Empleo

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 52

“Defender que as persoas autónomas poidan exercer plenamente o seu dereito á vida persoal e familiar a través de medidas que faciliten a conciliación, a maternidade e paternidade, a atención ás persoas dependentes e a cobertura económica durante os períodos nos que resulte imposíbel manter a actividade profesional.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 52)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

Promover mecanismos que permitan exercer o dereito a unha baixa médica sen que iso poña en risco o mantemento da actividade. Defender prestacións suficientes e un acceso máis sinxelo e efectivo á protección por cesamento de actividade. Defender que as persoas autónomas poidan exercer plenamente o seu dereito á vida persoal e familiar a través de medidas que faciliten a conciliación, a maternidade e paternidade, a atención ás persoas dependentes e a cobertura económica durante os períodos nos que resulte imposíbel manter a actividade profesional. Impulsar políticas específicas para eliminar as desigualdades que afectan ás mulleres autónomas e combater a fenda económica e de protección social. 4.5. CIENCIA E INVESTIGACIÓN Sen ciencia non hai futuro. Esta é unha premisa incuestionábel nos tempos actuais. A xeración de coñecemento, a investigación, o desenvolvemento e a innovación son un sector produtivo, panca de desenvolvemento social, económico e cultural para calquera país. Porén, para que exista ciencia precísase investimento, público e privado, e unhas condicións laborais dignas que permitan desenvolver unha carreira profesional estábel, cun horizonte claro e en contornas estimulantes. É dicir, precísase construír ciencia con dereitos. Por iso, desde o Bloque Nacionalista Galego, propomos: Elevar, progresivamente, o investimento estatal en I+D+i até o situar no 3% do PIB en 2030. Garantir condicións laborais e salariais dignas e estábeis para o persoal científico e investigador, así como os recursos necesarios para desenvolver a súa carreira investigadora ao longo das distintas etapas. Transferencia a Galiza das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións científicas (CSIC) e dos centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Continuar a traballar, en colaboración e contacto permanente co ecosistema investigador galego e estatal, a prol dun Pacto pola ciencia centrado en tres eixos fundamentais: A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 52

Señalar un error