Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 56
“Crear o estatuto especial para as empresas electrointensivas e mantemento dos postos de traballo.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
á súa transferencia a Galiza como base para a creación dunha empresa pública galega en materia de enerxía. Crear o estatuto especial para as empresas electrointensivas e mantemento dos postos de traballo. Rematar os concursos de transición xusta para Galiza mantendo, como mínimo os megavatios liberados no peche das centrais, de forma que se fomenten proxectos industriais con investimento e creación de emprego nos concellos afectados, mediante un proceso con bases de concorrencia e supervisado por unha mesa de transición onde estean representados os axentes sociais e a administración local das zonas de transición xusta. Impulsar e colaborar na creación dun gran centro para o I+D+I no almacenamento enerxético diversificado tanto no aspecto eléctrico, coma no térmico. Garantir o seguimento, o diálogo e a concreción das medidas de transición enerxética a través da convocatoria regular das mesas de transición a obxecto de facer seguimento aos cumprimentos dos Convenios de Transición Xusta. Compensar a débeda histórica do Estado coas comarcas mineiras galegas polo incumprimento e pola exclusión dos sucesivos Plans do Carbón. Comprometer o mantemento da prohibición da fractura hidráulica (fracking) e doutras técnicas semellantes polo seu perigo para o medio e para a saúde. Regular as plantas de biogás. É preciso contar cunha lei que regule este tipo de instalacións que defina claramente os usos do dixestato e limite as afeccións locais. Minaría sostíbel A minaría é unha actividade con longa tradición en Galiza, con diversificación de explotación dos recursos en función das necesidades internas e, sobre todo, do mercado internacional. Dende tempos dos romanos, a nosa terra foi obxecto de espolio dos seus recursos minerais, a meirande parte das veces por parte de capital foráneo. Este espolio deixou fonda pegada no territorio, así hoxe en día podemos ver exemplos de como a minaría contribúe a crear desolación. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 56
Señalar un error