas

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 48

“Rexeitamento de acordos comerciais multilaterais prexudiciais para o sector agrario de Galiza, en particular o UE-Mercosur polos enormes prexuízos ás explotacións agrarias galegas que non poderán competir coa entrada masiva de producións agrogandeiras e polo grave problema para as persoas consumidoras pola falla de garantías das condicións da produción nos países do Mercosur.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 48)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

de estudos técnicos e económicos que recollan as achegas das distintas CCAA, onde se reflictan as súas propias particularidades nos distintos sectores produtivos, garantindo a viabilidade do sector agrogandeiro galego. Impulso dos circuítos curtos de transformación e comercialización que xeren valor engadido nas explotacións agrogandeiras galegas e favorezan a viabilidade dos produtores, achegando aos consumidores produtos de calidade diferenciada, tanto frescos coma transformados, favorecendo producións respectuosas co medio ambiente, favorecendo a economía e a cohesión social. Protección do sector agrogandeiro: as enfermidades emerxentes son unha realidade ineludíbel coa que temos que convivir tanto na gandería como na agricultura e que ten efectos nocivos sobre o noso agro, con perdas económicas incalculábeis derivadas da súa chegada. A loita contra elas ten que ser conxunta, coa achega dos recursos precisos, tanto económicos coma humanos, que garantan a protección do noso sector produtivo e poñan a disposición as medidas preventivas precisas en cada momento e os informes, análises e estudos que permitan estar preparados e informados. Rexeitamento de acordos comerciais multilaterais prexudiciais para o sector agrario de Galiza, en particular o UE-Mercosur polos enormes prexuízos ás explotacións agrarias galegas que non poderán competir coa entrada masiva de producións agrogandeiras e polo grave problema para as persoas consumidoras pola falla de garantías das condicións da produción nos países do Mercosur. Defensa dos cambios necesarios no PEPAC actualmente en vigor, para que se adapte as especificidades do sector agrario galego, evitando os prexuízos que determinadas normativas traen as nosas explotacións agrogandeiras a hora de acceder as axudas da PAC. Fronte á proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual 2028-34 que pretende rearmar á UE multiplicando por dez o seu orzamento actual en Defensa a conta de centralizar e recortar drasticamente os Fondos de Cohesión (-34%), da PAC (-22%) e do FEMPA (-67%), esiximos a xestión descentralizada e o incremento dos fondos para o desenvolvemento territorial, a produción e a soberanía alimentaria, a sustentabilidade e o futuro dos nosos sectores produtivos. Nesta campo hai que ter en conta a forte incidencia que pode traer aos nosos concellos a posíbel A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 48

Señalar un error