Medioambiente

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 58

“Garantir a máxima transparencia, mediante un rexistro público e accesíbel dos dereitos mineiros, titulares reais, transmisións, proxectos, estudos xeolóxicos, autorizacións, sancións, garantías financeiras e plans de restauración.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 58)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

coñecemento, investigación e aproveitamento á planificación e ao control públicos. Facultar aa Galiza para declarar zonas de reserva mineira permanente, especialmente nos xacementos de minerais estratéxicos, garantindo o seu aproveitamento mediante iniciativa pública ou baixo control público efectivo. Estabelecer unha participación pública obrigatoria mínima do 20% nos proxectos de investigación e explotación de minerais estratéxicos. Condicionar o outorgamento de novos dereitos mineiros á existencia dunha planificación sectorial previa, sometida a avaliación ambiental estratéxica e coordinada coa ordenación territorial, ambiental e económica. Delimitar zonas incompatíbeis coa actividade mineira, atendendo á protección dos espazos naturais, do patrimonio cultural, dos recursos hídricos, das captacións de abastecemento e dos solos agrarios, gandeiros e forestais de especial valor. Incorporar o principio de precaución e a prevalencia da protección da auga, da saúde e das actividades económicas asentadas no territorio como criterios vinculantes para autorizar ou denegar dereitos mineiros. Eliminar a prioridade automática do titular dun permiso de investigación para obter posteriormente a concesión de explotación, sometendo esta última a unha avaliación independente do interese público e, cando corresponda, a concorrencia competitiva. Impedir a especulación cos dereitos mineiros, esixindo autorización administrativa para a súa transmisión, acreditación do titular real, solvencia técnica e financeira e caducidade efectiva ante a inactividade ou o incumprimento das condicións. Reducir a duración das concesións e eliminar as prórrogas automáticas, estabelecendo revisións periódicas do cumprimento ambiental, social, laboral e industrial como requisito para manter o dereito mineiro. Garantir a máxima transparencia, mediante un rexistro público e accesíbel dos dereitos mineiros, titulares reais, transmisións, proxectos, estudos xeolóxicos, autorizacións, sancións, garantías financeiras e plans de restauración. Ampliar os prazos de información pública e asegurar a participación efectiva dos concellos, comunidades de montes, A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 58

Señalar un error