Transporte

Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)

✓ Verificada

Texto literal del programa oficial · pág. 62

“Transferir a Galiza e liberalizar a AP-53 para conseguir que esta autoestrada quede finalmente libre de peaxes.”

El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.

Ver en la fuente (pág. 62)

Ver en el programa completo

Página de la fuente

sistema ERTMS naquelas liñas en que aínda non estea operativo así como promover as medidas pendentes para a seguridade ferroviaria, como a implantación do Plan de Seguranza Ferroviaria. Declarar que o transporte ferroviario sexa a modalidade prioritaria sobre calquera outra forma de transporte persoal e de mercadorías por terra. Introducir esta declaración no Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, con obxectivos medíbeis por ano. Promover unha mellor conexión ferroviaria transfronteiriza con Portugal, tanto en tren convencional (coa mellora substancial do Tren Celta, Vigo-Porto), como na articulación dun sistema de proximidade transfronteiriza, así como en garantir a posta en marcha da conexión de alta velocidade Vigo-Porto no horizonte do 2030-2032. 5.2. INFRAESTRUTURAS VIARIAS Tamén nas estradas que son titularidade do Estado en Galiza podemos falar de atraso histórico nos investimentos, polo que precisan de atención urxente para garantiren unha adecuada conexión entre as principais vilas e cidades galegas, sendo necesarias actuacións integrais que faciliten a inserción destas vías nas tramas urbanas e que vaian destinadas á mellora da seguridade viaria. Porén, o BNG seguirá a defender que se transfiran a Galiza as estradas pertencentes á Rede de Estradas do Estado que transcorren integramente por territorio galego, o que permitirá artellar desde o Goberno galego unha política integral de transportes, así como tamén as transferencias en materias de ordenación de tráfico e seguridade viaria: AP-9 galega, pública e libre de peaxes. Logo da aprobación da transferencia da autoestrada, o BNG reclamará a anulación da prórroga concedida no ano 2000 polo goberno do PP para lograr a gratuidade da principal vía de comunicación do Eixo Atlántico. Transferir a Galiza e liberalizar a AP-53 para conseguir que esta autoestrada quede finalmente libre de peaxes. Finalizar e poñer en funcionamento o último tramo pendente da A-54, Arzúa–Melide, que acumula anos de atraso e que é fundamental para completar a conexión por autovía entre Santiago de Compostela e Lugo, aberta e aínda incompleta tras a posta en servizo do tramo Melide–Palas de Rei. INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL · 62

Señalar un error