Otras propuestas

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 50

“Evitar o acoso que sofre a xente do mar con catro corpos de inspección (Gardacostas de Galiza, funcionarios do Ministerio, Garda Civil e funcionarios da UE), concentrando esa función no corpo de Gardacostas de Galiza.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 50)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

A necesidade de que Galiza fique libre de eólica mariña que en calquera caso debera estar sempre fora da plataforma continental da costa galega e da minaría submarina, nomeadamente nas Áreas Mariñas Protexidas e nas Áreas Mariñas de Importancia Ecolóxica ou Biolóxica, incluíndo o Banco de Galiza fronte ás costas galegas. O estabelecemento dun espazo galego de libre decisión en materia marítima, pesqueira e/ou aproveitamento enerxético. Transferencia das competencias dos portos de interese xeral do Estado, Salvamento Marítimo, navegación marítima e mariña mercante, investigación oceanográfica (IEO), inspección de buques, ISM, dominio público marítimo e marítimo-terrestre e mar territorial, así como o traspaso de funcións e servizos da Administración xeral do Estado a Galiza en materia de ordenación e xestión do litoral etc. Estudo para a modificación da depuración de augas residuais de Galiza a un sistema separativo, por terse demostrado a ineficacia para o noso pais do sistema unitario agora instalado, e poder desenvolver o saneamento integral real e a rexeneración ambiental e produtiva das rías galegas. Evitar o acoso que sofre a xente do mar con catro corpos de inspección (Gardacostas de Galiza, funcionarios do Ministerio, Garda Civil e funcionarios da UE), concentrando esa función no corpo de Gardacostas de Galiza. A implantación inmediata das medidas aprobadas a raíz das emendas do BNG á Lei 5/2023, de Pesca Sostíbel e Investigación Pesqueira sobre: Elaboración dun catálogo de enfermidades profesionais propias dos traballadores e traballadoras do mar, nomeadamente mexilloeiros, mariscadoras e mariscadores, percebeiros e mergulladores para a recolección de recursos específicos. Voto dos tripulantes embarcados en altura e grande altura. Convenios colectivos que garantan condicións laborais dignas para os tripulantes de pesca de altura, grande altura e litoral. Transferencia dos espazos portuarios do estado que están en desuso, para uso dotacional da cidadanía optimizando e reorganizando os espazos portuarios para poder devolver á cidadanía o esforzo social que supuxo a creación dos portos. Transferencia dos inmóbeis do ISM e recuperar as casas do mar que foron desaparecendo. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 50

Señalar un error