Energía

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 55

“Colaborar con Galiza na planificación das tecnoloxías precisas para a transición enerxética e da súa zonificación, sometendo esta planificación a unha avaliación ambiental estratéxica e á colaboración nun desenvolvemento integrado e complementario de todo o mix enerxético (eólica, hidráulica, solar térmica e fotovoltaica), biomasa, biocombustíbeis, xeotermia, gases de vertedoiro, gases de EDAR, undimotriz e mareomotriz) fronte ao monopolio dunhas tecnoloxías sobre as outras.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 55)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

enerxéticas decidir onde instalaren parques ou macroparques eólicos sen control, sen necesidade de Declaración de Impacto Ambiental e sen participación cidadá, o que fomentou un boom eólico depredador con proxectos que non están calibrados para o desenvolvemento social e económico do noso país e que coliden coa preservación da biodiversidade e dos usos económicos e sociais do territorio. No mesmo sentido, cómpre someter a revisión aqueles xa aprobados para paralizar os máis lesivos. Colaborar con Galiza na planificación das tecnoloxías precisas para a transición enerxética e da súa zonificación, sometendo esta planificación a unha avaliación ambiental estratéxica e á colaboración nun desenvolvemento integrado e complementario de todo o mix enerxético (eólica, hidráulica, solar térmica e fotovoltaica), biomasa, biocombustíbeis, xeotermia, gases de vertedoiro, gases de EDAR, undimotriz e mareomotriz) fronte ao monopolio dunhas tecnoloxías sobre as outras. Impulsar a consideración da electricidade como ben básico para a poboación, garantindo o acceso da poboación cun mecanismo que supere a formulación do bono social e as súas carencias, e prohibindo definitivamente os cortes de subministro. Impulsar o aforro enerxético, do descenso do impacto medioambiental e da soberanía enerxética, así como a aposta por unha política decidida de fomento das enerxías renovábeis e da redución do consumo de combustíbeis fósiles en todos os sectores consumidores, poñendo especial atención naqueles que, polas súas características teñen unha dependencia estrema destes, como poden ser os sectores primarios ou o transporte. Impulsar unha verdadeira axenda para o desenvolvemento do autoconsumo enerxético e das comunidades enerxéticas de base cidadá sustentábel en colaboración cos territorios, que avance na corrección das carencias canto a conexión á rede, á cadea produtiva, ao aproveitamento dos excedentes, á formación de consumidores e de produtores, aos trámites administrativos e das distribuidoras etc, así como o fomento das iniciativas compartidas e das axudas aos sectores con máis dificultades económicas para garantir a súa democratización, así como do recoñecemento das comunidades de montes como comunidades enerxéticas. Impulsar a recuperación para o público das concesións dos encoros (en moitos casos outorgadas durante o franquismo) e A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 55

Señalar un error