Tema (clasificación de PiensaEnTuVoto)
✓ VerificadaTexto literal del programa oficial · pág. 63
“Dar continuidade ao proxecto de construcción da A56 entre Lugo e Ourense.”
El texto se ha extraído automáticamente del PDF oficial; puede perder el formato (negritas, saltos de línea). Consulta siempre el original.
Ver en el programa completoPágina de la fuente
Licitar de inmediato as obras da A-74 na Mariña, única infraestrutura viaria alternativa á N-642 na comarca e que leva anos en proxecto e sen execución, tras a aprobación definitiva do proxecto de trazado do primeiro tramo. Executar os tramos pendentes en Galiza da A-76, que permitirán conectar máis axilmente as comarcas do sur de Lugo e a cidade de Ourense entre si e facilitar a saída cara á comarca do Bierzo, e que permanecen paralizadas no territorio lucense. Mellorar as infraestruturas viarias para garantir maior seguranza e reducir o número de accidentes. Especial atención, pola súa vulnerabilidade, deben ter as motocicletas e as bicicletas, particularmente no que atinxe aos sistemas de protección (espazos delimitados, gardarraís seguros, pintura antiderrapante...). O obxectivo da circulación con seguranza debe ser abordado tamén no ámbito da formación e da regulación do tránsito. Transferir a Galiza as competencias en ordenación de tráfico e seguridade viaria, atendendo á necesidade deseñar e poñer en práctica accións para mellorar a seguridade e a xestión do conxunto da rede de estradas existentes no país. Dar continuidade ao proxecto de construcción da A56 entre Lugo e Ourense. 5.3. PORTOS E AEROPORTOS Reclamar a transferencia a Galiza da competencia sobre os aeroportos galegos, para a súa xestión integral co fin de artellar un sistema aeroportuario integral galego, baseado na especialización, na creación de sinerxías e na complementariedade dos tres aeroportos, así como demandar a mellora e a modernización das súas instalacións. Ademais disto reverter e asegurar o control e a xestión pública das torres de control para garantir a seguridade aérea. Instar a transferir ao Goberno galego os portos de interese xeral en Galiza, como son os de Vigo, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Coruña e Ferrol-San Cibrao. Neste último é preciso así mesmo lograr a liberalización do porto de Morás e abrilo ao tráfico e ao transporte de mercadorías. Dotar os distintos portos galegos dunha intermodalidade real e de conexión de transporte ferroviario e de autoestradas viarias para lograr un transporte de mercadorías moderno, acelerando INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E ORDENACIÓN TERRITORIAL · 63
Señalar un error