Impuestos

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 49

“A redución do IVE aos produtos pesqueiros.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 49)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

desaparición do 2º piar da PAC, fundos FEADER, e con elo as medidas de desenvolvemento rural. Defensa dunha nova orientación das políticas estatais en materia forestal e ambiental co obxectivo de recuperar o bosque autóctono, diversificar usos e ordenación do territorio con creación de valor engadigo no país, fronte a un modelo de monocultivo ao servizo de grandes intereses industriais. O Estado debe asumir que Galiza precisa unha política forestal diferente, coherente co interese xeral e coa loita contra a crise climática. A expansión descontrolada do eucalipto, amparada por unha pseudomoratoria chea de excepcións, agravou o abandono do monte, incrementou os riscos de incendio e empobreceu a base produtiva do medio rural. 4.3.2. SECTOR PESQUEIRO Galiza é a primeira potencia de Europa no complexo mar-industria. Porén, o feito de seren outros —Madrid e Bruxelas— os que deciden por nós prexudicou e continúa a prexudicar gravemente a nosa frota pesqueira e a súa actividade derivada. Precisamos que sexa Galiza a que negocie directamente os tratados pesqueiros con terceiros países, nomeadamente con Portugal no relativo á cota da sardiña. No inmediato, o BNG reclama: O recoñecemento da Galiza como “zona altamente dependente da pesca”. Eliminación do principio de estabilidade relativa, en vigor desde o ano 1986 e que non deixa de ser unha discriminación para a frota galega. O recoñecemento da capacidade directa de negociación de Galiza, a súa participación e consentimento naquelas cuestións de especial relevancia en materia pesqueira, nomeadamente, na reforma ou na revisión da PPC. A negociación da distribución equitativa de cotas de pesca para a frota galega, que parta da capacidade extractiva do sector. A exixencia de que a pesca artesanal fique exenta de TAC e cotas. A redución do IVE aos produtos pesqueiros. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 49

Señalar un error