Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 61
“Completar as obras do Corredor Atlántico de Mercadorías en Galiza, para o que deben abordarse, como mínimo, as obras do eixo Ourense–Monforte–Lugo, así como o tramo León–Monforte e a electrificación e as melloras precisas nos tramos convencionais do Eixo Atlántico, acelerando as actuacións en marcha e evitando novos aprazamentos.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Actualizar a rede interior ferroviaria galega nunha intervención que debe incluír, cando menos, actuacións nos tramos A Coruña–Ferrol, A Coruña–Lugo e Vigo–Fronteira Portuguesa, a modernización da liña de ancho métrico Ferrol–Ribadeo, a aceleración dos traballos da saída sur de Vigo e o inicio efectivo da construción da conexión ferroviaria directa entre Santiago de Compostela e Lugo. No tramo A Coruña–Ferrol é urxente resolver de vez a tramitación do bypass de Betanzos e pasar á execución das obras; no corredor A Coruña–Lugo–Monforte, deben concluír e ampliarse as actuacións xa iniciadas, sen agardar aos prazos máis afastados que contempla a planificación europea; e na liña do Miño, a renovación integral en curso debe concluír sen novos cortes prolongados do servizo. Completar as obras do Corredor Atlántico de Mercadorías en Galiza, para o que deben abordarse, como mínimo, as obras do eixo Ourense–Monforte–Lugo, así como o tramo León–Monforte e a electrificación e as melloras precisas nos tramos convencionais do Eixo Atlántico, acelerando as actuacións en marcha e evitando novos aprazamentos. Solucionar a integración e a humanización das liñas de ferro ao seu paso por vilas e cidades, asegurando, en cada caso, a adopción dos proxectos que mellor se adapten (paso elevado en Oza-Cesuras, variante ferroviaria de Parga, pasos a nivel no barrio dos Praceres, soterramento no Porriño, pasos soterrados en Ourense..., entre outros). Incrementar as frecuencias e mellorar os horarios das conexións ferroviarias en Galiza, especialmente na liña do AVANT, así como rebaixar os prezos e estabelecer bonificacións para as persoas usuarias frecuentes. A incorporación dos trens Avril e as melloras puntuais da oferta non substitúen a reclamos de fondo: un Eixo Atlántico con frecuencias de verdadeiro corredor metropolitano e sen cortes recorrentes do servizo. Rematar as obras pendentes de execución no AVE, particularmente a finalización da variante exterior de Ourense, con contratación inmediata dos tramos aínda non licitados e un cronograma firme e financiado para o seu remate integral. Transferir a Galiza as liñas interiores para seren xestionadas a través dunha empresa pública galega de transporte ferroviario (GALTRÉN), tomando como referencia os modelos xa consolidados noutros territorios do Estado. Realizar unha auditoría independente de toda a rede ferroviaria co obxectivo de verificar a súa seguridade. Instalación do INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL · 61
Señalar un error