Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 53
“Reducir e simplificar a burocracia para favorecer a produtividade, a motivación e o estímulo na produción científica.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Elaborar un Estatuto do Persoal de Investigación que inclúa a todo o persoal investigador, técnico e de xestión científica co obxectivo de garantir dereitos mínimos en canto a retribucións, a progresión da carreira investigadora e a estabilidade laboral, entre outras cuestións. Reducir e simplificar a burocracia para favorecer a produtividade, a motivación e o estímulo na produción científica. Promover a transparencia, a integridade, a diversidade e a inclusión no ámbito científico e investigador a través de políticas activas que sancionen condutas fraudulentas, persigan o acoso sexual ou calquera irregularidade nos concursos públicos, así como garantir unha inclusión plena. 4.6. POR UNHA TRANSICIÓN ENERXÉTICA XUSTA Estamos nun momento de profundas transformacións no ámbito enerxético, marcado pola necesidade de deixar atrás os combustíbeis fósiles. Galiza ten en materia de enerxía unha posición estratéxica. Por unha banda, foinos adxudicado desde hai décadas un papel produtor e estamos xa especializados na xeración de electricidade. Por outra banda, temos un recurso renovábel moi potente, principalmente a través do vento, das horas de sol e da auga. Porén, nos momentos de cambio emerxen e operan os intereses das grandes enerxéticas, que buscan un lavado verde aos seus intereses empresariais e que están a ser favorecidas polas institucións europeas, estatais e galegas, que dan prioridade ao aumento da xeración por riba das garantías medioambientais. É preciso defendermos o noso dereito a decidir sobre o noso propio modelo enerxético, contribuír á loita contra a crise climática e facelo de forma que o papel produtor reverta a favor dos intereses sociais e económicos de Galiza e blinde a preservación da biodiversidade: Fomentar unha transformación enerxética que dea prioridade a un modelo de xeración e produción de enerxía eléctrica distribuída, a menor escala e máis próxima aos centros de consumo, ao A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 53
Señalar un error