Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 59
“Crear un Fondo de Restauración Ambiental e Paisaxística, financiado principalmente mediante taxas, avais e achegas obrigatorias das empresas mineiras, para recuperar minas e canteiras abandonadas sen trasladar os custos ao erario público.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
persoas propietarias, organizacións ambientais e sectores económicos afectados. Someter tamén os permisos de investigación con intervención física no territorio a avaliación ambiental, incluíndo sondaxes, gabias, accesos, captacións de auga e efectos acumulativos con outros proxectos. Restrinxir as explotacións mineiras a ceo aberto e prohibir as tecnoloxías que empreguen cianuro ou outras substancias de especial perigo para a saúde e o ambiente. Vincular o outorgamento dos dereitos mineiros á transformación industrial dos recursos no territorio, á creación de emprego de calidade, ao desenvolvemento tecnolóxico e ao peche dos ciclos produtivos en Galiza. Evitar a simple exportación de minerais sen transformar, incorporando ás concesións compromisos obrigatorios de procesamento, investigación, industrialización e xeración de valor engadido no país. Priorizar a redución da demanda, a reciclaxe, a reutilización e a minaría urbana fronte á apertura de novas explotacións, particularmente no ámbito das materias primas críticas. Reforzar a responsabilidade ambiental do operador, mediante garantías financeiras suficientes, responsabilidade durante toda a vida da explotación e obriga de restaurar integralmente os terreos e as augas afectadas. Crear un Fondo de Restauración Ambiental e Paisaxística, financiado principalmente mediante taxas, avais e achegas obrigatorias das empresas mineiras, para recuperar minas e canteiras abandonadas sen trasladar os custos ao erario público. Reformar coordinadamente o réxime de residuos mineiros, especialmente o Real decreto 975/2009, endurecendo as condicións aplicábeis ás balsas, entulleiras, augas contaminadas, peche das explotacións e vixilancia posterior. Impedir que a declaración dun proxecto como estratéxico rebaixe as garantías ambientais ou de participación pública, deixando claro que esa cualificación non crea por si soa unha presunción prevalente de utilidade pública. Recoñecer capacidade de veto ou informe vinculante ás administracións territoriais afectadas cando o proxecto comprometa o abastecemento de auga, espazos protexidos, actividades económicas estratéxicas ou valores patrimoniais incompatíbeis coa explotación. A ECONOMÍA AO SERVIZO DAS MAIORÍAS SOCIAIS · 59
Señalar un error