Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 51
“Traballar para aproximar progresivamente os dereitos das persoas autónomas aos das persoas traballadoras por conta allea, especialmente en materia de incapacidade temporal, maternidade, paternidade, conciliación, xubilación e protección ante o cesamento da actividade.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
As casas do mar son de grande importancia para o sector marítimo galego, xa que permiten ducharse en condicións dignas ou durmir unhas horas cando estás lonxe do teu domicilio. Cos anos e coa escusa da baixa rendibilidade económica fóronse pechando e deixando esmorecer. Eran un servizo vital para moita xente. A exixencia da exclusión da pesca artesanal do Regulamento (UE) do Control da Pesca. 4.4. UN COMPROMISO FIRME COAS PERSOAS AUTÓNOMAS As persoas traballadoras autónomas constitúen un piar fundamental da economía galega. De feito, o traballo autónomo representa en Galiza o 18,8% do total da ocupación, tres puntos máis que a media do Estado. As persoas autónomas son protagonistas da actividade económica, da creación de emprego, da dinamización do comercio local, da prestación de servizos e do mantemento da vida económica e social das nosas cidades, vilas, barrios e municipios. Neste senso, o traballo autónomo ten unha importancia estratéxica para o equilibrio territorial, especialmente no medio rural, onde pequenos negocios, explotacións agrogandeiras, actividades vinculadas ao mar, comercios e profesionais independentes contribúen a fixar poboación e a combater o despoboamento. Desde o BNG, defendemos un modelo económico no que emprender e traballar por conta propia sexan unha opción profesional digna e viábel e non unha carreira de obstáculos. Por iso, as nosas propostas van encamiñadas a garantir os dereitos e mellorar as condicións do traballo autónomo. Neste sentido o BNG aposta por: Promover un sistema fiscal máis sinxelo, transparente e adaptado á capacidade económica real das persoas autónomas. Traballar para aproximar progresivamente os dereitos das persoas autónomas aos das persoas traballadoras por conta allea, especialmente en materia de incapacidade temporal, maternidade, paternidade, conciliación, xubilación e protección ante o cesamento da actividade. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 51
Señalar un error