Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 52
“Elevar, progresivamente, o investimento estatal en I+D+i até o situar no 3% do PIB en 2030.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Promover mecanismos que permitan exercer o dereito a unha baixa médica sen que iso poña en risco o mantemento da actividade. Defender prestacións suficientes e un acceso máis sinxelo e efectivo á protección por cesamento de actividade. Defender que as persoas autónomas poidan exercer plenamente o seu dereito á vida persoal e familiar a través de medidas que faciliten a conciliación, a maternidade e paternidade, a atención ás persoas dependentes e a cobertura económica durante os períodos nos que resulte imposíbel manter a actividade profesional. Impulsar políticas específicas para eliminar as desigualdades que afectan ás mulleres autónomas e combater a fenda económica e de protección social. 4.5. CIENCIA E INVESTIGACIÓN Sen ciencia non hai futuro. Esta é unha premisa incuestionábel nos tempos actuais. A xeración de coñecemento, a investigación, o desenvolvemento e a innovación son un sector produtivo, panca de desenvolvemento social, económico e cultural para calquera país. Porén, para que exista ciencia precísase investimento, público e privado, e unhas condicións laborais dignas que permitan desenvolver unha carreira profesional estábel, cun horizonte claro e en contornas estimulantes. É dicir, precísase construír ciencia con dereitos. Por iso, desde o Bloque Nacionalista Galego, propomos: Elevar, progresivamente, o investimento estatal en I+D+i até o situar no 3% do PIB en 2030. Garantir condicións laborais e salariais dignas e estábeis para o persoal científico e investigador, así como os recursos necesarios para desenvolver a súa carreira investigadora ao longo das distintas etapas. Transferencia a Galiza das entidades dependentes do Centro Superior de Investigacións científicas (CSIC) e dos centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Continuar a traballar, en colaboración e contacto permanente co ecosistema investigador galego e estatal, a prol dun Pacto pola ciencia centrado en tres eixos fundamentais: A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 52
Señalar un error